Documentos e Organización Territorial: Xeografía Política de España
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 13,71 KB
Documentos Xeográficos
Tipos de Documentos
- Documentos cartográficos: Mapas e planos urbanos
- Documentos audiovisuais: Fotografía, vídeo, anuncios publicitarios, etc.
- Documentos gráficos: de liñas, de barras e de sectores.
- Documentos escritos: diferentes tipos de táboas e textos.
Poden presentarse de xeito analóxico ou dixital (máis característico dos Sistemas de Información Xeográfica - SIX).
Documentos Cartográficos: Proxección, Orientación e Exposición
Para representar a forma esférica da Terra nunha superficie plana, necesitamos facer unha proxección. Todas as proxeccións distorsionan dalgún xeito a realidade. O sistema de proxección máis frecuentemente usado é a de Mercator, orientada cara ao Norte e centrada en Europa. Hai diferentes tipos de orientación de mapas, e todos eles son correctos. Unha orientación alternativa é a de situar o Sur na parte superior do mapa. Existen formas alternativas de expoñer a realidade, diferentes á predominante, que sitúa a Europa no centro. Isto axúdannos a ver que os mapas son só unha representación da realidade e non a realidade; tamén nos axudan a entender a diversidade cultural e evitar prexuízos.
Escala
A escala amosa a relación entre o tamaño dun elemento na realidade e o tamaño na súa representación.
- Escala grande: Menos territorio e máis detalle (entre 1:1.000 e 1:50.000).
- Escala pequena: Máis territorio e menos detalle (entre 1:500.000 e 1:50.000.000).
Lenda
Na lenda recóllese a relación entre os signos do mapa e os elementos da realidade que representan.
Mapas Topográficos
Amosan tanto elementos naturais como artificiais. A súa característica fundamental é que dan información en altitude a través das curvas de nivel, que son isoliñas que unen puntos da mesma altitude.
Mapas Temáticos
Amosan un tema en particular conectado cunha área xeográfica específica.
- Mapas cuantitativos: cantidades dun elemento nun determinado espazo (densidade de poboación, temperatura). A información pode ser absoluta ou porcentual.
- Mapas cualitativos: características dun elemento nun determinado espazo (clima, escolas, tendas, campos de fútbol).
Tipos de Mapas Temáticos
- Mapas de distribución:
- Corocromático: amosa información cualitativa por medio de diferentes cores.
- Coroplético ou de coropletas: amosa información cuantitativa por medio de diferentes tons dunha mesma cor que varían en relación á cantidade amosada.
- De isoliñas: amosa información cuantitativa por medio de curvas que unen puntos do mesmo valor.
- De símbolos: usa diferentes símbolos ou figuras para amosar a información no espazo.
- De símbolos proporcionais: amosa información cuantitativa usando símbolos cuxo tamaño varía en función da cantidade amosada.
- Mapa de frechas ou fluxos: amosa movemento dun lugar a outro a través da dirección da frecha.
Planos Urbanos
Un plano urbano é unha representación dun lugar que se diferencia do mapa en que usa unha escala maior e a realidade está menos distorsionada.
Documentos Gráficos
- Tipos: Liñas, barras e sectores.
- Obxectivo: Representar a evolución dun fenómeno ou representar a magnitude ou distribución dun fenómeno.
Documentos Escritos
Táboas e textos.
Documentos Visuais
Fotografía: Convencional ou aérea e satélite.
Como Comentar un Documento Xeográfico
- Define o tipo de documento (cartografía, gráfico, etc.) e o subtipo de documento (mapa de coropletas, gráfico de sectores, etc.). (O documento é…)
- Identifica a fonte (a autoría) do documento. (A fonte é…)
- Identifica o tema. (Trata de…)
- Resume e analiza a información amosada na fonte.
- Tira unha conclusión. (Polo tanto…/En conclusión…/Para resumir…)
- Dá unha opinión razoada. (Eu penso que…/Na miña opinión…)
Formas de Organización Territorial
O Estado como Forma de Organización Política
O Estado é a forma fundamental de organización da sociedade, consiste no conxunto de institucións políticas e administrativas. A Nación é o colectivo que comparte a mesma identidade. Pode haber estados plurinacionais, e dentro destes, as nacións poden convivir pacificamente ou non.
Funcións do Estado
- Soberanía: Atributo básico do Estado polo que el representa a autoridade superior no seu territorio.
- Territorio: Definido polas súas fronteiras (terrestres, marítimas e aéreas).
- Funcións: Defender os intereses do país no ámbito internacional e garantir o benestar dos cidadáns.
Organización do Estado
Os estados organízanse de forma diferente:
- Segundo a organización do seu territorio: estados unitarios ou centralizados e estados descentralizados.
- Segundo quen sexa o xefe de Estado: monarquía e república.
- Segundo a relación entre goberno e relixión: estados laicos, estados confesionais e estados teocráticos.
- Segundo o modo no que exerzan o poder: réximes democráticos e réximes ditatoriais.
Territorio
Os estados centralizados son aqueles nos que o goberno central concentra o poder. Os estados descentralizados son aqueles nos que se reparte o poder entre un goberno central e diferentes gobernos territoriais. Os estados descentralizados poden ser estados confederados ou estados federais.
Xefatura de Estado
Denomínase monarquía ao estado cuxa xefatura recae nun rei ou raíña, e república, ao estado cuxa xefatura recae nunha persoa elixida pola cidadanía mediante votación.
Estado e Relixión
Os estados laicos son aqueles nos que existe unha separación total entre o estado e a relixión; os estados confesionais son aqueles nos que existe unha relixión oficial, mais permítese calquera outra relixión; e os estados teocráticos son aqueles nos que non hai diferenza entre estado e relixión, só existe unha relixión oficial e non se pode practicar ningunha outra. En España úsase unha categoría diferente: o estado aconfesional.
Exercicio do Poder
Os estados poden organizarse en estados democráticos (a cidadanía participa no goberno, existe un estado de dereito e división de poderes) e estados ditatoriais ou ditaduras. Os principios de organización nos réximes democráticos son:
- Participación da cidadanía.
- Estado de dereito.
- División de poderes.
Características dos Estados Democráticos
- Participación cidadá: o pobo é soberano (ten poder para gobernarse). Pobos pequenos poden exercer a democracia directamente, mais as sociedades máis complexas teñen unha democracia representativa. Nas democracias representativas, o pobo participa de xeito cotiá e tamén mediante o sufraxio universal en eleccións e referendos. A cidadanía elixe un goberno entre diferentes partidos políticos, e o tempo que está un goberno no poder estatal ata convocar novas eleccións denomínase lexislatura.
- Estado de dereito: Nos estados democráticos, tódolos cidadáns han de gozar dos mesmos dereitos e deberes, e hai división de poderes.
- División de poderes: Existen tres poderes:
- Lexislativo: elaborar e aprobar as leis. Adoita ter a súa sede no Parlamento.
- Executivo: Corresponde ao goberno. A súa función é poñer en práctica as leis aprobadas polo Parlamento, así como dirixir a política interior e exterior do Estado.
- Xudicial: Corresponde aos tribunais, que garanten o cumprimento da lei.
Organización Territorial en España
- A Constitución española e a organización do Estado.
- A organización territorial de España: as divisións territoriais.
- A organización política e territorial de Galicia: o Estatuto de Autonomía e as institucións de Galicia.
A Constitución Española e a Organización do Estado
En 1975, tras o fin da ditadura franquista, comeza un proceso político de transición democrática. Destaca a aprobación da Constitución en 1978, que converte a España nun estado descentralizado, monárquico, aconfesional e democrático.
- A Constitución española de 1978: Lei fundamental pola que se rexe o sistema de goberno de España. Ten as seguintes características: soberanía nacional, división de poderes e garantía das liberdades e os dereitos básicos dos cidadáns.
- A organización política do Estado: organízase arredor de tres grandes poderes: lexislativo (as Cortes Xerais - Congreso dos Deputados e Senado), executivo (o goberno - o presidente e os ministros) e o xudicial.
Poder Lexislativo
Elabora e aproba as leis, elabora os orzamentos xerais do Estado e elixe ao Presidente. Os seus representantes son elixidos democraticamente por sufraxio universal e forman as Cortes Xerais, que se dividen en dúas cámaras: Congreso dos Deputados e Senado.
Poder Executivo
Executa as leis elaboradas e aprobadas e dirixe a política interior e exterior. Reside no goberno, formado polo presidente e os ministros.
Poder Xudicial
Aplica as leis e garante a xustiza dos cidadáns. Entre os seus órganos destaca o Consello Xeral do Poder Xudicial, elixido polas Cortes, que nomea aos xuíces dos diferentes tribunais e controla e administra xustiza.
A Organización Territorial de España
Actualmente, trátase dun estado descentralizado no que o poder se reparte entre o Estado central e as diferentes divisións territoriais con capacidade de goberno: as comunidades autónomas, as provincias e os municipios.
Administración Autonómica
As comunidades autónomas son entidades territoriais creadas a partir da Constitución de 1978 para garantir o autogoberno.
Administración Provincial
As provincias son entidades territoriais nas que se dividen as comunidades autónomas. O órgano de goberno é a Deputación Provincial, formada por un presidente e os alcaldes.
Administración Municipal
Son as unidades territoriais e administrativas máis elementais do Estado. O órgano de goberno é o concello, formado polo alcalde e os concelleiros e ubicado na casa do concello.
A Organización Política e Territorial de Galicia
O Estatuto de Autonomía de Galicia foi aprobado en 1981. Ten categoría de Lei Orgánica do Estado, o rango máis importante despois da Constitución. No Estatuto regúlanse as seguintes cuestións:
- Símbolos (bandeira, escudo e himno), delimitación territorial, denominación, organización e sedes, idiomas cooficiais (castelán e galego).
- Institucións: Asemblea Lexislativa ou Parlamento autonómico, Goberno autonómico (Xunta de Galicia, co presidente e os conselleiros) e Tribunal Superior de Xustiza. Tamén Valedor do Pobo, Consello de Contas e Consello de Cultura. O delegado do goberno representa ao goberno central.
- Competencias: poden exercerse de xeito exclusivo ou compartido.
- Relación co Estado: o Estado das autonomías baséase na igualdade territorial e na solidariedade.
- Importancia da parroquia como elemento da organización territorial de Galicia.
Glosario
- BRIC’S
- Organización intergobernamental e bloque xeopolítico.
- Comunidade Autónoma
- División político-administrativa do territorio.
- Espazo Schengen
- Área de libre circulación.
- Fondos Estruturais
- Instrumentos financeiros da política rexional da Unión Europea destinada a promover un desenvolvemento harmonioso do conxunto da Unión Europea.
- G20
- Foro intergobernamental. Reúnense xefes de Estado, gobernadores de bancos centrais e ministros de finanzas para tratar temas de gran importancia en relación coa economía global.
- Movementos Antiglobalización
- Movementos sociais formados por activistas procedentes de distintas correntes políticas.
- Municipio
- Unidade territorial-administrativa máis básica.
- Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
- Conxunto de 17 obxectivos de desenvolvemento humano programados pola ONU para atallar unha serie de problemas mundiais.
- Ortofotografía/Ortofoto
- Termo que significa fotografía correcta. Representación fotográfica aérea ou satélite dunha zona da superficie terrestre.
- Parroquia
- Unidade administrativa de base relixiosa católica.
- Provincia
- Entidade territorial administrativa formada pola agrupación de municipios.
- Sistema de Información Xeográfica (SIX)
- Ferramenta informática que permite almacenar, xestionar, analizar, editar e amosar información xeográfica dunha rexión.