La Diversificación Social y Económica en la Era de la Industrialización
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia
Escrito el en
español con un tamaño de 3,12 KB
Aproximación Sociolóxica
Prodúcese unha diversificación económica, que dá lugar a unha diversificación social. A industrialización crea unha primeira diferenciación social entre burguesía e proletariado. Hai unha libre relación entre a burguesía e o liberalismo. A primeira posición histórica e política da aristocracia é anti-liberal, é dicir, manifestarse contra esta, xa que non se quere perder os privilexios. A burguesía, polo contrario, ten o seu proxecto propio no liberalismo.
Consegue o apoio da nobreza na defensa da orde liberal, cunha alianza na medida na que se supera a derrota do Antigo Réxime e na medida en que ambas coinciden no liberalismo fronte á democracia. Denominan “crases perigosas” a certos grupos que hai que controlar. Pola súa parte, o campesiñado incorpórase moi tardiamente a esta loita política.
A clase obreira atopa un referente político propio de maneira precoz. Dado que os obreiros están excluídos do sistema liberal, poderían ser os que “quixeran democracia”. Pero isto non é así, porque a clase obreira atopa un referente político propio, pensado para ela mesma, que é o socialismo. Previamente a este, a clase obreira participa en forma de rebeldía, de loita sindical, pero sen contidos políticos claros.
Vemos enfrontadas as clases altas (burgueses e nobres) ás clases baixas (campesiños e obreiros). Entre elas, as clases medias. Comeza a ser aplicado en Inglaterra na industrialización para “os novos ricos” coa empresa industrial. Hai sectores que explican moi ben o nacemento, o crecemento, a multiplicación de persoas que van a formar parte desta clase media.
Ejemplos de Clase Media
- Transportes: O ferrocarril, que require moita man de obra; unha vez que se pon en marcha, hai diferentes traballadores, como o maquinista. Estes non son considerados obreiros en sentido estrito, ao igual que o xefe de estación ou o controlador. Son de clase media.
- Comercio: Aparecen pequenos comerciantes e contables, que non son obreiros.
- Administración: Entre 1820 e 1870, o número de funcionarios en EEUU multiplícase por vinte. Todos eles son traballadores, pero non son obreiros.
Calquera outro tipo de profesión estable e cualificada; se nos vamos xa á Segunda Revolución Industrial, os diferentes novos sectores fan que se multipliquen estes traballos técnicos. Esta clase media é considerada, como conclusión, a “infantería da democracia”. E unha democracia non funciona sen unha clase media que equilibre as diferenzas sociais. O impulso da democracia esixe clase media.
O que se produce é unha clase media excluída politicamente do liberalismo e que empeza a loitar polo sufraxio universal.