A Dramaturxia Galega da Posguerra (1936-1976): Autores Clave e a Transición ao Teatro Independente

Enviado por Juan Alfaro Fernández y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en español con un tamaño de 5,03 KB

O Teatro Galego entre 1936 e 1976: Recuperación e Renovación

A Dramaturxia na Década de Recuperación (Anos Cincuenta)

Na década de recuperación dos anos cincuenta, pódense distinguir, na escrita dramática, tres liñas temáticas principais:

  • Teatro Vangardista: É continuadora da liña vangardista de preguerra, onde destacan Otero Pedrayo, Jenaro Marinhas del Valle e Ánxel Fole.
  • Teatro Rexionalista: Trátase dunha tendencia continuista con respecto ás obras anteriores á Guerra Civil, onde destacan Leandro e Uxío Carré Alvarellos.
  • Teatro da Angustia Existencial: Onde destacan Franco Grande, Manuel María e Isaac Díaz Pardo.

O Grupo de Enlace: Conexión coa Renovación

Durante esta época apareceron algúns autores que serven de conexión entre a dramaturxia da preguerra e a renovación que supuxo o teatro independente dos anos 70; son os que conforman o Grupo de Enlace, entre os que destacan Otero Pedrayo e os seguintes autores:

Blanco-Amor

A obra dramática de Blanco-Amor divídese en dous subxéneros:

  • As Farsas: Son obras moi imaxinativas, cheas de elementos fantásticos e satíricos.
  • Os Autos: Son pezas de realismo costumista, que recrean personaxes e situacións tomadas do mundo rural galego.

Tamén escribiu as pezas de Teatro para xente, que presentan un carácter máis popular e ruralista fronte ao vangardismo das anteriores.

Álvaro Cunqueiro

De Álvaro Cunqueiro cabería destacar a publicación de:

  • Función de Romeo e Xulieta, famosos namorados.
  • O incerto señor don Hamlet príncipe de Dinamarca.
  • A noite vai coma un río (unha obra protagonizada por dona Inés e a súa ama Modesta, que acaba coa soidade e a decepción de dona Inés).

Jenaro Marinhas del Valle

Jenaro Marinhas tratou cuestións morais, nas que intentaba educar o cidadán e o pobo para posibilitar a independencia.

Carballo Calero e Manuel María

Carballo Calero publicou en 1963 A farsa das zocas, na que segue a liña de Otero e Castelao e aplica a técnica da farsa a contidos da vida rural e da tradición. Esta peza ten un carácter lúdico, como O redondel.

Manuel María escribiu unha dramaturxia de corte popular, sen complicacións nin complicacións escénicas. Escribiu varias pezas para rapaces como Barriga Verde.

Xohana Torres e Bernardino Graña

Xohana Torres publicou dúas obras:

  • A outra banda do Íber (trata as difíciles circunstancias dos exiliados e dos perseguidos no interior).
  • Un hotel de primeira sobre o río (céntrase no problema da expropiación da terra para que outros se enriquezan, neste caso ao construír un hotel de luxo).

Bernardino Graña intenta que a súa obra sexa apta para todo o público e que conte cunha intencionalidade lúdica e instrutiva.

A Renovación do Teatro Galego: O Teatro Independente

Pero a finais do século XX o teatro experimentou unha gran evolución. Nisto tivo moito que ver o labor dos grupos de teatro independente e os autores da década dos 70. Tamén gozaron de moita importancia as décadas dos 80 e os 90.

O Movemento dos Anos 60 e 70

Nos 60 e os 70 o teatro independente propúxose achegar o xénero dramático ao pobo. As compañías tiñan carácter itinerante e percorrían Galicia con certo afán galeguizador. En 1973, coa I Mostra e o I Certame Abrente de Teatro Galego celebrados en Ribadavia, comeza un cambio de rumbo no teatro galego. Tres anos máis tarde aparece o Centro Coordinador do Teatro Galego.

Autores Destacados do Grupo Abrente

Do grupo Abrente cabería destacar os seguintes autores:

Manuel Lourenzo

Manuel Lourenzo mostrou varias liñas temáticas:

  • A Utilización do Mito: Retoma personaxes e contidos mitolóxicos.
  • O Teatro por Dentro: Problemas sociais e psicolóxicos de actores e directores.
  • O Teatro Sen Palabras: Serie de traballos en que o autor reduce ao mínimo as anotacións e deixa o director dirixir como queira.
  • A Dificultade nas Relacións Interpersoais: Relacións familiares e os problemas da comunicación entre as persoas.
Roberto Vidal Bolaño

Roberto Vidal Bolaño incorpora ao sistema dramático galego elementos populares, avances tecnolóxicos e, ademais, a representación da historia de Galicia en ensinanzas de validez universal. Escribiu moitas obras, por exemplo:

  • Días sen gloria (crítica ao poder alienador).
  • Cochos (illamento dos emigrantes).
  • Saxo tenor, entre outras.

Entradas relacionadas: