E. blanco amor

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 1,27 KB

Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897- Vigo, 1979) é un narrador fundamental do século XX. Na súa xuventude relacionouse con Risco, que o levou a entrar en contacto coas literaturas europeas. Emigrou a Arxentina no 1919 e viviu moitos anos en América. / Como poeta ten libros en castelán e galego. Entre a súa obra en galego están: “Romances galegos” (1928), “Poema en catro tempos” (1931) e “Cancioneiro” (1956).Como narrador, Blanco Amor foi máis tardío. Publicou tres libros en galego: “A esmorga” (1959), “Os biosbardos” (1962) e “Xente ao lonxe” (1972). /“A esmorga” é a novela máis popular e lida de Blanco Amor. Tivo que publicarse por primeira vez en Buenos Aires, no 1959, ante a negativa da censura franquista. É unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor. / Pero Blanco Amor tamén foi autor e director de teatro, xénero potenciado polos galegos emigrantes ou exiliados. O seu teatro pretende popularizar a linguaxe dramática e ten intención didáctica. Os temas son variados: o amor, as reflexións sobre a condición humana, a idea de Deus na sociedade actual,... Escribiu: “Farsas para títeres” e “Teatro pra xente”.

Entradas relacionadas: