Documentación Fundamental para a Xestión e Organización de Centros Educativos
Enviado por Chuletator online y clasificado en Magisterio
Escrito el en
español con un tamaño de 3,42 KB
Normas de Organización e Funcionamento (NOF)
As Normas de Organización e Funcionamento (NOF) son o documento que regula a organización da convivencia e o funcionamento do centro. Deberá incluír todas as normas que garantan o cumprimento do Plan de Convivencia establecido no PEC. O NOF deberá actualizarse cada ano e deberá coñecelo todo o persoal do centro.
Aspectos clave que debe incluír o NOF:
- Recursos humanos e funcións: Concretan de maneira máis específica as funcións e responsabilidades da dirección e do equipo educativo.
- Normas de funcionamento do centro: O calendario escolar, horario, normas de entrada e saída, o comedor, os grupos e ratios, e as relacións coas familias.
- Dereitos e deberes das persoas usuarias: Os dereitos dos pais e nais estarán recollidos nun documento específico.
- Normativa de admisión: Os criterios de admisión, procesos de preinscrición e matriculación, condicións polas que un neno ou nena pode causar baixa do centro e as cotas.
- Normas hixiénico-sanitarias: Serie de normas que as familias deben cumprir obrigatoriamente.
- Protocolos: Procedementos normalizados que os profesionais deben seguir ante unha situación concreta.
Proxecto Educativo de Centro (PEC)
O Proxecto Educativo de Centro (PEC) é o documento no que se reflicte a identidade e o ideario do centro, concrétase a súa finalidade, establécese a súa estrutura organizativa e recolle a súa proposta educativa. Este documento contextualiza o marco xeral de actuación do centro e, a partir del, estrutúrase a súa vida cotiá. Será de coñecemento indispensable e uso sistemático para todos os profesionais do centro.
Estrutura do PEC
Estrutúrase nuns apartados que describen as características do centro:
- Señas de identidade.
- Obxectivos xerais.
- A estrutura organizativa.
Documentos esenciais para a organización pedagóxica e de convivencia
Estes agrúpanse en:
- Proposta pedagóxica.
- Proxecto lingüístico.
- Proxecto de calidade.
- Plan de convivencia: Debe incluír as características do centro educativo e o entorno, o estado da convivencia do centro, os obxectivos do plan e as accións previstas para logralos, o procedemento de actuación nos casos nos que se produzan alteracións da convivencia, os mecanismos para a difusión do plan, e a avaliación anual con propostas de mellora.
Proposta Pedagóxica
A Proposta Pedagóxica é o documento no que se recollen de maneira detallada as intencións educativas do centro e a maneira de abordalas.
Elementos e Fases da Proposta:
- Que ensinar? Adaptación de obxectivos.
- Cando ensinar? Secuenciación e organización dos contidos.
- Como ensinar? Determinar a metodoloxía pedagóxica.
- Con que ensinar? Organización dos recursos.
- Como atender as necesidades de apoio educativo? Atención á diversidade.
- Como intervir coas familias? Coordinación familia-escola.
- Que, cando, como e con que avaliar? A avaliación.