A Ditadura de Primo de Rivera e a Caída da Monarquía

Enviado por manolo y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,58 KB

Directorio Civil (1925-1930)

  • Preténdese consolidar o réxime mediante a constitución dun directorio integrado por civís vinculados á Unión Patriótica.
  • Medidas do Directorio Civil

    • Instauración dun réxime corporativo

      • Intento de instauración dun réxime corporativo á imitación do fascismo italiano.
      • Constitución dunha Asemblea Nacional consultiva.
      • Creación da Organización Corporativa do Traballo (comités paritarios).
    • Potenciación do Desenvolvemento Económico

      • Potenciación do desenvolvemento económico aproveitando a favorable conxuntura internacional.
      • Intervencionismo estatal: proteccionismo, fomento das obras públicas, apoio á actividade industrial e mineira.
    • Redución da Conflitividade Social

      • Redución da conflitividade social.
      • Represión dos opositores, comités paritarios e ampla política social populista.
    • Defensa da Unidade de España

      • Defensa da unidade da patria para garantir a unidade de España.
      • Represión das manifestacións e reivindicacións nacionalistas.
      • Radicalización das posturas políticas nacionalistas.
    • Rexeneración do Réxime da Restauración

      • Rexeneración do réxime político da Restauración.
      • Reforma da administración pública e creación da Unión Patriótica.
      • O vello caciquismo cambia de forma pero mantense.
    • Solución ao Conflito de Marrocos

      • Solución ao conflito de Marrocos.
      • Intento de negociación da paz e unión con Francia na ofensiva militar.
      • Derrota dos marroquís e sinatura da paz.

Fin do Réxime de Primo de Rivera

  • Notable incremento da oposición política dende que a ditadura trata de perpetuarse:
    • Republicanos: Alianza Republicana, ORGA, ERC.
    • Políticos liberais: Sanjuanada.
    • Nacionalismos periféricos: radicalización sobre todo do nacionalismo catalán.
    • Estudantes e intelectuais: FUE.
    • Anarquistas: FAI.
    • Militares do Corpo de Artillaría.
    • PSOE e UXT.
  • Efectos negativos da crise económica de 1929.
  • Dimisión e exilio de Primo de Rivera en xaneiro de 1930.

Caída da Monarquía (1930-1931)

  • Afonso XIII intenta resucitar o réxime restauracionista encargando o goberno ao xeneral Dámaso Berenguer. Ditabranda.
  • Lentitude do novo goberno á hora de realizar as reformas necesarias para restablecer as liberdades.
  • Auxe do republicanismo na sociedade española, sobre todo nas cidades.
  • Pacto de San Sebastián (agosto de 1930): partidos republicanos, nacionalistas e antimonárquicos únense co obxectivo de derrocar a monarquía e establecer unha república parlamentaria.
  • Intentos frustrados de establecer a república pola forza.
  • Crecente axitación social e política.
  • Dimisión de Berenguer e nomeamento do almirante Aznar.
  • Convocatoria de eleccións municipais para o 12 de abril de 1931, consideradas como un plebiscito sobre a monarquía.
  • Triunfo da coalición republicano-socialista no ámbito urbano.
  • Proclamación da República o 14 de abril de 1931.

Entradas relacionadas: