Estratexias Educativas para Necesidades Específicas de Apoio Educativo
Enviado por Chuletator online y clasificado en Magisterio
Escrito el en español con un tamaño de 8,09 KB
Estratexias Educativas para NEE
Retraso Mental
Dentro do conxunto de estratexias educativas, aplicables a calquera etapa educativa, destacamos:
- Aprendizaxe incidental: A actividade de ensinanza-aprendizaxe iniciada polo neno cando manifesta interese por algo.
- Modelado: Expoñer ao alumno modelos que realizan os comportamentos requiridos. A imitación axudará ao alumno a adquirir ou modificar un comportamento.
- Dramatización (role-playing): Permite ao alumno practicar situacións da vida cotiá.
- Resolución de problemas: Proporcionar unha estratexia útil ante diferentes situacións.
Na escola infantil, os obxectivos para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo vinculadas ao retraso mental son:
- Potenciar a percepción e a interacción coas persoas (comunicación) e co contorno físico.
- Facilitar actividades para que o alumno tome conciencia das súas capacidades (autoconcepto positivo), valorando os seus esforzos.
- Adquisición e desenvolvemento da linguaxe.
- Desenvolver hábitos básicos de autonomía individual: control de esfínteres, vestirse, asearse, comer por si mesmo, etc.
- Establecer as bases das actividades cognitivas para a elaboración de conceptos e o desenvolvemento da percepción.
Na ensinanza primaria, as finalidades son: socialización, autonomía e aprendizaxes instrumentais básicas. Priorízanse as competencias, obxectivos e contidos de comunicación, socialización, lecto-escritura, matemáticas e contidos procedementais.
Altas Capacidades
: O centro educativo deberá propiciar o apoio formativo aos escolares superdotados e con talento en base a currículos abertos e flexibles, a través dun ensino personalizado e de actividades de ampliación, enriquecemento, innovación, profundización en certas situacións formativas como son a expresión artística, música, dramatización, etc. A sobredotación intelectual deberá ser acreditada mediante a avaliación psicopedagóxica correspondente, na que haberá de reunirse información sobre aspectos como os seguintes: - Referentes ó ámbito persoal do alumno ou alumna: nivel das capacidades persoais en relación coas que desenvolve o currículo, debendo quedar reflectidos, se é o caso, os posibles desequilibrios entre os diferentes aspectos intelectual, psicomotor e afectivo; o autoconcepto e o nivel de autoestima; os estilos de aprendizaxe, a súa perseveranza na tarefa e o ritmo de aprendizaxe; a súa habilidade para formular e resolver problemas; a concreción das áreas, os contidos e o tipo de actividades que prefire; os seus intereses. - Referentes ó contexto escolar: o tipo de interaccións que o alumno en cuestión establece cos demais compañeiros e cos profesores. - Referentes ó contexto familiar: o grao de comprensión da familia sobre as características e o tratamento da sobredotación intelectual; os recursos culturais, económicos e sociais da familia e do seu contorno que poidan contribuír ó mellor desenvolvemento integral do alumno ou alumna. As medidas extraordinarias a adoptar con este alumnado poderán ser de dous tipos: flexibilización do período de escolarización e adaptación curricular de ampliación. Considérase flexibilización do período de escolarización tanto a anticipación do inicio da escolarización obrigatoria como a redución da duración dun ciclo educativo do ensino básico. A redución do período de escolarización obrigatoria será dun máximo de dous anos, que non poderá aplicarse durante a mesma etapa educativa. Aconsellarase a anticipación do inicio da escolarización obrigatoria ou a redución do período de escolarización cando, realizada a avaliación psicopedagóxica, se comprobe que o alumno ten acadados os obxectivos da etapa, ciclo ou curso e se prevexa que esta medida é a máis axeitada para o seu desenvolvemento persoal e social. Polo que respecta á segunda das medidas previstas para o alumnado con sobredotación intelectual, as curriculares, poderanse establecer adaptacións curriculares referidas tanto ao enriquecemento dos obxectivos e contidos como á flexibilización dos criterios de avaliación ou á metodoloxía, da que se modificará o tipo de actividades, os materiais e a secuencia dos contidos, se é o caso. Ademais, a adaptación do currículo para este alumnado poderá considerar que se curse no nivel inmediatamente superior unha ou varias áreas ou materias. Aconsellarase unha adaptación curricular de ampliación dentro do curso que lle corresponda por idade ao alumno cando, realizada a avaliación psicopedagóxica, se comprobe que o alumno obtén un rendemento excepcional nun número limitado de áreas ou cando, aínda obtendo un rendemento global alto e continuado, se detectara desequilibrio co ámbito afectivo e de inserción social. A avaliación das aprendizaxes destes alumnos naquelas áreas ou materias que foran obxecto de adaptacións curriculares efectuarase tomando como referencia os obxectivos e criterios de avaliación fixados para eles. Tanto a decisión de reducir o período de escolarización obrigatoria como as medidas curriculares que a acompañen estarán suxeitas a un proceso continuado de avaliación, podendo anularse tal decisión cando o alumno non alcance os obxectivos propostos. Do mesmo xeito, esta anulación terá tamén carácter reversible.
Dificultades de aprendizaje: A través do diagnóstico faranse presentes os aspectos máis importantes que inciden nas DA, o cal permitirá poder establecer prioridades educativas e propoñer as actuacións máis adecuadas en cada caso. Neste tratamento deberán figurar os obxectivos concretos que se pretenden, tanto a nivel persoal como familiar, e levaranse a termo no contexto escolar ordinario, aínda que con diferentes modalidades: a. escolarización do alumno na aula ordinaria con apoio ao profesor. b. Escolarización do alumno nunha aula regular con apoio ao alumno. c. Reeducación propiamente dita. Realización cun mestre especialista de determinadas actividades encamiñadas a superar as dificultades que están interferindo e freando o rendemento escolar. Entre os principios a tomar en consideración en toda intervención educativa con este alumnado, podemos destacar os seguintes: - O curriculo debe ser estimulante e ben motivado. - Comezar nun nivel que asegure o éxito do alumno. – - Respectar o seu ritmo de aprendizaxe. - Ensino activo, flexible e personalizado. - Ser conscientes de que ningunha cantidade de adestramento pode acelerar o ritmo de maduración e aprendizaxe peculiar de cada neno. - Proporcionarlle o reforzo pedagóxico e/ou o tratamento personalizado axeitado dentro e/ou fóra da aula. - Avaliación continua, analizando os obxectivos superados, co conseguinte axuste e revisión dos mesmos. - Importancia da colaboración familiar na reeducación. 5.7. Adaptacións curriculares con alumnado con DA O proceso de adaptación curricular individual co alumnado con DA ten tres fases claramente diferenciadas: a. Identificación das necesidades do alumno. Cando as medidas preventivas e de axuste ordinarias non sexan suficientes, deberán reunirse o profesor titor e o profesor de apoio, conxuntamente co Departamento de Orientación para, a través do proceso de valoración psicopedagóxica, chegar á identificación das necesidades educativas especiais que presenta. Deberase partir dunha exploración a nivel psicomotriz, afectivo, lingüístico e de habilidades e destrezas; dun estudo da intelixencia, percepción e atención; así como dunha análise do contexto familiar, escolar e social do neno. b. Proposta de Adaptación Curricular Individual ou reforzo pedagóxico. Determinación do que, como e cando ensinar e avaliar ao alumno durante o período fixado. c. Avaliación. Ao longo do proceso, ademais da avaliación do neno, haberán de ser igualmente obxecto de valoración o apoio do profesorado especialista, a metodoloxía empregada, os medios materiais utilizados e as condicións nas que se desenvolve o reforzo pedagóxico e os tratamentos personalizados.