La España del siglo XX: Reformas, crisis y la Segunda República

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 34,22 KB

Intentos de reforma entre 1902-1916.-


As reformas de Maura. En 1907, Antonio Maura, político liberal conservador, foi nomeado presidente do Gobernó. Partidario dunha revolución desde arriba, sen modificar a estrutura económica e social, introduciu cambios significativos para evitar o posible desenvolvemento dunha revolución desde abaixo. A conflitividade social foi tamén un dos aspectos máis relevantes deste período, como o foi dos últimos anos da Restauración e que se inserta no contexto dun proletariado europeo en constante axitación e, ás veces, triunfante, como ocorreu co triunfo da Revolución Bolxevique de 1917. Tres son as datas desta conflitividade: 1909, 1917 e 1921.

A semana traxica(1909).-

Desde a Conferencia de Alxeciras de 1906, as grandes potencias imperialistas europeas permitiron, co obxectivo de frear a Alemaña, a penetración de España en Marrocos. Esta expansión tiña, sobre todo, un móbil político de prestixio e militar, aínda que tamén había intereses económicos. Pero, atopouse coa resistencia das tribos bérberes. En xullo de 1909, o exército español sufriu unha derrota en Marrocos. Para facer fronte aos ataques dos habitantes do Rif, o Gobernó decretou a mobilización dos reservistas, a opinión pública de esquerdas e as organizacións obreiras manifestáronse en contra. O embarque das tropas en Barcelona provocou o 26 de xullo de 1909 unha folga xeral convocada por socialistas e anarquistas. A folga foi un éxito. Durante unha semana, as masas populares foron donas da cidade. Entre as causas da mobilización popular hai que salientar un sentimento antimilitarista no que se mesturaba o descontento contra o Exército e a guerra, así como contra o propio sistema de recrutamento. A represión foi moi dura: centos de persoas foron detidas, instruíronse máis de 200 consellos de guerra e executáronse cinco penas de morte.A magnitude acadada pola represión desatou unha campaña internacional de protesta. En España, os liberáis uníronse á oposición para esixir a destitución de Antonio Maura, obxectivo que ao cabo se cumpriu. Igualmente, produciuse un achegamento das forzás republicanas e socialistas. Moitos obreiros cataláns, desilusionados polo papel ambiguo xogado polo republicanismo lerrouxista pasaron a engrosar as filas dun anarcosindicalismo cada vez máis forte (fundación da CNT en 1910).// O reformismo social de Canalejas.
- Entre 1910 e 1912, o gobernó liberal de José Canalejas volveu retomar a política reformista, intentando modernizar a vida política española pola vía do reformismo social, a descentralización administrativa e a limitación dos poderes da Igrexa. O seu proxecto contemplaba medidas como: a substitución do imposto de consumos por un imposto progresivo sobre as rendas urbanas; o servizo militar obrigatorio en tempos de guerra e a supresión da redención en metálico; o regulamento das relacións laboráis; unha "Leí de Mancomunidades" que permitía a uníón de Deputacións provinciais nun mesmo organismo; o recorte do poder das ordes relixiosas e limitacións á instalación doutras novas (leí do cadeado). Esta importante liña de reforma, que non chegou a se materializar íntegramente, viuse tráxicamente interrumpida polo asasinato nun atentado o 12 de novembro de 1912 de José Canalejas, o seu principal impulsor. //Oposición e crise do sistema (1912-1917).- 
A partir de 1912 foise facendo cada vez máis evidente a contradición entre o dinamismo da sociedade civil e o inmobilismo da clase política A división da opinión pública con motivo da guerra europea, a fragmentación dos partidos dinásticos e as intromisións do exército e do reí na vida política, remataron por precipitar unha crise que as forzás da oposición tampouco souberon aproveitar. A oposición ao sistema estaba integrada polas seguintes correntes: carlismo:Defendía a tradición católica, o corporativismo e os "foros"; republicanismo:  movemento de reforma social e política con predicamento en amplos sectores das clases medias e populares. Constituía a principal forzá de oposición parlamentaria; movemento obreiro: adoptou unha política de colaboración coas forzás republicanas, logrando incrementar a súa influencia social e electoral; nacionalismos periféricos:opoñíanse ao carácter centralista do réxime. Eran máis fortes no País Vasco e en Cataluña


Crise de 1898.-


coa independencia da maior parte do Imperio americano a comezos do s.19, so as illas de Cuba, porto rico e filipinas continuaban formando parte do Imperio español, foron moi importantes para a economía española, baseaban a sua economía na agricultura de exportación, esencialmente o azucre de caña e o tabaco, pero o gobernó de Madrid impoñia aranceis para impedir o comercio con EEUU, e obligalos a converterso no mercado dos catalans, que tiñan produtos mais caros q en EEUU. A guerra dos 10 anos saldouse coa paz de zanjón pero as promesas feitas a Cuba nn se cumpriron, podía ser vista como un aviso das aspiración indenpendentistas cubanas. Ante a falta de reformas do gobernó español en 1895 volven a erguerse os movementos independentistas, a gran novidade foi a axuda de EEUU aos rebeldes cubanos. Axudaronos porq tiñan intereses económicos, mineiros e agrícolas, intereses estratexicos(buscaban o dominio do caribe). O gobernó norteamericano do presidente McKinley declarou a guerra a españa tras a explosión do navío Maine en La Habana, foi unha guerra rápida e contundente polas diferencias entre exercitos, españa nn podía competir fronte aos americanos unha forzá superior e masi moderna, tras a destrucion da mariña española e o desembarco das tropas norteamericanas nas colonias españa solicitou o armisticio. As sinaturas de paz remataron coa sinatura do tratado de París(cedían Cuba, filipinas, porto rico e a illa de Guam aos EEUU, por unha compensación de 20millons de dolares, as illas marianas e carolinas foron vendidas a alemaña en 1899). A consecuencia inmediata foi a aparición do rexeneracionismo, unha corrente política, intelectual e literaria que impregnou a vida pública española de fináis do século XIX e comezos do XX. Caracterizouse tanto pola análise dos males do país e a súa crítica ao sistema da Restauración como polo seu propósito de atoparlle remedio e de renovar e modernizar a realidade política e económica. Para mellorar o país cumpría rexenerar o Estado e reforzar a estrutura produtiva. Así mesmo, a loita contra o caciquismo levoulle a xustificar a necesidade de contar cun cirurxián de ferro, é dicir, un gobernante que actuase de forma autoritaria, pero de forma temporal, para reconducir ao país e acabar cos seus profundos males. Estas ideas tiveron trascendencia posterior, pois moitas foron recollidas polos intelectuais da Xeración do 98 e polos partidos republicanos e de esquerda como base do seu proxecto de reforma. // Reinado de Alfonso Xlll(1902-1931).-
En maio de 1902 iniciouse o reinado persoal de Afonso XIII, declarado maior de idade aos 16 anos. O novo reí amosou desde o principio unha forte inclinación pola intervención nos asuntos políticos e, en moitos casos, as súas iniciativas, aínda que apoiadas no poder que lle daba a constitución, excederon o que se esperaba dun reí constitucional, especialmente as que tiñan relación co exército, do que era xefe e grande entusiasta. Durante este reinado (1902-1931) produciuse a crise e desaparición do sistema da Restauración, incapaz de solucionar pola vía constitucional os problemas desta época. A crise debeuse a varios factores: Fraccionamento e descomposición dos partidos dinásticos. Trala desaparición de Cánovas e Sagasta, os novos líderes como Antonio Maura ou Dato entre os conservadores, e José Canalejas e Manuel García Prieto entre os liberáis, non foron quen de aglutinar a todos os seus partidarios./A inestabilidade gobernamental acabou sendo insostible e desembocou no golpe de Primo de Rivera/Crecente papel do exército na vida política, O poder militar foise impoñendo ao poder civil ao conseguir, co consentimento do reí, a aprobación da nova Leí de Xurisdicións de 1906 que permitía someter a "foro militar" o xuízo de delitos de opinión e obra contra a patria e o Exército./Crecente contestación política ao sistema por parte das clases medias urbanas que apoiaban a republicanos e nacionalistas e lograron un maior control municipal nos concellos /Sucesivas derrotas militares na ocupación do norte de Marrocos entre Larache e Melilla,Isto obrigou a empregar fortes continxentes militares fronte ás cabilas rifeñas. A cuestión marroquí converteuse nun problema de primeira magnitude causando graves tensións políticas, militares e sociais.  /Á conflitividade social alimentada polas crises económicas  


Primo de Rivera/1. O Golpe de Estado.-


O 13 de setembro de 1923, Miguel Primo de Rivera, nese momento capitán xeneral de Cataluña, contando co apoio de diversas personalidades políticas e militares, deu un Golpe de Estado en Barcelona. As razóns que o levaron a protagonizar esa acción están relacionadas coa situación política e social do momento. Entre estas destacaban: Os repetidos fracasos nas campañas contra Abd el-Krim en Marrocos ;Os ataques velados ao reí por consideralo parte responsable do desastre de Annual ;A radicalización das manifestacións catalanistas; O auxe do terrorismo; O medo á subversión social e política do sistema vixente; A inestabilidade e incapacidade dos gobernos para controlar a situación. Tras unhas horas de vacilacións, o reí Afonso XIII encomendoulle a formación dun novo gobernó, integrado exclusivamente por militares; aceptando así o Golpe de Estado, a Coroa unía os seus destinos á ditadura. O Golpe de Estado de Primo de Rivera contou inicialmente cunha ampla aceptación popular, explicable polo elevado malestar político e social existente en España, e porque se presentaba coma unha medida excepcional e transitoria para solucionar os graves problemas vixentes. Falto de formación intelectual e política, o seu pensamento era simplista e inxenuo, de base ideolóxica católica e conservadora, matizado pola mentalidade e principios militares de orde e autoridade. Tamén estivo fortemente influenciado por Mussolini e o fascismo italiano, do que imitou algunhas realizacións prácticas// O directorio militar(1923-1925).- 
O primeiro gobernó da ditadura estivo formado só por militares. O novo gabinete gobernou mediante decretos e prestou especial atención á "rexeneración" da vida política co obxectivo de acabar co caciquismo e lograr rexenerar a vida política adoptando medidas como: Suspensión da Constitución de 1876; Destitución das autoridades vixentes, que foron substituídas por outras adictas ao novo réxime; Creación dos delegados gobernativos; Reforma da normativa electoral, que incluía medidas como a reducíón de 25 a 23 anos para poder votar e a concesión do dereito ao voto restrinxido ás mulleres; medidas que non se chegaron a aplicar porque non se convocaron eleccións.; Elaboración de novos estatutos municipal (1924) e provincial (1925), obra do ministro Calvo Sotelo, que aumentaban a democratización e as competencias administrativas destas institucións; Formación dunha organización cívica: a Uníón Patriótica; A defensa da unidade da patria, actuando contra todo aquilo que á ditadura lle parecía que podía ser un perigo para a unidade de España; A fin da guerra de Marrocos. Trala retirada española despois do Desastre de Annual*, Abd el-krim considerou que España estaba derrotada e cometeu o erro de atacar as posicións francesas// O directorio civil.-
En decembro de 1925, tralos éxitos en Marrocos e restablecida a orde pública, Primo de Rivera decidiu afianzarse no poder, pór fin á ditadura militar e constituír un Directorio, formado maioritariamente por civís vinculados á Uníón Patriótica,  De novo contou co apoio do reí. Rexeitada a idea de volver ao parlamentarismo liberal e ao réxime constitucional de 1876, Primo de Rivera, moi influenciado polo fascismo italiano, pretendeu a instauración dun réxime político corporativo. As pezas básicas do novo sistema foron: A Organización Corporativa do Traballo, creada en 1926 coa finalidade de regulamentar as relacións entre obreiros e patróns; A Asemblea Nacional. Constituída en 1927, tiña un carácter consultivo e a súa función era elaborar e presentar proxectos de leis ao Gobernó./O Directorio Civil puxo en práctica unha política económica baseada no intervencionismo estatal. Dirixidas polo ministro Calvo Sotelo as principais medidas económicas foron: Forte proteccionismo arancelario para impedir ou dificultar as importacións. A ditadura fixo súas as ideas proteccionistas da burguésía industrial e coa leí de protección industrial (1926) converteu a España nun espazo económico moi pechado no que a industria do país podía traballar sen temor á competencia exterior. España foi cualificada como o país máis proteccionista do mundo; Intervencionismo estatal, practicando unha economía dirixida e intervindo directamente mediante a creación e fomento de infraestruturas: Potenciación das vías de comunicación e das obras públicas; Fomento da producíón nacional mediante medidas crediticias e encargos estatais; Formación de monopolios para garantir a subministración de determinados servizos.


Como resultado, houbo un importante aumento da producíón industrial. En liñas xerais, o crecemento económico foi apreciable, especialmente nos sectores que se beneficiaron do fomento das infraestruturas como o cemento e o aceiro. As medidas adoptadas víronse favorecidas pola prosperidade económica mundial. Pero a ditadura non solucionou os problemas de fondo: o forte proteccionismo mantivo a producíón española en niveis pouco competitivos a escala mundial; o elevado gasto do Estado fixo aumentar o déficit público; a ausencia de reformas estruturais na agricultura deixou intactos os seus principais problemas. Os principais beneficiarios deste desenvolvemento foron a gran burguésía terratenente, financeira e industrial. Se ben o Golpe de Estado de Primo de Rivera espertara simpatías iniciáis entre os diferentes sectores sociais, ou cando menos pasividade e indiferenza, co paso do tempo as críticas ó réxime e á persoa do ditador foron cada vez maiores. Crece así a oposición: oposición dos partidos de esquerdas. Os republicanos forman a Alianza Republicana na que se integraban diversos grupos e personalidades como Manuel Azaña co obxectivo de sumar os seus esforzos contra a monarquía. Nos medios anarquistas xurde a FAI, partidaria da estratexia insurreccional no seno do sindicalismo; oposición dos militares. Os militares do corpo de artillería amosáronse contrarios á reforma militar e á política de ascensos que quería levar a cabo Primo de Rivera. Ante estas dificultades, e querendo comprobar se seguía contando co apoio do exército para seguir gobernando, en xaneiro de 1930 Primo de Rivera preguntou aos xefes militares se contaba coa súa confianza. As respostas caracterizáronse pola ambigüidade e a falta de entusiasmo. Sentíndose só e sen apoio, o ditador presentou a súa dimisión ao reí o 29 de xaneiro de 1930, sendo aceptada. Primo de Rivera marchou ao exilio cara a Francia, onde residiu ata a súa morte, que sucedeu pouco despois (16-3-1930)//

. A FIN DA MONARQUÍA (1930-1931).-

Trala dimisión de Primo de Rivera, Afonso XIII encargou ao xeneral Dámaso Berenguer a formación dun novo Gobernó. A súa pretensión era restablecer, de forma progresiva, o sistema constitucional de 1876 e as liberdades, de aí que este período sexa coñecido popularmente como a "DITABRANDA". Pero a idea dunha España republicana tiña cada vez máis partidarios. Aproveitando esta apertura, as forzás opositoras foron reorganizándose. En Agosto de 1930, un importante número de personalidades políticas (republicanos, antigos monárquicos, nacionalistas, socialistas) reuníronse en San Sebastián e estableceron un acordó verbal, coñecido como Pacto de San Sebastián*. Os reunidos na capital vasca comprometéronse a derrocar á monarquía e establecer a república parlamentaria, garantir a liberdade política e relixiosa, convocar eleccións a Cortes constituíntes, abrir a posibilidade do recoñecemento da autonomía política das rexións, formar un Comité revolucionario que actuaría como Gobernó provisional no inicio da nova república, e desenvolver, en colaboración cos militares republicanos, diferentes intentos de sublevación. Ante a crecente axitación política e social, en febreiro de 1931 Berenguer foi substituído polo almirante Juan Bautista Aznar. O novo Gobernó decidiu convocar eleccións municipais e logo as xerais. As municipais fixáronse para o 12 de Abril. Dadas as circunstancias, adquiriron un carácter de plebiscito en favor ou en contra da monarquía. O Gobernó e o exército declararon que aceptarían o resultado. Aínda que no rural predominaron os concelleiros de candidaturas monárquicas, o triunfo das candidaturas republicanas nas cidades (41 das 50 capitais de provincia e noutras grandes poboacións) foi considerado como un apoio ao establecemento da república. O 14 de Abril foi proclamada a Segunda República.


16-


Unha vez rematada a Constitución, as Cortes elixiron a Niceto Alcalá-Zamora presidente da República. Este encargoulle formar gobernó a Manuel Azaña e o novo xefe do gobernó, que tiña que elixir entre radicáis ou socialistas. Azaña optou pola alianza dos republicanos de esquerda e os socialistas. Comezaba así o denominado "Bienio de esquerdas" ou "Bienio reformista" (1931-1933) debido as importantes reformas realizadas (as máis importantes foron a agraria, a da Igrexa, a do exército, a educativa e a do Estado centralista). Pretendían transformar e modernizar as estruturas sociais, políticas e económicas herdadas da Restauración e se atoparan coa oposición dos grupos oligárquicos que detentaban dito poder. Ademáis, estas reformas víronse afectadas pola conxuntura económica da II República, condicionada polo crack do 29, que dificultou a obtención de fondos para o seu financiamento. A REFORMA AGRARIA. Un dos elementos centráis do amplo proceso reformista impulsado polos gobernos republicanos foi a reforma agraria. O seu obxectivo era facer fronte á desigual distribución da propiedade da terra, para mellorar a situación do campesiñado e incrementar a produtividade agrícola. A existencia de amplas masas de campesiños sen terras, xornaleiros das rexións latifundistas do sur, e de pequenos propietarios e arrendatarios ao límite da subsistencia nas rexións setentrionais, constituía un problema endémico en España. Por iso, a reforma agraria converteuse nunha das principais reivindicacións do campesiñado. Antes da súa aprobación en 1932, o gobernó provisional de Niceto Alcalá-Zamora xa implantara unha serie de leis que aspiraban a mellorar a situación dos traballadores no campo. Pola súa banda, a Leí da Reforma Agraria regulaba a redistribución da terra, facultando ao Estado á expropiación e reparto de terras particulares nunha serie de supostos. Entre elas estaban as terras incultas ou mal cultivadas, as comunais non explotadas de maneira directa, ou as carentes de regó pola desidia dos seus donos. Posto que a leí tamén prevía a indemnización dos propietarios expropiados, creouse o Instituto de Reforma Agraria (IRA), para desenvolver este proceso e facilitar créditos ás familias campesiñas beneficiadas pola medida. A reforma tivo que afrontar grandes problemas, sobre todo a radical oposición dos propietarios agrícolas. Isto provocou o incremento da conflitividade social no campo, especialmente en Andalucía e Estremadura. A complexidade burocrática do proceso e as limitacións orzamentarias fixeron que a reforma se aplicase con gran lentitude e afectase a moitos menos campesiños dos previstos. Ademáis, como todas as reformas emprendidas durante o Bienio de esquerdas, o seu desenvolvemento estivo condicionado pola conxuntura política. Así, derrogouse durante o Bienio de dereitas, mentres o triunfo da Fronte Popular nas eleccións de 1936 implicou o seu restablecemento. Con todo, o levantamento militar do mesmo ano impediu a súa aplicación e calquera intento de reforma.

A REFORMA DA IGREXA-

A República propúxose limitar a influencia dunha igrexa moi poderosa na sociedade española e secularizar a vida social. Estas intencións plasmáronse na Constitución, que estipulou a non confesionalidade do Estado, a liberdade de cultos e a supresión do orzamento de culto e clero. Tamén se permitiu o divorcio, o matrimonio civil e a secularización dos cemiterios. O temor ás ordes relixiosas pola influencia que estas tiñan a través da ensinanza levou á disolución da orde dos xesuítas e a nacionalización dos seus bens, prohibíuselles a ensinanza ás outras ordes. O problema relixioso creoulle ao réxime republicano os seus maiores inimigos e protagonizou os debates mais afervoados, o que deu como resultado que unha parte dos sectores católicos da sociedade percibise esta lexislación como unha agresión á relixión.


A reforma do exercito-


Azaña impulsou persoalmente unha reforma que pretendía crear un exército profesional e democrático, para o cal cría que era necesario reducir os efectivos militares e acabar co excesivo número de oficialidade. Tamén se propoñía poñer fin ao foro especial dos militares e asegurar a súa obediencia ao poder civil, acabando coa tradicional intervención do exército na vida política e co golpismo. Para estés fins aprobou a "leí do retiro da oficialidade", pola que todos os militares en activo tiñan que prometer a súa adhesión ao réxime, concedéndolles a posibilidade de retirarse co soldó íntegro se así o desexaban. Ademáis, suprimiuse a leí de xurisdicións e pechouse a Academia Militar de Zaragoza para frear o crecemento innecesario do número de oficiáis. Para evitar ter que recorrer ao exército e á Garda Civil, moi desprestixiada polas súas violentas represións, o Gobernó provisional creou un novo corpo para ter unha forzá leal á República: a Garda de Asalto, unha policía nacional republicana que debía utilizarse para controlar as manifestacións e asegurar a orde pública nas cidades. Por todo isto, a leí foi recibida por sectores do exército, sobre todo polos africanistas, como unha agresión á tradición militar. Provocou amplas tensións e un intento de Golpe de Estado militar do xefe da garda civil, o xeneral Sanjurjo en 1932, coñecido como a "sanjurjada"/ A REFORMA EDUCATIVA.
O principal obxectivo do gobernó de esquerdas era promover unha educación liberal e laica e facer do Estado o garante do dereito á educación. A súa política ía encamiñada a reducir as elevadas taxas de analfabetismo existentes e mellorar o nivel cultural da poboación, creando cidadáns libres responsables que servirán de base para a transformación da sociedades. Na Constitución quedou recollida a nova filosofía educativa: ensino obrigatorio, mixto, gratuíto e laico. O cese de actividades docentes dos relixiosos obrigou ao gobernó a iniciar un acelerado programa de construción de escolás. O centro da súa actividade foi o desenvolvemento dun vasto proxecto de escolarización que pretendía a construción de numerosas escolás en toda España (10000) e a mellora da formación dos mestres (7000 novos mestres)/ A REFORMA DO ESTADO
CENTRALISTA. AS AUTONOMÍAS. A Constitución republicana intentou conxugar as aspiracións de autogoberno dalgunhas rexións coa defensa do Estado unitario, establecendo que o Estado integral republicano era compatible coa autonomía dos municipios e as rexións. Aquelas zonas que, en razón de afinidades históricas, culturáis e económicas decidirán organizarse como rexión autónoma, deberían elaborar un Estatuto de Autonomía e superar as seguintes condicións: ser proposto pola maioría dos concellos, ser aprobado polos dous terzos dos electores da rexión en referendo e, por último, ser aprobado polas Cortes xerais. Cataluña foi a primeira en conseguir a autonomía (1932), seguida do País Vasco (1936) e Galicia. Todos estés procesos espertaron receos e oposición entre os defensores do centralismo e, nomeadamente, entre os militares, que se consideraban depositarios da unidade nacional. 


Ll república-


AS PRIMEIRAS MEDIDAS. O 14 de Abril de 1931 os membros do comité republicano dirixíronse cara á madrileña Porta do Sol onde tomaron posesión do gobernó e proclamaron a República en medio do entusiasmo popular. Formouse un Gobernó provisional no que participaron a dereita liberal republicana , republicanos de esquerda, radicáis , socialistas , nacionalistas cataláns e sectores galeguistas . Fóra da coalición quedaban a dereita monárquica, os nacionalistas vascos e o obreirismo máis radical. Nas súas primeiras medidas, e seguindo o acordado no Pacto de San Sebastián*, o Gobernó provisional convocou eleccións a Cortes Constituíntes para o 28 de xuño de 1931. Paralelamente, decidiu emprender algunhas das reformas consideradas máis urxentes: unha serie de decretos ministeriais puxeron en marcha un proxecto de reforma agraria, unha nova lexislación social e o inicio da reforma do exército. Ademáis, o gobernó tivo que facerlle fronte ao problema catalán: o 14 de Abril os nacionalistas cataláns proclamaran a república catalá invitando o resto dos pobos de España a formar unha federación. O gobernó tivo que negociar e conseguiu que se retractaran a cambio de recoñecer a existencia dun gobernó catalán: a Generalitat. A República nacía así recoñecendo a posibilidade de autonomía política. Hai que destacar que a República nace nunha conxuntura internacional desfavorable: chegada a España dos efectos da crise económica dos anos 30 e extrema polarización da vida política europea . As súas reformas van xerar moitas resistencias ofrecidas polos sectores máis conservadores da sociedade, en especial a igrexa, e por outro lado as impaciencias e intentos revolucionarios dalgúns sectores populares, nomeadamente os anarquistas .

Fragmentación e polarización política

Na II República, o número de partidos políticos foi moi elevado. En liñas xerais pódense diferenciar: EXTREMA DEREITA. Non aceptaron a legalidade republicana (apoios: oligarquía terratenente, alta burguésía financeira e industrial). Decláranse antimarxistas e defenden a unidade da patria, a orde social e o catolicismo; DEREITAS. Defenden a visión cristiá da vida, os dereitos da Igrexa, a propiedade privada e a orde tradiciona; CENTRO: Forzás REPUBLICANAS. Defenden os intereses da pequena burguésía e das clases medias, fundamentalmente urbanas, destacando o grupo dos intelectuais, aínda que entre eles podemos distinguir tamén dereitas e esquerdas, a evolución dos acontecementos vainos situar nunha difícil situación centrista; Forzás OBREIRAS DE ESQUERDA. Socialistas, comunistas e anarquistas defenden os intereses dos obreiros industriáis e dos xornaleiros agrícolas. Coinciden no obxectivo final de establecer un cambio nas relacións de producíón mediante a abolición da propiedade privada e das diferencias sociais pero, en moitos casos, estiveron enfrontados entre eles. O 28 de xuño de 1931 celebráronse eleccións xerais cun notable índice de participación de máis do 70%. O sistema electoral, que primaba as maiorías doulle un rotundo triunfo as esquerdas: socialistas e republicanos obtiveron a maioría.

A CONSTITUCIÓN DE 1931

As Cortes elixidas confirmaron nos seus postos aos membros do gobernó provisional mentres non se aprobaba unha nova Constitución. Esta tivo un marcado carácter democrático e progresista, definía ao Estado español como "unha República de traballadores de todas clases" e establecía os seguintes principios: O Estado configurábase de forma "integral", pero aceptábase a posibilidade de constituír gobernos autónomos nalgunhas rexións; Nova división de poderes. A Constitución privilexiaba o poder lexislativo sobre os demais. O poder lexislativo residía plenamente nas Cortes, constituídas por unha soa cámara. O poder executivo recaía no presidente do gobernó que presidía o Consello de Ministros e no presidente da República, figura de nova creación que tiña o poder de relación; O poder xudicial confiábase a uns xuíces independentes. Os conflitos entre poderes confiábanse a un Tribunal de Garantías Constitucionais; Declarábase a separación Igrexa e Estado, recoñecíase o matrimonio civil e o divorcio. Presentaba unha ampla declaración de dereitos e liberdades, estendida a temas económicos e sociais, relativos á familia, á educación e ó traballo. Expresaba a igualdade de tódolos cidadáns ante o dereito á educación e ó traballo. Establecía o voto desde os 23 anos e por primeira vez concedíase o voto ás mulleres/ Pero a Constitución, aínda que foi aprobada por ampla maioría, non conseguiu o consenso de tódalas forzás políticas, poñendo de manifestó as profundas diferenzas entre a esquerda e a dereita, sobre todo no referente a cuestión relixiosa e autonómica. A aprobación dos artigos relixiosos da Constitución provocou a dimisión dos sectores católicos do gobernó, polo que Manuel Azaña substituíu a Alcalá-Zamora na Xefatura do Gobernó. 


Agrarismo


Movemento de reivindicación agraria presente en Galicia desde fináis do século XIX até principios do XX. Non constitúe nin un partido nin un sindicato, foi un movemento complexo cunha ideoloxía pouco definida, e que contou cunha importante participación do campesiñado. A asociación máis activa foi Acción Galega, fundada en 1910 polo crego Basilio Álvarez. Entre as súas demandas estaba a redención dos foros, a eliminación do caciquismo..// Brigadas Internacionais:
Unidades de voluntarios que chegaron a España en outubro de 1936 para loitar na Guerra Civil española apoiando ao gobernó republicano. Estaban formadas por traballadores e intelectuais de ideoloxía progresista procedentes de diversos países, que participaron na defensa de Madrid e abandonaron España en outubro de 1938 pola presión internacional do Comité de Non Intervención.//CEDA:
Confederación Española de Dereitas Autónomas. Federación de pequenos partidos de dereitas agrupados baixo o liderato de José Ma Gil Robles. De inspiración católica, defendía a relixión e a propiedade, pero mantiña unha postura ambigua xa que nin se declaraba monárquico nin republicano. Apoiaron e participaron no gobernó de dereitas durante a Segunda República.//Bienio Negro:
Segundo gobernó da República comprendido entre as eleccións xerais de novembro de 1933 e as de febreiro de 1936. Tamén chamado Bienio Radical-cedista, en alusión ás dúas forzás políticas que gobernan nestes dous anos, o Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux, aliado coa CEDA de Gil Robles. As esquerdas chamaron a este segundo período republicano como Bienio Negro, polas súas connotacións reaccionarias e conservadoras.//Directorio Militar:
Primeiro gobernó da Ditadura de Primo de Rivera (1923-1925)formado só por militares. O ditador tiña o cargo de presidente e ministro único. Proclamou o estado de guerra, suspendeu a Constitución de 1876 e as garantías constitucionais, disolveu as Cortes, implantou a censura de prensa e prohibiu as actividades de partidos políticos e sindicatos.//Expediente Picasso:
Investigación dirixida polo xeneral Juan Picasso para depurar responsabilidades sobre o comportamento dos militares no Desastre de Annual (1921). O expediente cualifica de neglixente a actuación do Alto Comisario o xeneral Berenguer e de temeraria a do xeneral Silvestre. Difundiuse a sospeita de que detrás da acción do xeneral Silvestre estaba a intervención de Alfonso XIII, o que incrementou a oposición á monarquía.//FAI:
A Federación Anarquista Ibérica é unha organización fundada no ano 1927 por grupos anarquistas afiliados a CNT pero que mantiñan posturas máis radicáis e eran partidarios da insurrección e da violencia e non só da loita sindical. Actuou contra a ditadura de Primo de Rivera e a monarquía de Alfonso XIII.//Fronte Popular:
Coalición electoral creada en xaneiro de 1936 e integrada polos principais partidos de esquerda que tiña como obxectivo derrotar políticamente á coalición de dereitas no poder. Gañou as eleccións de febreiro e gobernou até ben entrada a Guerra Civil. O seu programa incluía a amnistía para os delitos políticos e a recuperación da política reformista do primeiro bienio republicano.// Lexión Cóndor:
Nome oficial das forzás aéreas enviadas por Alemaña en apoio do xeneral Franco durante a Guerra Civil. A aviación alemá permitiulle ter a supremacía no aire, indispensable na caída da Fronte norte e da Fronte leste.//Uníón Patriótica:
Partido político creado en 1924 para apoiar a Ditadura de Primo de Rivera cuxos principios ideolóxicos básicos eran a defensa da relixión, da patria e da monarquía. Foi concibido como un partido único impulsado desde o poder. Estaba integrado por conservadores católicos e grandes latifundistas pero foi rexeitado polas vellas élites do partido liberal e conservador.//FET das XONS:
Falanxe Española Tradicionalista das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista. Foi o único partido permitido en España logo da Guerra Civil. Creouse en Abril de 1937 mediante o Decreto de Unificación e existiu até 1977. Durante a ditadura era coñecido como o Movemento Nacional e converteuse nun dos piares do franquismo. De ideoloxía próxima ao fascismo defendía a unidade de España e a superioridade do Estado sobre o individuo. Rexeitaba o parlamentarismo e a democracia

Entradas relacionadas: