epa

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,82 KB

5.4. Dante e A Divina Comedia. Tanto Dante como Bocaccio son dous autores que podemos estudar na época de Transición entre a Idade Media e o Renacemento, os dous comparten unha concepción medieval Do mundo marcado pola cultura cristiá, pero os dous comezan tamén a mostrar o humanismo Que caracterizará o Renacemento A Divina Comedia é unha obra cun profundo carácter científico, filosófico, teolóxico e Histórico, pero á vez corresponde a un elevado propósito de alta poesía. Constitúe un tratado do Saber e do sentir cristiáns, un profundo relato sobre a experiencia mística, pero acorde cos ideais Humanistas da súa época. Aparecen feitos e personaxes coetáneos cos que Dante dialoga para Valorar os seus actos, para comprender o presente e lamentar o pasado. Dante convoca ás forzas Da fe, da razón e da contemplación dunha inesgotable imaxinación. O certo é que toda a obra Xoga constantemente co número 3: está escrita en tercetos hendecasílabos (trinta e tres sílabas En cada terceto), divídese en tres partes, está escrita en tres tons, etc. A cada parte Correspóndenlle 33 cantos, máis unha introdución. En total, suman 100. Ao Inferno Correspóndelle o ton realista e dramático; ao Purgatorio o ton lírico e conmovido; ao Paraíso, o Ton máis arrebatado, doce e musical. Cada unha das partes termina coa palabra "estrelas". A obra conta a viaxe de Dante a través do Inferno, do Purgatorio e do Paraíso, nos dous Primeiros casos acompañado de Virxilio ao que considera o seu mestre e representa a razón e no último guiado por Beatriz, a muller idealizada da que Dante se tiña namorado con só nove anos. No Inferno, en forma de cono invertido, están as almas dos pecadores clasificados segundo o Esquema aristotélico: incontinencia, bestialidade e malicia. Aquí encóntrase con personaxes tan Coñecidos como Paolo e Francesca que caíran en adulterio (seguindo as normas amorosas do Stilnuovismo) ou o conde Ugolino que fora encerrado polo arcebispo Ruggieri e condenado a Morrer de fame xunto co seu exército e os seus fillos. O Purgatorio contraponse en forma ao Inferno, sendo unha montaña en forma de cono que contén nas súas ladeiras as almas dos que Esperan para pasar ao paraíso:
Excomungandos, preguiceiros, mortos sen tempo ao Arrependimento... Por último, entra no Paraíso despois de arrepentirse por consello de Beatriz para cruzar o Río Leteo. O Paraíso está formado por nove ceos móbiles e un décimo ceo inmóbil, que forman Círculos concéntricos. Estes círculos, se se fechan sobre si mesmos, teñen forma de rosa. Os ceos Seguen o esquema astronómico de Ptolomeo e neles habitan os espíritus que evitaron os instintos E utilizaron a razón.

Entradas relacionadas: