Eduardo Pondal: Obra, Estilo e Temáticas Clave
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,56 KB
Pondal
Obra poética
A primeira composición en galego que se lle coñece é A campanada de Anllóns, na que un soldado galego prisioneiro en Orán sente a morriña das paisaxes bergantiñás nativas. Colaborou en revistas e xornais con poemas soltos, como A fada dos montes. En 1877 publicou o libro Rumores de los pinos, que incluía 21 poemas: 8 en castelán, 11 en galego e 2 en ambas linguas.
Queixume dos Pinos
Pondal recolleu 91 composicións, das que 89 son en galego e 2 son bilingües.
A temática inclúe a evocación do pasado celta glorioso, a exhortación aos galegos para a loita pola dignidade no presente, a incomprensión da que é vítima o bardo, a morte digna e heroica, e a reivindicación do idioma galego. Os emigrantes galegos en Cuba elixiron Os Pinos como letra do himno.
Os Eoas
Longo poema narrativo onde Pondal canta a fazaña de Cristovo Colón e dos mariñeiros galegos que presuntamente o acompañaron. Constitúe un monumental proxecto literario no que traballou toda a súa vida, pero que deixou inconcluso. Na obra cántanse as fazañas dos Eoas (fillos do sol) e dos Lusíadas (fillos de Luso) na conquista e colonización de América.
As causas da non publicación da obra foron que a neurose progresiva lle provocou un pánico ao fracaso.
Estética e ideoloxía de Pondal
Pondal posúe un estilo moi persoal, orixinal e inconfundible, que toma das correntes simbolistas e formalistas da poesía europea de finais do século XIX.
Nos seus anos universitarios foi demócrata e progresista radical, o que se deduce do seu libro Banquete de Conxo. Tamén se pode pensar que tivo ideas rexionalistas e protogaleguistas. Tras esta etapa xuvenil, limitouse a escribir e vivir coma un fidalgo, mantendo as ideas galeguistas e celtistas.
Principais liñas temáticas
Celtismo
Pondal cría que a base étnica do pobo galego era celta. Os antigos celtas (Breogán, Ith...) son os nosos devanceiros e a orixe da 'Raza Galaica'.
Moitos poemas de Pondal fan alusión aos feitos e figuras dos heroes celtas, reais e inventados, nos que utiliza como nomes e topónimos da súa bisbarra natal, presentados como paradigma da forza, do valor e do sentido da dignidade.
Ao ter Galicia un pobo con historia propia e cun pasado glorioso, as reivindicacións galeguistas son lexitimadas.
Bardismo
Pondal atribúese a si mesmo o papel patriótico e aristocrático do bardo, profeta espiritual que se encarga de guiar o pobo galego.
Os bardos eran sacerdotes-poetas-adiviños celtas que gardaban e transmitían a sabedoría da tribo e informaban do seu pasado ás novas xeracións para inculcarlles o orgullo do clan. Esta temática é unha especie de revelación aos galegos do seu pasado celta glorioso e serve como estímulo e orgullo para loitar contra a escravitude.
Iberismo
Pondal soña cunha unidade ibérica, con Galicia facendo de ponte entre hispanos e lusos. Explícase que a obra Os Eoas se explica nesta perspectiva. O idioma galego serve para establecer un vínculo de unión entre galegos e lusos, por riba da separación histórica.
Misoxinia e machismo
Pensamento abertamente machista, xa que mostra un desprezo pola muller, á que considera unha presa de caza á disposición do home que a queira coller. As relacións amorosas preséntanse como un combate necesariamente violento.
Os adxectivos femininos son asociados a ideas de brandura, elementos cargados de negatividade. Fronte a estes aspectos despectivos, os adxectivos masculinos son sempre positivos, asociados á rudeza e á intelixencia.
Helenismo
Admira profundamente o pasado de Esparta, un pobo guerreiro cun modelo ético a imitar. O helenismo ponse de manifesto na mención a historias míticas da Grecia clásica; en alusión a isto, está o tema da morte heroica e gloriosa.
Misticismo panteísta
A natureza ocupa un papel moi relevante na poesía de Pondal. As árbores, o vento e as aves son capaces de escoitar e de falar. Teñen unha mensaxe ou actúan como confidentes que sincera o corazón do poeta.
Lingua e estilo de Pondal
O seu estilo caracterízase por:
- Adxectivos en oposicións semánticas
- Uso de epítetos
- Elementos naturais como símbolos (liberdade, tristura...)
- Emprego de topónimos e antropónimos
- Escasa utilización de diminutivos
- Uso de cultismos do grego e do latín
- Gusto polos paralelismos e as similicadencias