Dominando os Textos Expositivos e Argumentativos: Estrutura e Aplicación

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Español

Escrito el en español con un tamaño de 3,83 KB

Dominando os Textos Expositivos: Características e Aplicacións

Definición

É un tipo de texto que ten como finalidade transmitir información de xeito rigoroso.

Estrutura

Consta de tres partes:

  • Introdución: É a parte inicial. Nela preséntase o tema que se vai tratar, así como o propósito que se persegue.
  • Desenvolvemento: Nela exponse a información que se quere transmitir, seguindo a orde establecida e con exemplos. Explícanse conceptos e datos que configuran a exposición.
  • Conclusión: É a parte final. Contén un resumo das ideas expostas. Ás veces inclúe unha valoración persoal.

Tipo de Linguaxe

Empréganse os seguintes recursos:

  • Uso dun léxico axeitado (linguaxe estándar) ao contido e que sexa comprensible para o receptor ao que o texto vai destinado.
  • A organización da información e dos contidos en apartados e subapartados.
  • A presenza de elementos gráficos que axudan a entender a exposición: esquemas, diagramas, fotografías e ilustracións.

Uso de Conectores Lingüísticos Específicos

  • Conectores de orde espacial: arriba, abaixo, en primeiro termo, á esquerda...
  • Conectores de orde cronolóxica: despois, antes, a continuación...
  • Conectores de orde enumerativa: por un lado, por outro, asimismo, primeiro, segundo...
  • Conectores de orde causal: polo tanto, posto que, porque, así...

Clases de Textos Expositivos

  • Divulgativos: Están dirixidos a receptores non especializados (revistas, xornais). Utilizan un vocabulario estándar.
  • Especializados: Están dirixidos a receptores especializados no tema (revistas de medicina, informática, dereito...). Utilizan un vocabulario máis culto e científico.

Comprendendo os Textos Argumentativos: Estrutura e Tipoloxías

Definición

É un tipo de discurso que ten como finalidade defender unha idea ou unha opinión achegando argumentos.

Elementos

Distínguense os seguintes elementos:

  • Obxecto: É o tema sobre o que se argumenta.
  • Tese: É a opinión que sostén o emisor sobre o tema tratado.
  • Argumentos: Son as razóns que o emisor dá para defender a tese. Son de dous tipos:
    • Argumentos racionais: Baseados no razoamento.
    • Argumentos afectivos: Baseados nas emocións persoais e nos sentimentos.

Estrutura

Distínguense as seguintes partes:

  • Introdución: É a parte na que se presenta o tema e se intenta captar a atención do receptor.
  • Exposición: Contén a tese e os feitos relevantes relacionados con ela.
  • Corpo da argumentación: É a parte esencial do texto. Nel móstranse os argumentos que serven de apoio á tese.
  • Conclusión: É a parte en que se reafirma a tese e se resumen os argumentos expostos.

Tipos de Textos Argumentativos

  • Administrativos: Solicitude ou instancia. Utilízanse para solicitar algún servizo da administración.
  • Xornalísticos:
    • Cartas á dirección: Recolle o punto de vista dun lector.
    • Artigo de opinión: Opinión sobre un determinado tema por parte dun experto.
    • Editorial: Opinión do xornal en que se publica.
  • Humanísticos: Ensaio: é un escrito no que o autor expón as súas ideas sobre un tema de xeito argumentativo.

Entradas relacionadas: