España: Transición Liberal e Rexencia de María Cristina (1833-1868)

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en español con un tamaño de 2,97 KB

Cando morre Fernando VII, a súa filla aínda era menor de idade, polo que a súa nai, María Cristina, exercerá a rexencia ante a inminente guerra iniciada polos partidarios do irmán do defunto rei, Carlos, no 1833. Os chamados carlistas defenden o antigo réxime, devolvendo os foros á Coroa de Aragón. O seu lema era "Deus, Rei, Foros".

Transición ao Liberalismo (1833-1835)

Do 1833 ao 1835 dáse a transición ao liberalismo con Cea Bermúdez no goberno. Xabier de Burgos elaborará un mapa de provincias, como a actual, salvando as Canarias.

Gobernos Liberais Progresistas (1835-1837)

Do 1835 ao 1837 danse os gobernos liberais progresistas, que organizan revoltas, polo que a raíña rexente pediralle a Mendizábal que goberne porque antes fora liberal radical e agora sabería manexarse. Entre escasas medidas destaca a desamortización da clase burguesía e a supresión dos conventos.

Revoltas e Constitución de 1837

No 1836 danse revoltas como a guerra de Segovia e a raíña xurará a Constitución do 12 ata que se elabore a do ano seguinte, cando María Cristina namorará os progresistas liberados por Calatrava, quen redactará as leis que abolían definitivamente o antigo réxime.

Predominio Moderado (1837-1840)

Do 1837 ao 40 gañaban as eleccións os moderados co apoio da raíña e as protestas da Igrexa, polo que ignoraban bastante a Constitución de 1837, facendo decretos que intentaban reducir o número de votantes. Como a Constitución é incumprida, haberá revoltas populares que provocarán a fuxida do monarca do país.

Rexencia de Espartero (1843)

No 43 rexirá Espartero, o cal rexirá autoritariamente con medidas que molestarán incluso os progresistas. Aprobarán a lei de desamortización do clero secular e bombardeará Barcelona. O pobo volverá en revoltas provocándose a caída xunto co cumprimento da maioría de idade de Isabel II e os pronunciamentos de Narváez.

Década Moderada (1843-1854)

Do 43 ao 54 dáse a década moderada protagonizada polo espadón Narváez, o cal creará a garda civil e realizará un recorte do sufraxio. No 45 redactará unha nova constitución liberal doutrinaria moderada. España controlará a relixión co concordato da vaticana (1851).

Bienio Progresista (1854-1856)

Coñécese como bienio progresista do 54 ao 56 cando se deu a desamortización de Madoz e a lei de ferrocarril.

Década Moderada Final (1856-1866)

Do 56 ao 66 dase a década moderada. Alternándose no poder Narváez e O'Donnell, volverá a Constitución do 45 pero recortaranse liberdades. O período de O'Donnell foi calmado con gran política exterior. As Cortes funcionan.

Crise e Caída da Monarquía (1866-1868)

Do 66 ao 68 é o bienio ultramoderado ditatorial de Narváez, e que lle achará o paso á caída da monarquía. Danse pactos entre moderados e progresistas. O'Donnell e Narváez, a raíña é exiliada e comenza o Sexenio Democrático no 1868.

Entradas relacionadas: