O Esplendor do Renacemento Italiano: Etapas, Mestres e Innovacións Artísticas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en español con un tamaño de 3,76 KB

O Renacemento Italiano: O Nacemento da Arte Moderna

O Renacemento nace en Italia e expándese polo resto de Europa. Este período divídese en dúas etapas fundamentais:

Etapas do Renacemento

  • Quattrocento (Século XV): Destaca a cidade de Florencia.
  • Cinquecento (Século XVI): Destaca a cidade de Roma.

Disciplinas Artísticas no Renacemento

Arquitectura

Caracterízase pola creación dun espazo harmónico e o uso de elementos sinxelos e ordenados. Os arquitectos buscaban a simetría aplicando proporcións matemáticas aos edificios. Utilizaban elementos construtivos clásicos na construción de igrexas, palacios e outros edificios. Dos romanos aproveitaron o arco de medio punto e a cúpula.

Destaca a Basílica de San Pedro do Vaticano, iniciada a comezos do século XVI.

Pintura

Os pintores inspiráronse na mitoloxía clásica e na natureza idealizada, representando escenas relixiosas e retratos psicolóxicos.

  • Pintores do Quattrocento: Buscaban a proporción e o equilibrio.
  • Pintores do Cinquecento: Querían dar volume ás súas obras e representar o movemento, a emoción e os sentimentos.

Escultura

Os escultores interesáronse pola representación do corpo humano, buscando a proporción e a harmonía. Realizaban esculturas exentas e tamén relevos para decorar os edificios. Fixéronse bustos de personaxes importantes e, por primeira vez dende a Antigüidade, estatuas ecuestres.

Autores Destacados por Etapa

Autores do Quattrocento (S. XV)

  • Arquitectura: F. Brunelleschi, Alberti.
  • Escultura: Donatello, Ghiberti.
  • Pintura: Botticelli, Masaccio, Piero della Francesca, Filippo Lippi.

Autores do Cinquecento (S. XVI)

  • Arquitectura: Bramante, Palladio, Miguel Anxo.
  • Escultura: Miguel Anxo, Cellini.
  • Pintura: Leonardo da Vinci, Miguel Anxo, Rafael Sanzio, Giorgione.

A Conquista da Profundidade na Pintura Renacentista

Definición e Obxectivo da Perspectiva

A perspectiva é un recurso esencial para representar obxectos ou escenas nun cadro, dando a sensación de volume e de profundidade. Os artistas renacentistas pretendían representar a realidade tal cal. Para iso, precisaban o uso da perspectiva, que permite dar sensación de profundidade e representar as tres dimensións nunha superficie plana. Será no Renacemento cando se desenvolva plenamente a perspectiva.

Tipos de Perspectiva e Técnicas

Perspectiva Lineal ou Xeométrica (Quattrocento)

Os pintores intentaban mostrar unha terceira dimensión na pintura, abrindo ao fondo un “burato imaxinario”. Esa sensación de profundidade reforzábase coa representación de marcos arquitectónicos propios da época. Reducíase o tamaño dos obxectos e personaxes a medida que se afastaban do ollo do espectador, dando así a sensación de distancia.

Perspectiva Aérea (Cinquecento)

Esta técnica sería aplicada por primeira vez por Leonardo da Vinci, mediante o «sfumato». Con esta técnica conséguese sensación de profundidade ao difuminar obxectos de fondo, que aparecen como borrosos, dándolles unhas cores máis pálidas e azuladas.

Outras Innovacións Técnicas

Os pintores tamén avanzaron na técnica do «claroscuro», que consiste nun contraste forte entre luces e sombras. Ademais, comezaron a utilizar a técnica da pintura ao óleo, que permite dar pinceladas máis finas e darlle viveza ás cores.

Entradas relacionadas: