Estratexia empresarial: análise do contorno, sector e competitividade
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 8,1 KB
O Contorno da Empresa
O contorno é o conxunto de factores externos á empresa que condicionan a súa actividade e sobre os que non ten control. Por exemplo, cando aparece unha pandemia, as empresas viron afectadas por unha situación externa que provocou o peche dalgunhas e unha difícil situación para outras.
Dentro do contorno que rodea a empresa, podemos distinguir:
a) Contorno xeral ou xenérico
Conxunto de factores que afectan, en xeral, a todas as empresas. Se o goberno sube os impostos, afecta a todas as empresas; ou se sube o salario mínimo interprofesional.
Entre estes factores destacan:
- Factores económicos: A situación xeral da economía (o desemprego existente, a subida de prezos...) son factores que poden facer que unha empresa venda máis ou menos. A subida de prezo do gas, luz... está afectando ás empresas, o que implica un aumento dos custos de produción e subida de prezos en xeral (inflación).
- Factores socioculturais: As empresas deben ter en conta os estilos de vida e hábitos de consumo que inflúen no consumo dos seus clientes. Na actualidade, existe preocupación pola alimentación e vida saudable, o que supuxo a aparición de produtos veganos, ecolóxicos. En países musulmáns non comen carne de porco.
- Factores políticos e legais: A política dun goberno e as leis que apliquen son moi importantes para as empresas e poden condicionar a súa actividade (lei de apoio ao emprendedor, subvencións para empresas que utilicen enerxías renovables, impostos que ten que pagar, lei antitabaco...).
- Factores tecnolóxicos: As novas tecnoloxías supoñen para as empresas producir máis e mellor, un aumento da produtividade e, polo tanto, ser máis competitivas (ventas por internet, publicidade polas redes sociais...).
b) Contorno específico
Factores que afectan a un grupo concreto de empresas do mesmo sector (téxtil, construción, automoción, etc.) e teñen que competir entre elas. Afecta de forma máis directa a empresas concretas e, polo tanto, os seus clientes, provedores, intermediarios... A prohibición de fumar en bares e restaurantes afecta o sector da hostelería; as axudas para a compra dun coche afectan o sector da automoción.
O Sector de Actividade
Sector: Conxunto de empresas que desenvolven a mesma actividade e que ofrecen produtos similares.
O principal indicador da posición da empresa no sector é a cota de mercado.
Cota de mercado: Relación entre a cifra de vendas da empresa e a cifra de vendas totais do sector.
Cota de Mercado = Ventas da empresa / Ventas do sector * 100
O líder do mercado é a empresa que ten unha cota de mercado superior aos seus competidores.
Forzas Competitivas de Porter
Para estimar o grao de competencia entre empresas (moita ou pouca competencia), utilízase a análise do modelo denominado as cinco Forzas Competitivas de Porter.
A análise destas forzas permite saber o grao de competencia nun sector e así definir unha estratexia que permita competir con maior vantaxe.
Estas cinco Forzas de Porter son:
- Grao de rivalidade entre competidores: Indica a situación de competencia (moita ou pouca) no sector, que vai depender de:
- Número de competidores: con poucos vendedores a rivalidade será menor.
- Grao de concentración: un sector é concentrado cando poucas empresas se reparten o mercado. A maior concentración, menor competencia.
- Grao de madureza do sector: en mercados en crecemento hai menos competencia que en mercados moi concurridos ou maduros.
- Ameaza de entrada de competidores: O ingreso de novas empresas no mercado dependerá das barreiras de entrada (dificultades para entrar nun mercado) para acceder ao sector. Hai moitas máis barreiras para entrar no mercado de telefonía que para poñer unha tenda de roupa. Entre as barreiras destacamos:
- Necesidade de investir moito capital para entrar no sector (gasoeira...).
- Diferenciación do produto respecto aos existentes.
- Ameaza de produtos substitutivos: As empresas dun sector non compiten unicamente entre elas, senón tamén coas empresas que producen produtos substitutivos, é dicir, bens que permiten satisfacer a mesma necesidade (taxi e Uber). Esta ameaza é máis intensa en sectores nos que o cambio tecnolóxico é constante, permitindo novos produtos que melloran calidades e prezos (telefonía móbil).
- Poder negociador dos provedores: Refírese á capacidade dos provedores para impoñer as condicións nas vendas comerciais. Cando existen poucos provedores, estes teñen forza para impoñer as súas condicións ás empresas do sector (por exemplo, a Coca-Cola impón condicións de prezo, cantidade de produto, momento e lugar de venda).
- Poder negociador dos clientes: Refírese á capacidade dos clientes para impoñer as condicións nas compras comerciais e cantos menos clientes máis capacidade terán. Os clientes tratarán de forzar a baixada dos prezos.
Análise DAFO (Debilidades-Ameazas-Fortalezas-Oportunidades)
A análise DAFO (debilidades-ameazas-fortalezas-oportunidades) é un método para analizar a posición da empresa no sector (puntos fortes e débiles) e na sociedade (ameazas e fortalezas do contexto) con obxecto de coñecer as vantaxes fronte á competencia e a estratexia máis conveniente que deberá seguir a empresa. Este método parte dunha análise da empresa, tanto externa como interna.
Análise externa: Consiste en detectar as ameazas e oportunidades que proceden do entorno, é dicir, veñen de fóra.
- Ameaza: Cambio negativo no entorno, desvantaxe competitiva. Ex. produto substitutivo, crise...
- Oportunidade: Cambio positivo no entorno que mellora a situación competitiva da empresa. Ex. subida na renda.
Análise interna: Permite fixar as fortalezas e debilidades que están dentro da propia empresa.
- Puntos débiles: Desvantaxe fronte ao competidor. Ex. non ter un bo servizo pos-venda, mala financiación...
- Puntos fortes: Vantaxe fronte ao competidor. Ex. calidade de produto, distribución, tecnoloxía...
Matriz DAFO
Matriz na que se sinalan os puntos fortes e débiles da empresa así como ameazas e oportunidades. Nas filas analízanse as ameazas e oportunidades e nas columnas as fortalezas e debilidades.
Externalidades
As externalidades son as consecuencias ou efectos externos dunha empresa sobre o entorno (os recursos naturais, o medio ambiente, a vida das persoas, etc.) e que non se reflicten no prezo dos bens e servizos.
Os efectos externos poden ser:
- Negativos ou Externalidades negativas: Cando a actividade dunha empresa inflúe negativamente sobre o contorno que a rodea, por exemplo mediante contaminación.
- Positivos ou Externalidades positivas: Cando da actividade da empresa se derivan beneficios para outras empresas e/ou para o conxunto da sociedade. Por exemplo, investigación contra o cancro.
Responsabilidade Social da Empresa
Fai referencia a que as grandes empresas se impliquen máis activamente na resolución dos problemas económicos e sociais que provoca a súa actividade.
Dita responsabilidade comprende os seguintes ámbitos:
- Coa sociedade: Comprometéndose a manter e crear emprego, apoiando a cultura da zona onde estea localizada...
- Cos seus traballadores: Respectando os seus dereitos laborais.
- Cos clientes: Proporcionando información clara sobre os seus produtos e respectando os seus dereitos.
- Co medio ambiente: As empresas deben utilizar técnicas que eliminen ou reduzan vertidos contaminantes, aforro enerxético, envases ecolóxicos...