O Esplendor da Arte e Arquitectura do Imperio Romano: Contexto e Características
Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en
español con un tamaño de 3,89 KB
Contexto Histórico e Cultural da Arte Romana Imperial
Estas obras pertencen ao período do Imperio creado por Augusto, que se atopa no momento de máxima expansión. Lembremos que o Mediterráneo era o Mare Nostrum. A unidade do Imperio vén dada pola romanización que impoñen en todas as terras conquistadas.
Características Xerais da Arte Romana
A nivel artístico, os romanos teñen influencias do pasado ao tempo que incorporan trazos das zonas ocupadas. Este eclecticismo defínese polas seguintes achegas:
- Dos gregos: Toman a idealización, aínda que cunha maior tendencia realista (o platonismo é substituído polo aristotelismo).
- De Oriente: Adquiren o sentido ornamental e de luxo.
- Dos etruscos: Recollen o retrato, o culto aos mortos, o arco de medio punto, o emprego de bóvedas e a orde toscana.
A este eclecticismo engaden a súa personalidade, dominada polo sentido práctico. Fan unha arte ao servizo do Estado, que serve como propaganda política. De aí vén:
- O carácter monumental e grandioso das obras.
- A importancia do retrato, especialmente o retrato de poder.
- A planificación urbanística con cidades ex novo de plan ortogonal (ao modo dos planos hipodámicos gregos e dos propios campamentos militares).
- As grandes obras de enxeñaría: acuedutos, pontes, calzadas, etc.
Promotores e Artistas
O promotor principal é o Estado xunto coas corporacións locais, pero tamén os patricios se converteron en comitentes. O artista, moitos deles gregos, era unha figura anónima, considerado un mero artesán que domina unhas técnicas.
Achegas Fundamentais na Arquitectura Romana
Na arquitectura seguramente é onde se mostran as súas propias achegas máis significativas. Se adoptan dos gregos as ordes, a forma dos templos e elementos ornamentais, sen embargo introducen modificacións substanciais:
- Ordes: Introdución das ordes toscana e composta.
- Estruturas: Emprego de bóvedas de aresta, de canón e cúpulas, e arcos de medio punto.
- Concepción Edilicia: Modifican radicalmente a concepción ao primar a importancia dos espazos internos, algo que non existía en Grecia.
- Materiais e Técnicas: Empregan novos materiais e novas técnicas construtivas, sendo fundamental o cemento.
Paralelamente, multiplican os tipos de construcións (anfiteatros, arcos de triunfo, termas, basílicas) e amósanse como grandes enxeñeiros na realización de calzadas, acuedutos, pontes, ademais das murallas que rodeaban as súas cidades, como exemplifica a Muralla de Lugo.
Edificacións Conmemorativas
As edificacións conmemorativas son unha peculiaridade da arte romana, destacando dous tipos principais:
Arcos de Triunfo
Exemplos notables inclúen:
- Arco de Tito (Roma)
- Arco de Septimio Severo (Roma)
- Arco de Constantino (Roma)
- Arco de Bará (Tarragona)
Columnas Conmemorativas
Son tamén construcións conmemorativas as columnas, sendo a mellor exemplificación a Columna de Traxano en Roma.
O Imperio Romano en Hispania
Estamos no período do Imperio creado por Augusto, no momento de máxima expansión. Lembremos que o Mediterráneo era o Mare Nostrum.
A chegada a Hispania producírase no marco das Guerras Púnicas (s. III a.C.), iniciando logo un proceso de conquista que culminaría co dominio do norte peninsular no s. I a.C.
Exemplos de Hispania Romana
Entre as obras máis destacadas atopamos:
- Acueduto de Segovia
- Teatro romano de Mérida