Eduardo Pondal: Vida e Obra do Poeta Galego

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,71 KB

Eduardo Pondal: Biografía e Obra do Bardo Galego

Eduardo Pondal é un dos grandes autores da literatura galega do século XIX. Participou activamente na reivindicación dos sinais da identidade de Galicia e defendeu o idioma galego mediante a comunicación. Alenta un afán de compromiso co país, ten un carácter combativo nos seus versos e un gran coñecemento popular. Os seus correlixionarios considérano un bardo (guía do pobo galego) e loita contra o castelán, do mesmo xeito que os celtas fixeran cos romanos. Utiliza tamén o elemento céltico, de gran relevancia na súa obra, e acaba por formar parte do colectivo galego. Unha das súas obras máis destacadas é a letra d'Os Pinos, que se convertería no himno galego, e que resume as ideas de Pondal e os elementos que configuran a súa mensaxe lírica, definíndose poeticamente a si mesmo como bardo.

Biografía

Formou parte do Liceo da Xuventude, onde estivo acompañado doutros mozos progresistas e provenzalistas cos que mantiña unha relación para comprender o celtismo e o pondalismo. En 1862 publícase o Álbum da Caridade, no cal inclúe o seu poema A Campana de Anllóns. Aceptou con entusiasmo a reformulación do pasado da historia de Galicia, que ten como inicio o asentamento dos celtas. O amor á terra e unha forte relixiosidade tamén están presentes.

Queixumes dos Pinos

Poema de carácter cívico que lembra o pasado celta. É unha chamada á liberación do pobo galego, baséase nunha idea iberista, pero tamén na paisaxe.

Elementos Temáticos

  • Celtismo: Defensor do carácter celta de Galicia, o celtismo constitúe un apartado decisivo no seu mundo poético. Aínda que os datos acerca desa celtidade eran escasos, cómpre destacar o personaxe de Breogán. O celtismo pondaliano non é apenas arqueolóxico, senón que recolle as fazañas dos devanceiros que han servir de exemplo valoroso para os galegos modernos.
  • Bardo: Xorde a figura do bardo, que é, segundo o poeta, o punto de partida visionario cuxa misión reside en guiar o pobo. Este tan só pode atopar acougo na relación coa natureza.
  • Natureza: A natureza de Pondal baséase en que o Volkgeist galego reside na relixiosidade panteísta herdada dos celtas. Así é como destaca a voz da natureza, o latexar da terra, que configuran outro aspecto fundamental da súa lírica. A terra constitúe o fogar dos heroes. A través da paisaxe, e singularmente das árbores, o poeta participa de elementos de carácter simbolista.
  • Versos Pondalianos: Os versos pondalianos transmiten sempre unha ética de contraste onde se produce un gran aprecio por todos aqueles elementos que se refiren á virilidade e á enerxía. Isto ten levado a considerar a presenza dunha actitude misóxina. Como consecuencia do desenvolvemento dun mundo épico, a muller vese ocupando un papel secundario.
  • Helenismo: Deste xeito xorde o helenismo, con frecuentes referencias a valorosos guerreiros gregos.

Os Eoas

Obra na que está presente o idioma galego e que o consagra como auténtico vate nacional. Pondal morreu sen que Os Eoas visen a luz, o que foi unha gran frustración, xa que Pondal e os seus correlixionarios considerábana unha das súas mellores obras. N'Os Eoas atopamos un compendio do mundo poético pondaliano. As capacidades idiomáticas da lingua galega están presentes. Pondal une toda Galicia, España e Iberia nun mesmo e a vocación de estender o cristianismo no novo continente. Os Eoas configúranse como unha verdadeira epopea.

Entradas relacionadas: