Distribución da Precipitación en España: Zonas Húmidas, Secas e Áridas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,38 KB

Análise do Mapa Corocromático de Precipitacións

Este é un mapa corocromático da Península Ibérica no que, mediante diversas cores, se representan as zonas que na península e nos arquipélagos reciben a mesma cantidade de precipitación total anual.

Conceptos Clave

  • As isohietas son liñas que unen puntos que reciben a mesma precipitación.
  • Os grupos de precipitación veñen expresados en milímetros (mm).

Tendencias Xerais da Precipitación

En xeral, podemos apreciar que a precipitación diminúe de norte a sur e de oeste a leste. Isto débese a que a maioría das frontes de chuvia entran polo noroeste e que, cando chegan ao sueste, se atopan moi debilitadas por ter que atravesar a Meseta e os seus rebordos montañosos.

Clasificación das Zonas de Precipitación

Á marxe dos seis grupos que aquí se nos ofrecen, podemos diferenciar tres grandes conxuntos ou, mellor dito, tres «Españas» climáticas: a húmida, a seca e a árida ou semidesértica.

1. A España Húmida (Máis de 800 mm anuais)

Esta zona abrangue toda Galicia, a Cornixa Cantábrica, as estribacións dos Pireneos e as maiores alturas dos sistemas montañosos. Coincide principalmente co clima oceánico.

Causas da Humidade

  • No caso de Galicia e a Cornixa Cantábrica, débese a que as frontes penetran na península polo oeste e afectan esta zona mesmo en verán, xa que o Anticiclón dos Azores se debilita cara ao norte.
  • Os sistemas montañosos exercen o chamado efecto barreira, facendo que as masas de aire se eleven e precipiten na vertente de barlovento.

Dato Curioso: O Punto Máis Chuvioso

Debido ao efecto barreira, prodúcese o feito salientable de que o punto máis chuvioso de toda España se atope na Serra de Grazalema (Sistemas Béticos) e non no norte.

2. A España Seca

A España seca sería o resto da península e Baleares, salvo o sueste, o interior do val do Ebro e o oeste de Zamora, así como as partes máis elevadas das Illas Canarias. Coincide co clima mediterráneo na península e Baleares.

Factores da Diminución da Precipitación

  • As frontes debilitan-se ao ter que atravesar a Cordilleira Cantábrica (se veñen do norte) ou Portugal (se veñen do oeste).
  • A continentalidade do interior peninsular fai que se formen pequenos anticiclóns en inverno que impiden o paso de frontes.
  • No caso de Canarias, as chuvias só afectan ás partes máis elevadas das illas occidentais polo efecto barreira.

3. A España Árida ou Semidesértica (Menos de 350 mm anuais)

Esta zona estenderíase polo sueste peninsular (Murcia e Almería), o interior do val do Ebro e o oeste de Zamora.

Causas da Aridez

  • Interior (Ebro e Zamora): A elevada continentalidade é a que dá lugar a estas zonas semidesérticas.
  • Sueste Peninsular: Aínda que está pegado ao Mediterráneo, ten moi poucas precipitacións xa que as frontes procedentes do noroeste chegan aquí moi debilitadas. As situacións de gota fría, se se producen, chegan con ventos secos ou normalmente ocorren máis ao norte.
  • Illas Canarias: Teñen escasas precipitacións debido á incidencia, durante case todo o ano, do Anticiclón dos Azores.

Entradas relacionadas: