Economía Europea: Análise do Sector Servizos (Transporte, Comercio, Turismo)

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,52 KB

O sector terciario en Europa

Os transportes europeos

Os transportes de Europa máis modernos e eficaces do mundo son os de Europa Occidental.

Transporte por estrada

Conta cunha densa rede de autoestradas e autovías, o que obrigou a construír infraestruturas de grande envergadura.

Os ferrocarrís

Perderon o predominio no transporte de mercadorías que tiveron noutros tempos, pero o transporte de pasaxeiros continúa sendo importante nos países do oeste e do centro do continente.

Transporte naval

Conta con importantes frotas mercantes.

Transporte marítimo

Ten como centro os portos de Europa. No océano Atlántico destacan os portos de:

  • Rotterdam
  • Anveres
  • Hamburgo
  • Le Havre
  • Ámsterdam

No Mediterráneo:

  • Marsella
  • Xénova
  • Barcelona
  • O Pireo
Transporte fluvial

Desenvólvese por canles navegables e ríos. Os barcos que o sucan modernizáronse e agora utilizan contedores intermodais.

Transporte aéreo

Principalmente de pasaxeiros, orixinou grandes aeroportos como:

  • Londres
  • París
  • Roma
  • Madrid
  • Frankfurt

O comercio interior e exterior

Comercio interior

Realízase de maneira prioritaria entre os países que forman parte da Unión Europea. Tamén é considerable o comercio entre a Unión Europea e o resto dos países do continente.

Comercio exterior

É moi importante. Nel destacan os países da Unión Europea, que ocupan o 1º posto mundial. Este ten lugar principalmente cos países máis desenvolvidos (Estados Unidos e Xapón).

As políticas de transporte e comercio

Política de transporte

A política de transporte da UE propón como obxectivos:

  • Fomentar as redes transeuropeas de transporte (RTE).
  • Potenciar o transporte intermodal e reducir a repercusión dos transportes sobre o medio natural.
  • Mellorar as infraestruturas das rexións periféricas para favorecer a súa integración.

Política comercial

A política comercial da UE baséase no principio de que os países que a integran constitúen un mercado único; as súas políticas comerciais de interior e exterior están harmonizadas:

Política comercial interior

Baséase na unión aduaneira ou eliminación das aduanas entre os distintos países membros.

Política comercial exterior

Inclúe:

  • Un arancel común para os produtos importados de terceiros países.
  • Un sistema de preferencias que reduce ou elimina os aranceis a certos países subdesenvolvidos.

A UE é un membro destacado da Organización Mundial do Comercio (OMC).

O turismo europeo

Emisión de turistas

Débese ao alto nivel de vida, que lle permite a boa parte da poboación gozar de recursos e de tempo libre para o ocio.

Recepción de turistas

Explícase por:

  • A boa rede de transportes.
  • A diversidade do medio físico.
  • A riqueza cultural de Europa.

Modalidades turísticas

Entre as modalidades turísticas destacan:

  • O turismo de praia.
  • O de montaña.
  • O turismo rural e o de espazos naturais.
  • O cultural.

Países máis turísticos

Tanto polo número de turistas coma polos ingresos procedentes do sector, son Francia, España e Italia. Nos últimos anos creceron as viaxes desde Europa Central e Occidental.

Entradas relacionadas: