Os dous de sempre
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,67 KB
Rañolas e Pedriño son dous rapaces que se coñecen desde cativos. Pedriño é o maior dunha familia con moitos irmáns, e vai vivir coa tía Ádega para estudar para crego. Rañolas é un rapaz moi activo, pero que fica orfo e marcha da vila co seu burro.
Pedriño é moi preguizoso, e ten como única preocupación comer. Abandona os estudos por culpa do latín, e malia que o cacique da vila lle consegue un emprego no concello, é expulsado por lambón. Porén, despois conséguelle un posto na administración de Facenda, a cambio de 100 pesos que lle dá a tía. No novo posto, nunha cidade, non se sinte cómodo, sendo branco das burlas dos compañeiros e do xefe. Con todo, coñece unha rapaza costureira coa que casa e ten un fillo. Non se leva ben coa sogra, e para evitar andar pola casa vai comer por tabernas cun compañeiro do choio, hábito que abandona ao se decatar de que deixa moitos cartos. Nunha ocasión pensa en ser infiel cunha amiga da muller, pero unha persoa anónima ameázao con avisar á sogra e éntralle o medo. Despois ten unha filla. Co paso do tempo, morren a tía Ádega e mais o cacique Don Andrés.
Logo de comezar a roubar pólizas, gastando os cartos en merendolas. Tras ser descuberto, marcha a Arxentina, indo a traballar á Pampa cun curmán seu. Logo de fracasar como tendeiro e como pastor de ovellas, regresa á cidade. Alí abandónase á vida descoidada, até que un día, logo dun soño no que se lle presenta o diaño, intenta asasinar a súa sogra cun coitelo. Desde ese momento dona Filomena comeza a respectalo, e conséguelle un traballo cómodo no concello.
Rañolas marcha como esmolante, e logo de practicar a picaresca polas feiras cunha parella, e de cruzar os Pireneos cun afiador ourensán, chega a Lourdes. Alí pasa un tempo aforrando cartos, e logo de pasar unha noite en Bayonne, chega a París. Logo duns días vagueando e coñecendo a cidade, comeza a vender prensa. Logo dun encontro co afiador, éntralle morriña, e pensa en regresar a Galiza para traballar de reloxeiro.
Cos cartos aforrados, vai a un cirurxán para que lle corte as pernas e lle instale unhas próteses. Despois monta a reloxería, e comeza a frecuentar a burguesía da vila. Porén, logo de ler A conquista do pan de Kropotkin e Les Ruines de Volney, devén en anarquista. Incómodo coa que entende como a súa escravitude en mans do capital, decide suicidarse, facendo estourar unha bomba na súa casa, deixando escrito na parede a palabra ¡PROTESTO!.
A obra ten unha estrutura marcada polo paralelismo e unha técnica semellante a Cousas. Presenta unha concepción determinista do ser humano, na cal as condicións sociais e a familia determinan a psicoloxía e o devir futuro dos protagonistas.
Está dividida en 44 capítulos, acompañados de cadansúa ilustración do propio autor.
Personaxes[editar | editar a fonte]
Está centrada na vida de dous protagonistas dende a infancia ata a madurez, con dúas personalidades contrapostas; dúas historias paralelas que seguen camiños diferentes. Os protagonistas presentan dúas perspectivas da condición humana:
- Rañolas é un idealista. Malia ser eivado das pernas, sen pai e cunha nai borracha, é agudo, activo e emprendedor, e loita por unha vida mellor e por superar os seus problemas.
Pedriño é un conformista. O fillo máis vello dunha familia pobre, vive cunha tía que o protexe de máis. Lacazán, comellán, ve pasar a vida sen ningún obxectivo.- A tía Ádega.
- O cacique, don Andrés.
Dona Filomena, a sogra de Pedriño. Manda no xenro e goberna na casa.
Espazo[editar | editar a fonte]
A acción comeza nunha pequena vila mariñeira. A comezos do século XX, aínda era visible o ambiente rural nas pequenas poboacións urbanas. Con todo, o ambiente máis descrito é o París urbano de mans da viaxe de Rañolas. Tamén aparece reflectida a Pampa arxentina, e a cidade onde marcha Pedro e máis tarde vai traballar Rañolas.