Estratexias Avanzadas de Control de Pragas en Agricultura Sustentable
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 5,27 KB
Introdución aos Métodos de Control de Pragas
1. Solarización
É o uso de plásticos sobre o solo sen cultivo, onde o vapor de auga e o sol serven como desinfectante do solo.
2. Loita Autocida
Consiste na radiación para a esterilización de machos como loita contra as pragas de insectos. É unha técnica que xa é utilizada con éxito en diversos países para un bo número de pragas. A técnica baséase na liberación de machos estériles da especie que se quere controlar, co obxectivo de reducir ao mínimo a descendencia.
3. Organismos Entomopatóxenos
Utilización de organismos, neste caso nematodos e virus, que desencadeen enfermidades no insecto a controlar. Un exemplo é o Bacillus thuringiensis para o control de eirugas como a Spodoptera littoralis.
4. Trampas Cromáticas e de Feromonas
¿Para que tipo de insectos se usan as de cor amarela e as azuis?
- As trampas amarelas úsanse para atrapar insectos aos que os atraen as cores vivas.
- As trampas azuis serven para capturar os trips.
5. Clasificación de Métodos de Control
- Nematicidas: Técnico (Químico)
- Manexo de plantas espontáneas: Cultural
- Corentenas: Legal
- Uso de microorganismos antagónicos: Biolóxico
- Uso de portaenxertos resistentes: Xenético
- Radiacións: Técnico (Físico)
- Rodenticidas: Técnico (Químico)
- Uso de mallas en invernadoiro para evitar a entrada de insectos: Técnico (Mecánico)
Diferenzas e Vantaxes no Control de Pragas
6. Diferenza entre Protección Integrada e Loita Biolóxica
A principal diferenza é que a protección ou loita integrada é un sistema de xestión respecto ao medioambiente que busca a calidade comercial e sanitaria dos produtos. Redúcese o uso de tratamentos fitosanitarios de síntese química, aplicando só os necesarios. Pola contra, a loita biolóxica só emprega métodos biolóxicos, como o uso de inimigos naturais, para reducir ou combater por completo as pragas que afecten a unha poboación determinada. Esta última está englobada dentro da agricultura ecolóxica.
7. Vantaxes da Loita Integrada
- Increméntanse as garantías sanitarias para os consumidores.
- Xeralmente redúcese o número de tratamentos químicos.
- Mellóranse as producións en cantidade e calidade.
- Redúcese o impacto ambiental negativo, manténdose o equilibrio ecolóxico.
- A regulamentación comunitaria favorece este tipo de técnicas de produción, apoiándoas economicamente.
8. Inconvenientes do Control Biolóxico
- O control biolóxico require moita paciencia e un maior estudo biolóxico.
- Moitos inimigos naturais son susceptibles a insecticidas químicos, polo que o seu manexo debe ser coidadoso.
- Os resultados do control biolóxico ás veces non son tan rápidos como se espera, xa que os inimigos naturais atacan a uns tipos específicos de insecto, ao contrario dos insecticidas que matan unha ampla gama de insectos.
Documentación e Conceptos Clave na Xestión de Pragas
9. Documentación para o Agricultor de Produción Integrada
O caderno de explotación é o documento no que o agricultor debe apuntar todas as prácticas realizadas, desde a preparación do terreo ata a súa recolección (do cultivo). O operador debe apuntar os procesos posteriores como a elaboración, manipulación, almacenaxe, etiquetaxe ou comercialización no libro de rexistro.
10. Conceptos Gráficos: NED e UT
NED (Nivel Económico de Danos): É a mínima densidade de poboación da praga que pode causar dano económico (número mínimo da praga que reduce a colleita ao limiar de beneficio).
UT (Limiar de Tratamento): É a densidade da praga á que se debe aplicar o tratamento para evitar que a poboación aumente ata alcanzar o NED.
Preguntas e Respostas:
- b) 400 UT
- c) Porque se superou por pouco a densidade da praga á que lle debemos aplicar o tratamento para evitar que a poboación aumente ata chegar ao NED. Desta forma, non o alcanza e mantemos controlada a praga.
- d) 20000 KG/HA: Eses quilogramos son os que hai que salvar para que o tratamento sexa economicamente rendible; senón, iníciase o dano económico.
11. Curva de Voo
20/09/23: día no que nacen as larvas.