Empirismo e a Crítica de Hume á Metafísica

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 1,12 MB

Características Fundamentais do Empirismo

  • Supremacía da experiencia: É a fonte fundamental do coñecemento; todo o que podemos coñecer provén dela. Pasa a ser, polo tanto, o criterio para establecer a verdade e o límite ata o que pode acceder a razón humana. Máis alá dos datos e información que os sentidos nos proporcionan, a razón non ten nada que facer.
  • Negación da existencia de ideas innatas: A mente humana está inicialmente baleira, é como unha folla en branco onde non hai nada escrito. Nela, dependemos completamente da información proporcionada polos sentidos. O innatismo, polo tanto, é falso: todo coñecemento é adquirido.
  • Interese polo estudo do coñecemento humano: Como consecuencia do impacto da nova ciencia e da fraxilidade de moitos pensamentos filosóficos, estes pensadores ocúpanse de como é posible o noso coñecemento, cal é a súa orixe, os seus límites...
  • Dificultade ou imposibilidade dunha metafísica: Á diferenza dos racionalistas, os empiristas constatan as dificultades para obter un coñecemento metafísico válido; algúns, como Hume, mesmo negan a posibilidade de conseguilo.
  • Ciencias experimentais como modelo: Mentres que os racionalistas tomaban como modelo as deducións matemáticas, os empiristas fixábanse sobre todo no recurso á observación e á experimentación de ciencias como a física.


4P8GanctWqwAAAAASUVORK5CYII=


As Críticas de Hume á Metafísica

Crítica á idea de sustancia extensa

A idea que temos de sustancia é a dunha realidade obxectiva que é o soporte das calidades que causan as nosas impresións. Agora ben, de que impresión provén esta idea? Despois de analizalo detidamente, decatámonos de que, á marxe das impresións particulares de olor, figura, color..., non contamos con ningunha impresión da entidade que se supón que permanece como soporte destas calidades. Se somos coherentes cos principios empiristas, temos que concluír que, como a idea de sustancia non provén de ningunha impresión, esta idea nin se encontra fundamentada nin pode ser considerada válida. É unha ilusión, unha invención da nosa imaxinación, dirá Hume. Afondemos un pouco nisto: Todas as nosas impresións son puntuais e discontinuas, duran un momento e despois desaparecen para lle dar paso a outras. En cambio, da sustancia temos unha concepción continua e estable no tempo. (Pecho os ollos e a impresión da rosa que medra no meu xardín esvaécese, se os abro outra vez, aparece de novo...; isto faime pensar na existencia continua e estable da rosa. Pero, que impresión o fundamenta? Ningunha impresión ten a continuidade que lle atribuímos á sustancia. Non nos queda máis remedio que supoñer que se trata dunha creación da nosa imaxinación que agrupa baixo un mesmo nome (rosa) diversas impresións puntuais (olor, cor, figura, tacto...). A pesar disto, a idea de sustancia é unha invención ou crenza extremadamente útil para a nosa supervivencia.

Crítica da sustancia infinita

A idea que temos de Deus é a dunha sustancia infinita con todas as perfeccións: omnisciencia, omnipotencia, omnipresenza... Agora ben, se lle aplicamos o criterio de validez de Hume, temos que reflexionar sobre a impresión da que pode derivar esta idea de perfección infinita. Segundo Hume, é evidente que sendo as nosas impresións puntuais e concretas, resulta difícil que poidamos ter unha impresión de infinito, posto que ela mesma o sería tamén. Polo tanto, a idea de sustancia infinitamente perfecta queda sen impresión que a lexitime, e hai que concluír que non existe ningún tipo de coñecemento, nin teolóxico nin metafísico, de Deus. Non obstante, Hume recoñece que a relixión e a crenza na existencia de Deus son naturais e necesarias entre os seres humanos.

Crítica á idea de sustancia pensante (o eu)

A idea do eu aínda non fora cuestionada por ningún filósofo. Como poderiamos dubidar da validez da idea que tiñamos de nós mesmos? Non obstante, Hume arremete tamén contra esta idea. Tradicionalmente, en filosofía entendeuse o eu como o suxeito que ten percepcións, pero que é diferente destas. Agora ben, como podemos coñecer a existencia deste eu? De que impresión deriva? De ningunha. Aínda que a alma sexa o suxeito das impresións, non é unha delas. As impresións e ideas sucédense e cambian: agora sentimos frío, despois imaxinamos a cea que tomaremos, inmediatamente lembramos o exame do día seguinte e o desasosego invádenos, etc. Baixo todas as percepcións cambiantes, suponse que o eu permanece estable e idéntico, como núcleo da nosa personalidade. Hume vaino cuestionar, o eu é como calquera idea de sustancia: unha crenza froito da nosa imaxinación que lle dá continuidade e permanencia a aquilo que non a ten.


98ZpZJUxEtAAAAABJRU5ErkJggg==


BYB+ftY6BsTpAAAAAElFTkSuQmCC


D702AAAAAElFTkSuQmCC


Obras Relevantes (Exemplos)

  • Crítica da razón pura: na que expón a súa teoría do coñecemento e a súa reflexión sobre a metafísica.
  • Prolegómenos a toda metafísica futura que queira presentarse como ciencia: onde se expoñían os mesmos contidos, pero de maneira máis accesible e áxil.
  • Que é a Ilustración?: o manifesto programático fundamental deste movemento.
  • Fundamentación da metafísica dos costumes e Crítica da razón práctica: as súas obras de Ética (a base da súa produción filosófica).
  • Crítica do xuízo: síntese ou superación das críticas anteriores.

Entradas relacionadas: