Emerxencias Médicas Comúns: Síntomas, Causas e Identificación
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,96 KB
Intoxicacións
Unha intoxicación é o efecto nocivo dun axente químico sobre unha persoa. As intoxicacións son a causa de máis da metade das mortes de nenos entre 1 e 5 anos. Tamén nas persoas adultas, as intoxicacións son unha causa común de lesións, sobre todo por alcohol, medicamentos e outras drogas. Segundo as vías de entrada, existen diversos tipos:
- Vía dixestiva: cando se produce por vía bucal ou anal. Por exemplo, alimentos contaminados ou en mal estado.
- Vía inhalatoria: ao inhalar gases tóxicos, como o monóxido de carbono.
- A través da pel e mucosas: por absorción cutánea, mordeduras de animais, picaduras de insectos ou drogas como a cocaína.
- Vía endovenosa: o axente causante pasa directamente ao torrente sanguíneo.
Tipos segundo a duración
- Agudas: exposición ou consumo de grandes doses de tóxico. Os efectos son inmediatos e non adoitan deixar secuelas unha vez eliminados do organismo.
- Crónicas: a persoa está exposta a pequenas doses do veleno de forma continuada.
Síntomas comúns das intoxicacións
- Neurolóxicos: dor de cabeza, perda de conciencia, confusión, mareos.
- Respiratorios: tose, sensación de afogo, dor ao inhalar.
- Dixestivos: vómitos, diarrea, falta de apetito, náuseas.
- Cutáneos: sensación de formigueo nas mans, queimaduras.
- Xerais: visión dobre, febre, beizos azulados.
Dor torácica
A dor torácica é unha molestia ou dor que sentimos nalgún punto ao longo da parte frontal do corpo, entre o pescozo e o abdome superior. Debemos ter en conta que moitas persoas con dor torácica senten medo de que sexa un síntoma dun paro cardíaco. Sen embargo, hai moitas causas posibles de dor torácica. Algunhas causas non son perigosas para a saúde, mentres que outras son serias e incluso mortais. Calquera órgano ou tecido no tórax pode ser a orixe da dor, incluído o corazón, os pulmóns ou as costelas. A dor tamén pode irradiar cara ao pescozo, o abdome e as costas.
Signos e síntomas
- Dor persistente no peito.
- Problemas para respirar.
- Pel fría e pálida.
- Debilidade ou mareo repentino.
- Molestias gastrointestinais e vómitos.
- Alteracións no pulso.
Factores de risco
- Idade
- Sexo
- Hipertensión arterial
- Tabaquismo
- Obesidade
- Diabetes
- Exceso de colesterol
Ictus (Accidente Cerebrovascular)
O ictus, tamén coñecido como accidente cerebrovascular (ACV), é un trastorno brusco da circulación do cerebro que altera a función dunha determinada rexión cerebral. Pode producirse tanto por unha diminución importante do fluxo sanguíneo que recibe unha parte do noso cerebro como pola hemorraxia orixinada pola rotura dun vaso cerebral.
Tipos de ictus
- Ictus isquémico: É o máis frecuente. A súa consecuencia final é o infarto cerebral, unha situación irreversible que leva á morte das células cerebrais afectadas pola falta de aporte de osíxeno e nutrientes transportados polo sangue.
- Ictus hemorráxico: É menos frecuente, pero a súa mortalidade é maior. Ocorre cando un vaso sanguíneo no cerebro rompe.
Traumatismo Cranioencefálico (TCE)
Un traumatismo cranioencefálico (TCE) é calquera lesión física ou deterioro funcional do contido cranial, secundario a un intercambio brusco de enerxía mecánica.
Causas máis frecuentes
- Accidentes de tráfico: 75%
- Caídas: 20%
- Lesións deportivas: 5%
O traumatismo cranial pode ser pechado (o obxecto non rompeu o cranio) ou aberto (penetrante). Os síntomas dun TCE poden ocorrer inmediatamente ou presentarse con lentitude en varias horas ou días. Incluso se non hai fractura cranial, o cerebro pode golpear o interior do cranio e presentar un hematoma. A cabeza pode ter un bo aspecto externo, pero poderían presentarse problemas polo sangrado ou a hinchazón dentro do cranio.
Convulsións
As convulsións poden ter moitas causas, como intoxicacións, febre alta, lesións na cabeza e certas enfermidades. As persoas que teñen convulsións recorrentes debido a un trastorno cerebral teñen epilepsia.
Síntomas
Os síntomas que aparecen dependen da parte do cerebro afectada:
- Mareo breve, seguido dun período de confusión.
- Cambios no comportamento.
- Babeo ou espuma na boca.
- Movementos estraños dos ollos.
- Gruñidos e resoplos.
- Perda do control de esfínteres.
- Cambios no estado de ánimo, como ira repentina, medo, pánico, alegría ou risa.
Convulsións febrís
As convulsións febrís son episodios convulsivos que poden ocorrer cando hai febre. Afectan a nenos e nenas de entre 6 meses e 5 anos de idade e son máis frecuentes nos bebés de 12 a 18 meses. Adoitan durar uns poucos minutos e van acompañadas de temperaturas de máis de 38 °C.
Aínda que asustan bastante aos pais, polo xeral, remiten sen tratamento e non provocan ningún outro problema de saúde. O feito de que un neno teña un episodio de convulsións febrís non significa que vaia ter epilepsia ou lesións cerebrais.
Como se manifestan?
Durante un episodio de convulsións febrís, todo o corpo do neno pódese empezar a axitar e a retorcer, pódenselle poñer os ollos en branco e é posible que se queixe ou chegue a perder a conciencia. Este tipo de episodios adoita remitir en poucos minutos, pero en casos excepcionais poden durar ata 15 minutos.
Hipoglicemia
A hipoglicemia significa ter moi pouca glicosa en sangue. A glicosa é un azucre que usamos como combustible, como fonte de enerxía para as nosas células, sobre todo para as do cerebro. Cando unha persoa sofre unha hipoglicemia, as neuronas non poden realizar as funcións que lles corresponden.
Os motivos máis habituais son o xexún, o exceso de exercicio ou a febre. As persoas diabéticas son moi sensibles a estas situacións e, ademais, empregan medicamentos que provocan baixadas de azucre no sangue.
Signos e síntomas
- Sensación de debilidade ou fame.
- Pel pálida e suada.
- Respiración superficial.
- Pulso rápido.
- Cambios de comportamento.