Elementos Clave de la Comunicación y la Lengua Galega

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 45,43 KB

(1º BAC): A Comunicación e a Linguaxe

A comunicación e a transmisión intencional de información mediante un sistema de signos (código) coñecido tanto por quen emite a información (emisor) como por quen a recibe (receptor).

Elementos da comunicación: O lingüista ruso Roman Jakobson estableceu en 1948 os factores ou elementos da comunicación e relacionounos coas funcións da linguaxe como se pode ver no seguinte esquema:

Contexto Función referencial Emisor Función expresiva Mensaxe Función poética Receptor Función conativa Canle Función fática Código Función metalingüística


O emisor é quen inicia o acto de comunicación mediante a transmisión dunha mensaxe dirixida a un receptor utilizando un código común a ambos. O medio polo que se transmite esta mensaxe é a canle e todas as circunstancias exteriores que rodean o acto comunicativo e o contexto.

As funcións da linguaxe teñen moito que ver con onde o emisor decide poñer o interese fundamental da súa comunicación, é dicir, cal destes factores comunicativos cobra maior relevancia no acto de comunicación. Así, se o foco de atención está nos sentimentos do emisor, falamos de que predomina a función expresiva; se o que se pretende é lograr unha reacción do receptor, falamos de función conativa; se o centro da comunicación é o contexto, estamos diante da función referencial; se a intención é comprobar que a canle pola que circula a mensaxe funciona ben, estamos usando a función fática; cando a forma da mensaxe é o principal, o que predomina é a función poética e, finalmente, cando nos centramos no propio código, función metalingüística.

O signo lingüístico foi descrito polo lingüista suizo Ferdinand de Saussure coas seguintes características:

– É biplano: consta de dúas caras estreitamente relacionadas: o significante e o significado. O significante é a parte material do signo, a sucesión de sons que percibimos formando unha “imaxe acústica”. O significado é o concepto ao cal asociamos esa secuencia sonora, é dicir, a “imaxe mental” que creamos ao escoitar, por exemplo, a palabra.

– É lineal: os sons que compoñen o significante desenvolvense linealmente e os signos vanse encadeando, tamén linealmente, na cadea falada.

– É arbitrario e inmotivado: a relación entre significado e significante non responde a unha regra lóxica, e é unha relación inmotivada, froito dun acordo entre a comunidade de falantes que o acepta de maneira arbitraria.

– É articulado: as unidades lingüísticas son susceptibles de dividirse en unidades máis pequenas que poden, á súa vez, ser reutilizadas na construción de novas mensaxes. Así, segmentando mediante dous procedementos de oposición e combinación, podemos falar de dobre articulación da linguaxe:

· A 1ª articulación está formada por unidades que teñen significante e significado.

· A 2ª articulación está formada polas unidades máis pequenas que teñen significante só non significado.

Dentro da 1ª articulación da linguaxe, polo tanto, estarían unidades lingüísticas con significante e significado, de maior a menor: texto, oración, frase, palabra, monema.

Dentro da 2ª articulación estaría a unidade máis pequena, con significante só sen significado: fonema.

Diferencia entre lingua, linguaxe e fala:

Lingua ou idioma: cada unha das manifestacións sociais concretas da linguaxe. Cada lingua é un sistema de signos (un código) e as regras que permiten combiná-los.

Fala: é a utilización que cada individuo pertencente a unha comunidade lingüística fai da súa lingua.


Tema 2 (1º BAC): A Formación da Lingua Galega

2.2. Substrato e Superestrato

2.2.1. Substrato

Chamamos substratos ás linguas dos habitantes da Gallaecia prerromana. A elas superpuxose o latín vulgar e acabaron desaparecendo, deixando nel a súa pegada.

A substitución das linguas prerromanas polo latín vulgar non foi inmediata. Temos que pensar nun longo período de convivencia entre as variedades autóctonas e a lingua dos romanos que favoreceu a influencia, interferencia e hibridación de moitas formas lingüísticas.

A presenza de elementos prerromanos é especialmente abundante na toponimia, tanto por conservar o nome orixinal nos asentamentos existentes antes da romanización como por adoptar, no caso das novas fundacións, o nome común co que se designaba na lingua autóctona.

Distinguense diferentes substratos correspondentes a pobos que foron asentándose na Gallaecia ao longo de sucesivas etapas históricas:

· Substrato preindoeuropeo: cosco, mata, queiroga, carqueixa, carrapuxo, carrasca, balsa, carambelo, meda, coto, amorodo, arando, gandara, etc.

· Substrato indoeuropeo: arredor do 800 a.C.: cabana, páramo, galego (e todo o que leve o sufixo –ego), berce, biya, brizo, buraco, lama, lousa, bidueiro, camba, canga, xeda, croio, goro, greña, maniño, tona, virar, laxe, beizo, terco, tranca, etc.

2.2.2. Superestrato

As linguas dos pobos que se estableceron ou exerceron a influencia no latín vulgar galaico despois da caída do Imperio Romano constitúen o superestrato. Son fundamentalmente dous: o xermánico e o árabe.

Superestrato xermánico: son os restos das linguas dos pobos xermánicos que se estableceron no territorio da Gallaecia cando o Imperio Romano sufría unha gran decadencia. De feito, o primeiro reino xermánico establecido no imperio foi o dos suevos na parte sur do que hoxe é Galicia e no norte de Portugal a principios do século V. Este reino foi absorbido polo dos visigodos un século e medio despois. A consecuencia principal das invasións xermánicas foi a de acentuar as diferenzas que xa había entre os distintos dialectos latinos e acelerar o proceso de evolución que daría lugar ás diferentes linguas romances. Conserven restos de superestrato xermánico no léxico común relacionados co estilo de vida deste pobo (roupa, adobar, frexa, guerra, orgullo, galardón, rico, pantalón), sobre todo, na antroponimia (fernando, alberte, luis, ramiro, elvira, gonzalo) e na toponimia (mondariz, ayariz, guitiriz, sande, castromil, boimil, gomesende, abegondo...).


Superestrato árabe: a invasión musulmana produciuse no ano 711. A batalla de Guadalete, coa vitoria por sorpresa dos africanos, supuxo o fin do reino visigótico e o inicio dunha nova configuración política da península ibérica, que foi practicamente ocupada na súa totalidade en poucos anos polos musulmáns. Galicia (denominada polos invasores musulmáns Jalîkîya) é o único territorio que se mantén á marxe da invasión. A influencia directa do árabe no galego é reducida (palabras como argola, albarda, alforxa, aceite, laranxa, arroba, quintal, maquia, acea, albeite, a expresión d balde), pero os arabismos xérgannos constantemente a través do castelán en cantidade importante en séculos posteriores.

2.3. Principais evolucións fonéticas do latín ao galego.

Algúns dos cambios fonéticos máis importantes que se produciron na evolución do latín vulgar cara ao galego son os seguintes:

Evolución do pl- inicial latino: pluviam > xuvia

Evolución do cl- inicial latino: clavem > xave

Evolución do fl- inicial latino: flamma > xama

Desaparición de -n- e -l- latinos entre vogais: lunam > lua; caelum > ceo

Simplificación das consoantes dobres latinas –nn- e –y-: cannam > cana; peyam > pela

Evolución do grupo consonántico latino –ct-: noctem > noite

Sonorización das consoantes xordas intervocálicas latinas: -p-, -t-, -k- > -b-, -d-, -g-: apiculam > abeya, metum > medo, lacum > lago.

2.4. Cultismos, semicultismos e palabras patrimoniais. As familias léxicas irregulares

As palabras que sufriron todos os cambios fonéticos que se produciron no latín vulgar ata converterse en galego chámanselles palabras patrimoniais. As palabras patrimoniais son as máis antigas e sufriron ao longo do tempo un maior desgaste, polo que a súa forma presenta notables diferenzas con respecto á palabra latina da que proceden (etimo).

Ex.: xeo, xuvia, xave, ceo, xama, lago, noite, arteyo...

As linguas romances, e en xeral todas as linguas europeas, acudiron ao latín para ampliar o seu léxico a medida que estas linguas foron utilizando a actividade intelectual e administrativa que antes era exclusiva do latín. Estas palabras tomadas do latín máis tardiamente e utilizadas en ámbitos moi conservadores e cultos apenas cambiaron formalmente con respecto ao etimo latino: chámanselles cultismos.

Ex.: pluviosidade, clave, celeste, inflamable, lacustre, noctámbulo, regular, artigo...

Ex.: crego, artigo, caraviña, regra, preamar, cravo...

Non é raro que dun mesmo etimo latino teñamos hoxe na lingua palabras que evolucionaron totalmente (patrimoniais), palabras que o fixeron só parcialmente (semicultas) e palabras que se manteñen practicamente idénticas á forma da que proceden (cultas): a estas familias de palabras chámanselles familias léxicas irregulares.

Ex.: persoa, persoal, personaxe, personalizar

dor, doente, doenza, doloroso, indoloro

xave, caraviña, clavícula

arteyo, artigo, artigo

crego, clerical

Tema 3 (1º BAC): A Lingua Galega na Idade Media

3.1. Contexto histórico e situación sociolingüística

O galego é unha destas novas linguas románicas de uso común entre toda a poboación, sen distinción de clases sociais, dun territorio algo máis extenso que a actual Galicia. É unha lingua oral, pois xa os usos escritos aínda se utilizan o latín. Entre finais do século XII e principios do século XIII aparecen os primeiros textos escritos en romance galego tanto ao sur como ao norte do río Miño. Galicia e o novo Reino de Portugal comparten a mesma lingua que, nos séculos seguintes e ata o remate da Idade Media, será a lingua lírica por excelencia da península ibérica.

É importante ter en conta que, tanto política como culturalmente, Galicia é na Baixa Idade Media un territorio moi importante entre os reinos cristiáns: Santiago de Compostela é unha das tres cidades santas da cristiandade e atrae a moitos peregrinos; en Santiago será o lugar onde se coroen varios reis de Galicia e León e, aínda que Galicia deixou de ser un reino independente a principios do século XII, a nobreza galega conserva o seu poder e influencia.

Santiago é tamén un importante núcleo educativo e cultural e a elección do galego como lingua da nova expresión poética cortes (a lírica trobadoresca) importada de Francia ten moito que ver co enorme prestixio cultural que na época tiña Galicia. Durante a Idade Media escribíanse en galego textos de todo tipo, tanto de índole práctica (documentos de compra-venta, doazóns, sentenzas xudiciais, regulamentos gremiais, tratados de veterinaria, textos didácticos, de historia) como de índole literaria (lírica trobadoresca, narrativa).

A finais da Idade Media, pouco a pouco, fóise introducindo o uso do castelán nos documentos escritos, alternando co galego, pero desde mediados do século XV unha serie de circunstancias políticas acelera a substitución do galego polo castelán como lingua escrita ao tempo que se vai introducindo unha nova clase dirixente vinda de fóra que non coñece o galego. É o primeiro paso, xa o establecemento dunha diglosia social entre galego e castelán. O proceso culmina coa política uniformadora e centralizadora dos Reis Católicos.

3.2. Características lingüísticas fundamentais

Abundancia de hiatos resultado da desaparición de consoantes intervocálicas latinas: veer, seer, leer. O galego moderno simplificou estes hiatos nunha soa vogal: ver, ser, ler.

Un sistema de seis sibilantes: vejo, peixe, vossa, casa, lança, lacerar que no galego moderno quedou reducido a tres: vexo, peixe, vosa, casa, lanza, lacerar.

Uso de diferentes grafías para representar o ñ e o y: n, l, ni, li, ny, ly, nn, y.

Vacilación ortográfica entre b/v.

Os substantivos rematados en –or, -ol, -s e –ante non tiñan unha forma específica para o feminino: a miña señor, unha pastora.

Moitos verbos que hoxe son da 3ª conxugación eran na Idade Media da 2ª conxugación: viver, sufrir.

Utilizábase tempos compostos: avia feito.

O verbo haber (aver) tiña tamén o significado de “ter”: “non ey barqueiro nen remador.”

Léxico que xa non se usa: vegada (vez), solaz (prazer), garcetas (trenzas), assaz (bastante), guisa (maneira), fossado (guerra), toyer (quitar)...

(1º BAC): A Poesía Trobadoresca (I)

Entendemos por poesía trobadoresca galego-portuguesa a produción poética medieval feita en lingua galega (ou galego-portuguesa) entre finais do século XII e mediados do século XIV. Constata dun conxunto de 1680 cantigas de tema profano transmitidas por tres cancioneiros manuscritos e 427 cantigas de tema relixioso, as cantigas de Santa María, recollidas en catro códices.

5.1. A poesía profana

A poesía trobadoresca nace no sur da actual Francia, a Occitania, como o produto cultural máis requintado das ricas cortes feudais. É unha arte laica, á marxe do control eclesiástico, que exalta o amor heterosexual e o servizo ás damas como un camiño de perfección do ser humano. Nalgúns lugares prendeu e chegou a ter un desenvolvemento propio, como é o caso das cortes reais e aristocráticas do occidente da península ibérica: a escola trobadoresca galego-portuguesa.

Nace entre finais do século XII e principios do século XIII, inspirada na literatura que estaba de moda en Europa: a lírica trobadoresca occitana. Dela toma o tema fundamental, o amor cortes, así como as formas poéticas e musicais.

Dos tres xéneros que acabamos de mencionar, dous teñen como tema fundamental a expresión do amor entre un home e unha muller: as cantigas de amor e as cantigas de amigo. O terceiro, as cantigas de escarnio e maldicir, teñen como obxecto a crítica burlesca dunha gran variedade de temas: sociais, políticos, literarios, etc.

A cantiga de amor.

Deste xeito, na cantiga de amor a voz poética é sempre a do poeta namorado, considérase un vasalo ao servizo da dama á que nomea como señora. A señora aparece como un ser idealizado, inalcanzable na súa perfección e o poeta sabe que non é merecedor dela, polo que o servizo amoroso é unha fonte de sufrimento que xamais acaba de amor.

A cantiga de amigo.

A voz poética, polo tanto, é a dunha muller (raramente é a voz en 3ª persoa que narra o que sucede entre os namorados) que nos fala, a nós ou a outro interlocutor, da súa experiencia amorosa. Trátase dun amor correspondido, ou con moitas probabilidades de selo, non só espiritual senón tamén físicamente.

As cantigas de escarnio e maldicir.

A sátira política foi utilizada en ocasións para intervir en conflitos que tiveron moita importancia histórica intentando influír na opinión pública. Un exemplo disto serían as cantigas onde Alfonso X critica a covardía dos seus cabaleiros na guerra de Granada, das que temos un exemplo en O Genete.

A sátira social, persoal e de costumes critica as faltas e excesos de personaxes e grupos sociais, moitas veces a partir de personaxes arquetípicos: ex. as sátiras contra os infanzóns e cabaleiros da baixa nobreza, os cabaleiros que non gardan o decoro, etc.

A sátira literaria mostra a estreita relación e interacción que existía entre os trobadores e xograis: críticas ás composicións doutros, sátiras sobre certos tópicos do amor cortes, debates dialogados, acusacións de plaxio ou incompetencia, etc.


TEMA 11 (1º BAC): A LINGUA GALEGA NOS SÉCULOS ESCUROS: CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS FUNDAMENTAIS. CONTEXTO HISTÓRICO E SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA

O galego é a lingua de uso normal en Galicia, tanto no ámbito oral como no escrito, ata o remate do século XV. Consérvanse moitos documentos tanto de carácter público como privado que así o demostran. Que aconteceu para que se deixase de escribir galego e fose substituído polo castelán en Galicia?

En primeiro lugar, teriamos que falar da perda de influencia de Galicia e a súa aristocracia na corte de Castela e León. En segundo lugar, o triunfo dunha política centralizadora e uniformizadora culturalmente da monarquía castelá, que culmina no reinado dos Reis Católicos. A nobreza galega non vía apoiados os seus intereses neste tipo de política e viuse envolta en guerras dinásticas das que saiu moi prexudicada. O resultado foi a drástica perda de poder e a súa substitución por unha nova nobreza fiel á monarquía en moitas ocasións vinda de fóra.

Os historiadores falan dunha auténtica substitución das clases dirixentes en Galicia entre os séculos XIV e XV: a monarquía outorga os postos importantes a persoas do seu círculo que veñen de fóra e non coñecen a lingua do país. O proceso de castelanización comeza nas elites sociais e, durante moito tempo, restrínxese ás clases altas. Axiña será imprescindible falar en castelán para ascender socialmente.

A partir de 1480 non se permite realizar tarefas de escribán sen un exame previo e a licenza do Real Consello. Deste xeito, a partir desta época contrólase con efectividade a lingua na que se escriben os documentos oficiais: o castelán.

A perda escrita do galego, xunto co seu prestixio como lingua con tradición cultural e literaria, prodúcese nun momento crucial para o desenvolvemento das linguas vulgares: o momento en que a imprenta favorece a extensión da cultura escrita.

O galego entre principios do século XVI e principios do XIX segue a presentar unha gran vitalidade en todas as manifestacións da cultura tradicional popular.

Podemos dividir o conxunto da literatura popular en dous grandes bloques:

O Cancioneiro popular: composto por unha gran variedade de composicións de diferentes ritmos e temática: muiñeiras, alalás, cantigas de maio, cantigas de reis, vilancicos, cantigas de sega, de arrieiros, de recollida do liño, satíricas, regueifas, cantigas de berce... Moitas delas vímolas xa encabezando os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

As formas estróficas máis frecuentes son:

  • A copla ou cantiga: catro versos de 8 ou 6 sílabas con rima asonante nos versos pares.
  • O terceto de octosílabos con rima asonante nos versos impares.
  • A muiñeira de hendecasílabos con acentos fixos na 1ª, 4ª, 7ª e 10ª sílabas (hendecasílabos de gaita galega).
  • Os romances: series de versos octosílabos con rima asonante nos versos pares.

A narrativa oral: composta por contos (poden ser maravillosos e lendas).

Características lingüísticas fundamentais

Neste período danse cambios importantes a nivel fonético, morfolóxico, sintáctico e léxico que configuran a lingua que chegará aos nosos días.

Por unha parte, debemos ter en conta que se consolidan as diferenzas co portugués. A falta de intercambios culturais con Portugal e a situación de diglosia co castelán fai que se incorporen moitos castelanismos en todos os niveis da lingua e que se tome como modelo de lingua culta o castelán (e non o portugués, por exemplo, que sería máis lóxico polo seu estreito parentesco).

A redución á lingua oral e a súa expulsión dos ambientes cultos provocará que o galego non modernice e actualice o léxico culto e formal.

Aparece entre o século XVI e XVII un forte sentimento de desprezo ligado á situación de desigualdade social e funcional (diglosia) en que convivía co castelán. Este sentimento afecta en xeral a todo o que ten que ver con Galicia.

Cambios que se produciron con respecto ao galego medieval:

Fonoloxía:

Perda das vogais nasais: irmão pasa a irmao, irmán ou irmá

Perda das sibilantes sonoras: o sistema de fonemas sibilantes queda reducido a: /s/ casa, /0/ zapato, e /∫/ xeito

Conservación do fonema /ts/ chave

Aparición de fenómenos propios como a gheada: o ghato neghro

Morfosintaxe:

  1. Distinción te/che: Vinte na festa pero Vinche o coche na festa
  2. Distinción llo/llelo: Deillo a el pero Deillelo a eles
  3. Xeneralización da desinencia verbal –ches para a 2ª persoa sing. do pret. perf.: Dixeches que virías axiña
  4. Xeneralización da desinencia verbal –o para a 3ª persoa sing. do pret. perf.: Fixo o que debía
  5. Conservación da desinencia verbal –des para a 2ª persoa plural do pres. indic.: Cantades moi ben!

Léxico:

  1. Incorporación de moitos castelanismos na lingua cotiá: Dios, pueblo, jueves, iglesia...

TEMA 12 (1º BAC): O REXURDIMENTO I

A lingua galega no século XIX: contexto histórico e situación sociolingüística. Características lingüísticas fundamentais.

Os primeiros textos en galego deste século son narracións de intención propagandística: antinapoleónica, xurdidas no contexto da Guerra da Independencia: Proezas de Galicia (1810) de José Fernández y Neyra; antiabsolutista e moi crítico coa Inquisición: Rogos dun gallego (1813) de Manuel Pardo de Andrade, chegou a ter unha difusión extraordinaria no seu tempo. O carácter de “lingua do pobo” do galego é tamén aproveitado pragmaticamente nos “diálogos e coloquios” de tendencia liberal que foron moi populares nos anos 20 durante o Trienio Liberal e na restauración constitucional do 1936: Diálogo entre dos labradores gallegos (1823) ou Tertulia de Picaños (1836).

Nas décadas seguintes é frecuente que aparezan textos nos que se reflexione sobre a marxinación do galego no seu propio territorio e se argumente a favor da súa recuperación pública e rehabilitación na súa valoración social: así o fai Xoán Manuel Pintos en A gaita gallega (1853) e Rosalía de Castro no prólogo de Cantares gallegos (1863). O Rexurdimento reivindica o galego como lingua propia de Galicia e fai un esforzo importante por volverlle a dar o brillo e o prestixio necesario, a través da literatura, para que se convirta nun dos elementos simbólicos máis importantes da nación.

O uso literario dunha lingua popular axiña evidenciou a necesidade de ter un modelo de lingua culto polo que guiarse: que formas son xenuinamente galegas e cales non? cal das diferentes variedades de galego utilizar? Como representar as particularidades fonéticas do galego coa ortografía habitual no español? Rosalía declara no prólogo de Cantares gallegos que se deixa guiar polo seu oído e tenta representar o galego que escoitou desde a cuna; Pondal somete o galego da súa terra de Bergantiños a un intenso labor de depuración e enriquecemento por medio de cultismos latinos e gregos; Curros baséase tamén no seu galego de Celanova, non renuncia á expresividade popular pero depurándoo de castelanismos.

É frecuente o uso de apóstrofes e guións: Tal com´as nubes qu´impele o vento; nun-ha

Atopamos vacilacións do vocalismo átono propias da lingua oral popular: delor, préstemos, miniña, sintindo, afertunada...

Ás veces palabras galegas, pero que teñen unha forma moi semellante á castelá, son deformadas para conseguir un aspecto máis galego. A estas alteracións chámanselles hiperenxebrismos: primadeira, brilan, estranas.

Uso de castelanismos: hermosa, dichoso, soledad.

Cara a 1860 aparecen os primeiros dicionarios e gramáticas de lingua galega e a Historia de Galicia (1865-66) de Manuel Murguía adícalle un capítulo ao galego. Algunhas destas gramáticas do XIX, ademais do interese pola lingua, preséntanses a si mesmas como guías útiles para que os forasteiros que viñesen a Galicia solventasen os problemas de comprensión cunha poboación maioritariamente monolingüe en galego.

TEMA 12 (1º DE BACH): O REXURDIMENTO II

A literatura do Rexurdimento

O Rexurdimento é un movemento intelectual, cultural e político que ten como centro da súa preocupación a reivindicación de Galicia como unha entidade cultural e política posuidora dunha identidade propia e diferenciada dentro do estado español. O Rexurdimento literario non pode entenderse sen o previo desenvolvemento dun movemento político coñecido como Provincialismo. O Provincialismo reivindica a Galicia como unha entidade política e cultural diferenciada desde unha ideoloxía de carácter liberal progresista. Nel participaron activamente moitos dos escritores en galego anteriores a Rosalía de Castro como Xoán Manuel Pintos, Francisco Añón ou Alberto Camino. O Provincialismo rematou co fracaso do levantamento militar de Solís (1846) e o fusilamento de moitos dos participantes. A partir dese momento, a reivindicación e a defensa de Galicia convertirase nun movemento literario: o Rexurdimento. Na década dos 50, o Rexurdimento cultural articúlase arredor do Liceo de la Juventud de Santiago e os xornais da época. É no Liceo onde Rosalía entra en contacto con ese ambiente intelectual que promove a cultura e a lingua galegas.

En 1861 organízase na Coruña un certame poético coñecido como os Xogos Florais a instancias dun rico indiano chamado José Pascual López Cortón. Nas bases do certame establécense premios para composicións en galego e en castelán. As composicións presentadas foron recollidas nun volume chamado o Album de la caridad (1862) que foi completado cun “Mosaico de nuestros vates gallegos contemporáneos”. No “Mosaico” atopamos unha nutrida representación de poemas en galego, algúns deles firmados por escritores que protagonizarán o Rexurdimento anos despois, como Rosalía e Pondal.

Os temas que dominan a literatura galega do Rexurdimento xiran arredor de dous asuntos fundamentais:

O problema da identidade cultural diferenciada: aquí entraría tanto a descrición e defensa da cultura tradicional galega na que ocupa un lugar moi importante a lingua (Rosalía e Curros) como a recreación dunha mitoloxía galega (Pondal).

Os problemas sociais que afectaban ás clases populares: entre eles o problema da posesión da terra, as inxustas relacións económicas e de poder entre as clases dirixentes e as clases populares que son a causa da emigración masiva a América.

Adóitase dicir que a 1ª obra en galego de Rosalía de Castro, Cantares gallegos (1863), inaugura o Rexurdimento. A obra é moi importante no desenvolvemento do Rexurdimento, sen dúbida ningunha, pero Rosalía non partiu de nada, senón que se inscribe nunha tradición que daba os seus primeiros pasos.

(1º DE BACH): EDUARDO PONDAL

Eduardo Pondal naceu en Ponteceso en 1835 no seo dunha familia fidalga acomodada. A súa etapa en Santiago serviulle para entrar en contacto co movemento Provincialista no círculo intelectual do Liceo de la Juventud e a participar nalgúns actos con simpatizantes de ideoloxías socialistas, como o Banquete de Conxo (1854) (acto de confraternización entre obreiros e estudantes) no que Pondal pronunciou un discurso no que arremete contra as distincións de clase social.

Foi moi amigo de Rosalía de Castro e Manuel Murguía e, xunto con este, foi un asiduo participante nunha famosa tertulia intelectual na Coruña coñecida como “A Cova Céltica”. Cos seus amigos historiadores, como Murguía, comparte a idea de que Galicia é unha nación de orixe celta con fortes vínculos históricos e culturais con outras nacións da Europa atlántica (celtismo). Baséanse tanto nos restos arqueolóxicos das antigas culturas que aínda quedaban no territorio galego como en vellos textos como o Lebor Gabala Erenn onde se atopa a lenda da conquista de Irlanda por parte do fillo do caudillo galego Breogán. Neste ambiente cultural, Pondal asume o papel de “bardo” e impónse a tarefa de crear un mundo poético onde recrea unha mitoloxía desa antiga Galicia de raíces celtas (bardismo). Para facelo inspírase na poesía dun poeta escocés do século XIX, James Macpherson, quen publicou uns supostos vellos poemas dun suposto bardo gaélico do S. III: Poemas de Ossian (ossianismo). Só queda por comentar outro dos ingredientes básicos da poesía de Pondal: o seu gusto pola poesía épica grega, a súa exaltación da ética guerreira dos pobos antigos (clasicismo) e mesmo a reprodución dunha estética machista onde a fortaleza, a dureza e os valores asociados ao mundo masculino son exaltados e contrapostos á molicie e debilidade feminina.

Debemos entender a poesía de Pondal como unha rama singular do Rexurdimento: comparte o obxectivo de defender os intereses de Galicia e de denunciar a situación de marxinación en que se atopa, pero a diferenza de Rosalía, non o fai mediante a análise crítica da realidade, senón afastándose dela e creando un mundo poético á marxe. Segundo un dos seus estudosos, X.L. Méndez Ferrín, a poesía de Pondal caracterízase fronte aos seus contemporáneos polo seu idealismo e formalismo. Para Méndez Ferrín, de Pondal parte a poesía galega do S. XX e a súa achega á creación dunha lingua literaria foi decisiva.

Obras:

A campana de Anllóns (1862)

Rumores de los pinos (1877), 21 poemas bilingües

Queixumes dos pinos (1886), reelaboración do poemario anterior

Os Eoas (póstumo): trátase dun longo poema épico onde se canta a conquista de América. Traballou nel ao longo de moitos anos, pero nunca se decidiu a publicalo.

(1º DE BACH): ROSALÍA DE CASTRO

Rosalía de Castro naceu en 1937 dunha muller solteira pertencente a unha familia fidalga de Padrón. Sendo unha adolescente trasládase a vivir coa nai a Santiago, onde recibe a educación propia dunha señorita da época: leccións de música, debuxo. Frecuenta o Liceo de la Juventud onde coñece xoves con inquietudes literarias como Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre e participa en actividades teatrais. A vocación literaria de Rosalía maniféstase moi axiña en diversos xéneros (narrativa, ensaio, poesía) e nas dúas linguas que dominaba: o galego e o castelán. Obras publicadas da autora:

La flor (1857) poesía

“Lieders” (1858) ensaio

La hija del mar (1859) novela

Flavio (1861) novela

Varios poemas, entre eles, “Adiós ríos, adiós fontes” publicados en Album de la Caridad (1861)

Cantares gallegos (1863) poesía

A mi madre (1863) poesía

“Conto gallego” (1864) publicado póstumamente en 1924

“Las literatas” (1865) ensaio

Ruinas (1866) novela

El caballero de las botas azules (1867)

“Elexía a John Moore” (1877) poema

Follas novas (1880) poesía

El primer loco (1881) novela

En las orillas del Sar (1884) poesía

Cantares gallegos (1863) é un libro que resume perfectamente o espírito do Rexurdimento:

Defensa de Galicia como unha entidade política fronte á hexemonía de Castela.

Dignificación do pobo galego, obxecto de burlas e estereotipos negativos na cultura española. Denuncia da situación de miseria e das súas causas.

Defensa da cultura galega popular e da lingua galega como vehículo de expresión axeitado, tanto para a expresión desa cultura popular como para usos cultos e formais.

A maneira escollida para levar a cabo este programa non puido ser máis acertada: Rosalía cede a súa voz a diversos personaxes populares, fundamentalmente mulleres, que expoñen en monólogos e diálogos diversos aspectos da súa vida cotiá, as súas precarias condicións materiais e as dolorosas consecuencias do desenvolvemento económico e da inxustiza social: a emigración e separación forzosa, a marxinación, etc.

Só nuns cantos poemas a autora recupera a súa propia voz, como acontece na resposta ao poema de Ruíz Aguilera “La gaita gallega” ou o poema 32 “Somo chove miudiño...”

Cantares gallegos é unha obra cunha estrutura ben pensada: o primeiro poema “Has de cantar...” e o último “Eu cantar cantar cantei...” supoñen o principio e o final dun círculo perfectamente coherente.

Follas novas (1880) Está formado por cinco partes: I Vaguedás, II ¡Do íntimo!, III Varia, IV Da terra, V As viúdas do vivos e as viúdas dos mortos. A 1ª e a 2ª parte están compostas por poemas que tratan temas intimistas e reflexións acerca da propia creación poética. A 3ª parte contén poemas intimistas e poemas sociais, ben de ton humorístico, ben de ton grave. A 4ª e 5ª parte desenvolven, por unha parte, poesía costumista, moi na liña de Cantares gallegos, e por outra, poesía social que presenta diversas circunstancias dramáticas frecuentes na vida das clases traballadoras galegas, especialmente as que afectan ás mulleres, tal e como indica o título da última parte.

Un dos acertos deste libro é misturar a perspectiva obxectiva (costumista, social) coa subxectiva (intimista, existencial, metaliteraria).

Se este compromiso xa era explícito en Cantares gallegos, neste libro adquire dimensións épicas como no longo poema “Prá Habana” ou en “A xustiza pola man”, poema no que se defende o uso da violencia para defender a propia dignidade humana e defender a xustiza nunha estrutura social que ignora aos máis débiles. Por último, quero resaltar a importancia da irrupción das voces femininas na literatura galega e con elas unha particular visión das relacións sociais e íntimas que rexen o mundo. As mulleres son o sector máis marxinal dentro dos sectores marxinais, pois ademais de sufrir a marxinación de clase, a marxinación de pertencer a unha cultura subalterna, sofren a constante marxinación por causa do seu sexo.

TEMA 15 (1º BACH): MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Curros pasou á historia da literatura galega como o poeta cívico, cuxa obra (e vida) está fondamente comprometida coas súas conviccións ideolóxicas e políticas. Naceu en Celanova en 1851 e desde moi novo deu mostras dunha vontade propia para rebelarse contra as inxustizas e así deixa a casa dos pais aos 15 anos e marcha a Madrid onde estuda o bacharelato e inicia a carreira de Dereito. Desta época é o primeiro poema en galego que se conserva: a “Cántiga” (1869).

Entre 1870 e 1871 vive en Londres, exiliado por causas políticas, e gaña a vida ensinando castelán. De volta a Madrid casa e traballa para un xornal ao tempo que participa no movemento político que levará á proclamación da I República en 1873.

En 1877 preséntase a un certame literario convocado en Ourense con tres composicións costumistas: “Unha boda en Einibó”, “A Virxe do Cristal” e “O gueiteiro”. Este período de estabilidade remata a raíz da publicación do seu primeiro libro: Aires da miña terra (1880). En 1888 publica O divino sainete. En 1894 emigra a Cuba onde desenvolverá traballos xornalísticos e levará adiante, xunto co ferrolán Xosé Fontenla Leal, as xestións necesarias para a creación da Real Academia Galega. Morreu na Habana en 1908 e os seus restos foron trasladados á Coruña onde se celebrou un enterro multitudinario.

A poesía de Curros está fondamente implicada nos problemas sociais e cívicos do seu tempo.

Outra liña da poesía do autor é a costumista.

Os poemas líricos chaman a atención no conxunto da obra de Curros pola súa aparente sinxeleza e a sinceridade con que transmiten os sentimentos máis íntimos do poeta, en ocasións relacionados con episodios tráxicos da súa vida: “Na morte da miña nai”, ¡Ai!. Especial mención polo seu simbolismo merece “A Rosalía”.

Por último, O divino sainete recupera a liña burlesca que fora profusamente cultivada na lírica trobadoresca nas cantigas de escarnio e maldicir.


Recursos formais

Dobre: repetición dunha palabra dúas ou máis veces na mesma estrofa, en todas as estrofas e no mesmo lugar.

Mordobre: é un artificio similar ao dobre, só que no canto da mesma palabra usa palabras da mesma familia léxica.

Palabra rima: a palabra ou secuencia de palabras repetida en posición de rima no mesmo verso de todas as estrofas.

Rima derivada: o mesmo que palabra rima, só que en vez de tratarse dunha palabra, trátase de palabras da mesma familia léxica.

O paralelismo: o paralelismo literal dase entre versos que se repiten case idénticos cunha pequena variación como o cambio dunha palabra por un sinónimo. O leixa-pren consiste en repetir o 2º verso da 1ª estrofa como 1º verso da 3ª estrofa, o 2º verso da 2ª estrofa como 1º verso da 4ª estrofa e así sucesivamente.

Polas figuras literarias de pensamento, as máis frecuentes son:

O paradoxo: é a figura que se basea en atentar contra a lóxica, por exemplo, na afirmación de dúas sentencias que se contradín: ex. ora non moiro, nen vivo, nen sei(...)

A perífrase: consiste en empregar unha frase ou oración alusiva no canto de usar a palabra directamente: ex. a que me sempre desamou no canto da mina señora.

A comparación: moitas veces funcionan como simples estereotipos (son sempre as mesmas): ex. a máis fermosa de cantas Deus fixo.

A hipérbole: é unha figura moi importante na poética trobadoresca, tanto nos xéneros amorosos como nos burlescos: ex. acusar a Deus de pecar por permitir que os seus vasalos se namoren sen esperanza. Hiperbólica é toda a narración que fai Eanes Coton sobre a ansia de quedar ben sen gastar de don Fagundo.

A metáfora: o xénero que máis utiliza este recurso é o de escarnio: ex. na cantiga de Xo da Ponte, a metáfora ferrada que perdeu o cadeado é unha clara metáfora dos órganos sexuais de María Balteira, accesibles a calquera.

O símbolo: presente nun pequeno pero importante grupo de cantigas de amigo. Son elementos da natureza (fonte, auga, auga avolta, cervo, lavar cabelos, mar, ondas, flores, aves cantoras) ou obxectos (anel, cinta, rachar a tea do vestido, brial, camisa).

A ironía: consiste en afirmar o contrario do que se pensa con intención de burlarse desa afirmación. O xénero que máis a utiliza é o de escarnio, ex: a 1ª cantiga de Xo da Ponte, quen a sesta quixer dormir, baséase nesta figura.

O equívoco: é a figura que xoga cos dobres sentidos das palabras, provocando ambigüidade e un sentido oculto (ás veces difícil de descubrir) que agacha unha crítica feroz. É o caso da 2ª cantiga de Xo da Ponte, María Pérez, nosa cruzada.

Entradas relacionadas: