O Esplendor do Románico: Contexto Histórico e a Emblemática Fachada das Praterías de Santiago

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,64 KB

O Románico

A aparición da arte románica está relacionada cunha serie de rasgos históricos de vital importancia, a saber:

  • O sistema feudal, que crea unha ríxida xerarquización social.
  • A expansión monástica: as ordes relixiosas acadan un poder económico e un prestixio político que permite a súa expansión máis aló dos grupos de orixe. As ordes máis poderosas esténdense por todo o continente.
  • As peregrinacións: no éxito das peregrinacións coinciden dous feitos importantes: a devoción polas reliquias e tumbas de santos e mártires, que proliferan por todos os sitios e serven de reclamo aos peregrinos. Por outra banda, o fervor relixioso da maior parte da poboación europea que, nunha época de maior estabilidade política e económica, se anima a viaxar para coñecer estas reliquias e santuarios, o que contribúe á creación dos camiños de peregrinación. O camiño de peregrinación máis importante é o de Santiago.
  • A reforma gregoriana, que impuxo o mesmo criterio litúrxico en toda a cristiandade, e o fenómeno das cruzadas.

O concepto de arte románica xorde no século XVIII e é o primeiro estilo internacional que se desenvolve en Europa desde a caída de Roma. O artista medieval está vencellado ao ámbito relixioso tanto na súa formación coma no que se refire ao mecenado. A Igrexa alcanza neste período o meirande grao de influencia e poder. A través dos mosteiros, convertidos en refuxio cultural, pasan a ser centros de produción e formación artística. Deste xeito, cando chegamos á plenitude do Románico, a Igrexa é a única responsable da produción artística e do seu mecenado. Ata daquela, tampouco mellorara a valoración social do artista, considerándose aínda un simple artesán. Tamén existe o traballo asalariado libre e tamén existían arquitectos independentes.

A Fachada das Praterías da Catedral de Santiago de Compostela

Cultura:
Medieval
Estilo:
Románico
Etapa:
Plenitude do Románico
Título da obra:
Fachada das Praterías
Cronoloxía:
1103-1117
Autoría:
Mestre de Praterías, Mestre da Traizón, Mestre das Tentacións e Mestre da Transfiguración.

Comentario da Obra

1. Tipoloxía, Material e Temática

Esta é unha das tres fachadas principais da Catedral de Santiago, concretamente a que está no sur: a das Praterías, que representa a natureza humana e divina de Cristo, o pecado e a redención. A oeste, era a porta principal e nela representábase o Xuízo Final, xa que é por onde desaparece o sol, simbolizando a noite, a morte. A porta norte, chamada do Paraíso, representaba a Xénese e a creación do home. E a do sur, Praterías. O material utilizado é a pedra e a lectura faise de dereita a esquerda. A súa finalidade era didáctico-relixiosa.

2. Características Estruturais

A fachada organízase en dúas portas abucinadas e con arquivoltas de medio punto. Na parte superior das portas, sitúanse os tímpanos; nos laterais, as xambas, de columnas adosadas a un piar; e, entre as portas, está o machón central. Por encima deste primeiro corpo atópase o amplo friso, a cornixa con canzorros e, enriba, senllas xanelas con arcos lobulados que iluminan o transepto. Ademais, conta con 11 columnas, das que 3 son de mármore e as outras de granito. Nos fustes de todas elas están esculpidos apóstolos, profetas e evanxelistas. Nas xambas de ambas as portas, hai dous apóstolos, un á dereita e outro á esquerda, como gardiáns das portas.

Entradas relacionadas: