Épica Latina: Virxilio, a Eneida e as Xeórxicas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Latín
Escrito el en español con un tamaño de 3,81 KB
A Poesía Épica
- É unha narración en verso sobre asuntos guerreiros na que un heroe cumpre a súa misión. Pretende dar unha orixe mítica ao nacemento dunha nación.
- Mentres que en Grecia procede da tradición oral, en Roma é unha creación literaria que xurde da mistura de 3 tendencias: Homero (Ilíada e Odisea), a Historia Nacional e a poesía alexandrina.
- Está escrita en verso hexámetro obrigatoriamente, fronte á poesía lírica, que utiliza unha gran variedade métrica e estrófica.
- Utiliza o epíteto épico → Dúas palabras → Exemplo: "Hera, de brancos brazos" / "Atenea, de ollos de curuxa".
- Utilizados pola medida do verso.
- Facilitar transmisión oral.
- Intervención dos deuses na acción.
- Utiliza combates individuais para decidir o curso da guerra.
A Épica Latina
- Os primeiros autores foron: Livio Andronico, Nevio, Ennio, pero non se conservan as súas obras.
- O autor principal é Virxilio → A Eneida.
- Autores posteriores:
- Lucano (A Farsalia): Guerra Civil entre Xulio César e Pompeio.
- Estacio (a Tebaída)
- Silicio Itálico
A Eneida
- 12 cantos escritos en versos hexámetros.
- Foi un encargo de Augusto para engrandecer a súa familia. Incluso viaxou a lugares de Italia nos que transcorre a historia.
- Nunca chegou a rematala.
- Morreu en Brindisi e antes de morrer mandou queimar esta obra, pero non llo permitiu Augusto un novo territorio para o seu pobo). Eneas marcha de Cartago e Dido, namorada del, suicídase. Este feito considérase o principio da enemistade entre romanos e cartaxineses.
- Argumento
Eneas foxe de Troia tras a súa caída e chega a Cartago, onde a raíña Dido o acolle e se namora del. Porén, Eneas debe cumprir a súa misión de fundar unha nova patria, polo que parte, e Dido suicídase. Tras varias paradas, viaxa ao inframundo, onde coñece o seu destino. Finalmente, chega a Lacio, onde é ben recibido polo rei, pero xorde un conflito con Turno polo matrimonio con Lavinia. Despois dunha guerra, Eneas derrota e mata a Turno, consolidando así o seu destino como fundador do futuro Imperio Romano.
Conclusión
A Eneida representa un gran avance literario, enaltecendo a orixe de Roma e destacando o papel do pobo latino. Virxilio tamén escribiu As Bucólicas e As Églogas, inspirándose en Teócrito. Unha das súas églogas foi vista como unha profecía cristiá, axudando a preservar a súa obra.
As Xeórgicas
- Pertencen á poesía didáctica.
- Foi un encargo de Mecenas para colaborar no programa de Augusto de retorno á terra e recuperación da agricultura.
- Fontes:
- Hesíodo → Traballos e Días
- Varrón → De Agricultura
- Lucrecio → De Rerum Natura
- Son 4 libros:
- I → Sobre o cultivo do campo, en especial os cereais.
- II → Sobre arboricultura.
- III → Sobre gandería.
- IV → Sobre apicultura; neste fai unha comparación entre a sociedade humana e a perfecta organización das abellas