Eduardo Pondal: Análise da Súa Obra e Estilo Poético
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,78 KB
Eduardo Pondal: Introdución á Súa Poesía
A poesía de Eduardo Pondal, de carácter cívico e patriótico, procura unha mitoloxía que lle devolva ao pobo galego a súa identidade. Volve ás orixes, aos celtas, para asentarse no pasado e avanzar ao futuro. Intenta espertar os galegos para que loiten pola liberdade de expresión cultural e política.
Temas Principais na Obra de Pondal
Celtismo: Raíces e Mitoloxía
- A defensa das raíces celtas, que partiu dos historiadores románticos e da tertulia daCova Céltica, é un elemento nuclear da obra pondaliana ata inventar todo o universo mitolóxico dos heroes celtas.
- Exemplos:Os Pinos,Da Raza.
Helenismo: Valores Clásicos e Virilidade
- Ligado ao celtismo, tivo interese polos gregos e fixo referencia a guerreiros gregos e poetas heroicos da Grecia clásica.
- Toma o espírito militarista de virilidade rexa e forte, aludindo aos piñeiros coma exércitos, e ten unha ética fundamentada en valores espartanos.
- Exemplo:Dos Celtas Antigos.
Bardismo ou Ossianismo: O Bardo Liberador
- Ligado ao helenismo e ao celtismo, Pondal considúrase como un bardo do pobo galego cunha misión liberadora da colectividade galega.
- Os bardos son os condutores, os guías do pobo na súa loita por acadar o destino glorioso do pobo galego, espertándoo da escravitude na que estaba sumido.
- A figura do bardo é un personaxe superior á xente común, aparece de forma sobrenatural ou asociado ás aves. É incomprendido, vive afastado e preto dun dolmen como testemuña do esplendor do tempo pasado.
- Exemplos:As Almas Escravas,Que Barba Non Coidada.
Iberismo: Unha Visión Federalista
- Defende unha idea federalista, cunha confederación ibérica dos pobos libres, na que Galicia terá o papel de forxadora.
- Sitúase no recobrimento pleno, en que se conxuga o desexo de restauración cultural e lingüística co propósito dunha organización política de carácter rexionalista.
- Exemplo:A Vontade Homérica.
Poesía Lírica: Natureza e Muller
A Natureza: Esencia de Galicia
- Busca da esencia de Galicia: a paisaxe, a gándara e o bosque, rica flora e fauna, natureza viva, toponimia bergantiñá, núcleo de Galicia.
- Exemplo:Ao Abrigo do Vento Círcio.
A Muller: Diversas Concepcións
- Concepción dórica: Unha das liñas temáticas, a heroína, as fadas, as mulleres de terra, pastoras, taberneiras.
- Exemplo:Meniña Rapaza Nova.
- Perspectiva propiamente amorosa: Actitude romántica, platonismo, amor e tenrura, sentimentos platónicos, o poeta igual a cabaleiro galante.
- Exemplo:Eu Sei Dunha Doce Meiga.
- Actitude machista: Amor animalizado, a muller como presa do home.
- Exemplo:Pilleina Entre os Pinos Soa.
Obra Poética de Eduardo Pondal
Pondal comezou escribindo en castelán versos romántico-amorosos. A súa primeira composición en galego foiA Campanada de Anllóns.
A súa obra redúcese en dous títulos principais:
- Queixumes dos Pinos (1896): Contén os mellores poemas do seu anterior libroRumores de los Pinos (1877).
- As Eoas: Un longo poema épico dunhas trescentas oitavas reais en versos hendecasílabos, que empezouno sendo mozo.
Despois de morrer, recolléronse os seus poemas inéditos enEduardo Pondal: Novos Poemas (1971).
Liñas Temáticas e Ideolóxicas de "Queixumes dos Pinos"
Inspírase no celtismo e na paisaxe. O tema principal é a recreación lírica dunha orixe mítica e celta do pobo galego. Para forxar un pasado glorioso, bota man dos heroes celtas, Gundar e Brandomil, e dunha mitoloxía que fai renacer a autoestima colectiva de Galicia. A paisaxe da natureza de Bergantiños e elementos temáticos como a muller tamén son relevantes.
Estilo Poético de Pondal
Pondal introduciu numerosos cultismos léxicos do grego e latín, empregando recursos tácticos e expresivos propios da literatura clásica. Os temas dos seus poemas han de ser nobres e harmoniosos.
Principais recursos estilísticos:
- A depuración de castelanismos e a mestura de elementos propios da fala de Bergantiños con cultismos do latín e do grego (algúns son moi pouco usados).
- O uso frecuente de topónimos e antropónimos de resonancias (Niñóns, Gundar) e de alento clásico (Esparta, Tirteo).
- A oposición entre cualificativos, que poden agruparse: o 'férrea', que representa valores positivos, fronte ao 'doce', que son valores negativos.
- A escasa presenza do diminutivo en -iño, sufixo que só aparece nos poemas de corte bucólico ou de tema erótico.
- A substitución dun substantivo por un epíteto.
- O uso de recursos estilísticos propios da literatura culta, coma o hipérbaton e a lítote.
- Uso do símil de procedencia homérica.
- O valor simbólico dos elementos da natureza: as aves e outros animais ceibes, as árbores e o vento. As aves simbolizan a liberdade; as árbores, a imaxe dos bardos e dos guerreiros celtas; o vento e as aves son portadores de memoria.
- O gusto polas similicadencias e polos paralelismos formais.
Métrica na Poesía Pondaliana
A métrica de Pondal é tradicional e emprega formas clásicas como as oitavas reais, o serventesio, quintillas, estanzas, etc. Predominan as composicións en forma de romance, porque é o mellor para transmitir a mensaxe. Utiliza versos curtos coa introdución dun longo.