Enzimas: Función, Clasificación e Mecanismo de Acción

Enviado por Chuletator online y clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,79 KB

  1. Os enzimas catalizan o proceso de aceleración dunha reacción química por efecto dunha substancia chamada catalizador. Os enzimas son os catalizadores dos sistemas biolóxicos que reciben o nome de biocatalizadores. Nas reaccións enzimáticas, as moléculas que reaccionan reciben o nome de substratos, e as substancias denomínanse produtos.
  2. Natureza dos enzimas: Os enzimas son moléculas de natureza proteica. Atendendo á súa composición química, distínguense holoproteínas e holoenzimas. As holoenzimas son proteínas conxugadas que presentan unha parte proteica, chamada apoenzima, e unha non proteica, o cofactor. Este pode ser un ión metálico ou un coenzima.
  3. Clasificación enzimática:
    • Hidrolases: Catalizan reaccións nas que rompen enlaces pola acción da auga (ex: lipases).
    • Liases: Catalizan a adición e separación de grupos funcionais (ex: sintase).
    • Transferases: Catalizan reaccións nas que se transfieren radicais (ex: quinases).
    • Isomerases: Catalizan reaccións de isomerización.
    • Oxidorreductases: Catalizan reaccións de oxidación-redución (ex: oxidases).
    • Sintetases ou Ligases: Catalizan a unión de dous substratos con ATP.
  4. Mecanismo de acción: Todas as reaccións químicas teñen unha barreira de enerxía de activación. Esta é a enerxía mínima necesaria para romper uns enlaces e formar outros novos. Unha vez que as moléculas dos reactivos entraron en contacto, a reacción ocorre a través do chamado complexo activado.
  5. Complexo encima-substrato: O encima (E) únese ao substrato (S) para formar o complexo (ES) que, tras a transformación enzimática, se separa nos produtos da reacción e o encima queda libre. A unión ten lugar nunha pequena parte da molécula do encima, constituída por un número reducido de aminoácidos, chamada centro activo. Este ten forma de oco e nel localízanse dous tipos de residuos de aminoácidos:
    • De unión: Teñen grupos hidrófobos que permiten a unión do substrato na posición correcta.
    • Catalíticos: Son os responsables da transformación do substrato en produtos e inducen a formación ou a rotura de enlaces.
  6. Especificidade dos enzimas: Os enzimas teñen especificidade debido á estreita relación que existe entre o substrato e o centro activo. A maior parte dos enzimas son moi específicos. Establécense dous niveis:
    • De acción: Un enzima só realiza unha transformación de todas as que pode sufrir e outro enzima, cunha especificidade diferente, provoca outra reacción no mesmo substrato.
    • De substrato: Cada enzima actúa sobre un substrato ou sobre un número reducido de substratos. Pode ser:
      • Absoluta: O enzima actúa sobre un único substrato.
      • De grupo: O enzima transforma substratos que presentan un tipo de enlace.
      • Estereoquímica: Cando actúa sobre un dos isómeros ópticos, pero non sobre outro.
  7. Ecuación de Michaelis: V0 = Vmáx * [C] / (Km + [C])
  8. Influencia da temperatura: En xeral, un incremento da temperatura aumenta a velocidade das reaccións químicas. A actividade duplícase por cada 10 graos, ata alcanzar un valor máximo de actividade arredor dos 40 graos. A partir deste valor, a actividade diminúe pola perda da estrutura terciaria.

Entradas relacionadas: