O Ensaio Galego: Evolución, Temáticas e Autores Clave
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,82 KB
O Ensaio Galego: Evolución e Temáticas Clave
O ensaio foi un xénero inaugurado nas letras galegas antes da Guerra do 36 polo Grupo Nós e retomado polo Grupo Galaxia para a articulación do novo pensamento. Na produción ensaística actual convive o ensaio con outro tipo de traballos.
Factores da Eclosión do Xénero (Décadas dos 80 e 90)
Na década dos 80 e os 90 conxugáronse distintos factores que produciron a eclosión do xénero:
- A) A consolidación de revistas de análise, debate e pensamento.
- B) A creación de coleccións específicas para o xénero ensaístico nas editoriais.
- C) A galeguización de esferas universitarias e liñas de investigación propias en galego.
Tipos de Ensaio Galego e Autores Destacados
Ensaio Económico
Un dos primeiros fitos é a Revista de Economía de Galicia na que colaboran Corbacho, Beiras e Andrade, entre outros.
- Paz-Andrade foi o pai dos modernos estudos económicos galegos e contribuíu ao ensaísmo. Obra destacada: Castelao na luz e na sombra.
- Manuel Beiras céntrase no fenómeno da emigración e posúe un pensamento marxista e nacionalista. Obra destacada: O atraso económico de Galicia.
Ensaio Político e Xurídico
Aborda a situación internacional vista desde un punto de vista galego.
- Camilo Nogueira expón os seus discursos parlamentarios e as súas propostas. Obra destacada: Galiza na Unión.
- Barreiro Rivas. Obra destacada: Ciencia política e ética do poder.
Ensaio Histórico
Divulgación sobre a historia e as súas ramas.
- Carlos Bermejo. Obra destacada: O final da historia.
- Beramendi, gañador do Premio Nacional de Literatura Ensaística. Obra destacada: De provincia a Nación.
Ensaio Sociolóxico
- Avión. Aborda problemas da pobreza e a situación social. Obra destacada: O pacto galego.
- Manuel Veiga. Obra destacada: A Ulfe.
Ensaio Cultural
Sobre a historia e institucións culturais.
- Maceira Fernández ocupouse nas Irmandades da Fala. Obra destacada: O Nacionalismo.
- Xurxo Borrazás. Obra destacada: Arte e parte.
Ensaio Didáctico e Pedagóxico
Editáronse traballos de reconstrución histórica e específicos.
- Teresa Núñez. Obra destacada: Da segregación á inclusión educativa.
- Xabier Seoane. Obra destacada: Saudar a vida.
Ensaio Lingüístico
Son obras en galego sobre o galego desde as variadas disciplinas de estudo lingüístico (fonética, fonoloxía, gramática, etc.) e amosan a problemática historia e a conflitiva situación do idioma.
- Ricardo Carballo. Obra destacada: Letras Galegas.
- Alonso Montero. Obra destacada: O porvir da lingua galega.
Ensaio Teolóxico e Filosófico
Contra a actitude das xerarquías eclesiásticas, asístese a unha regaleguización nas capas da Igrexa.
- Araúxo Iglesias. Obra destacada: Memoria de vida.
- Chao Rego. Obra destacada: Introdución ao Xénesis.
Ensaio Antropolóxico e Etnográfico
- Marcial Gondar é o autor sobranceiro neste tipo de ensaio galego, Premio da Crítica no ensaio. Obra destacada: Romeiros do Alén.
- Mariño Ferro destaca na medicina máxica e popular. Obra destacada: Cultura popular.
- Reboredo. Obra destacada: Lendas de tradición oral.
Ensaio Feminista
É a análise da realidade galega a través dun punto de vista feminino e amosa o papel e a imaxe das mulleres na vida social.
- Teresa Barro. Obra destacada: Cartas a Rosalía.
- M. Xosé Queizán é a coordinadora do movemento feminista galego. Obra destacada: A muller en Galicia.
Ensaio Biocientífico e Medioambientalista
Formado por disciplinas como a medicina, a bioloxía, as matemáticas, etc. Presenta un déficit notorio e ten unha función orientativa. No ámbito medioambientalista temos máis obras debido á sensibilidade social existente.
- Obra destacada: Cos pés na terra.
- Daniel Soutullo. Obra destacada: De Darwin ao ADN.