Distribución e Impacto do Sector Servizos: Unha Análise Xeográfica
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en español con un tamaño de 4,82 KB
Distribución e Impacto do Sector Servizos
Contrastes na Localización dos Servizos
A localización do emprego en actividades de servizos mostra importantes diferenzas se se considera o volume total de persoas ocupadas nas diferentes provincias. As de Madrid, Barcelona e Valencia concentran case 5 millóns de empregos, equivalentes a máis dunha terceira parte do total, seguidas por outras provincias litorais, xunto a Sevilla e Zaragoza.
Se se considera en cambio a proporción do emprego terciario sobre o total, as diferenzas diminúen, cos valores máis altos en Madrid, o litoral mediterráneo (agás Cataluña) e ambos os arquipiélagos. Esa distribución relaciónase coa influencia de diversos factores:
- Ante todo, relaciónase coa repartición da poboación e o seu nivel de renda, pois a maioría destas actividades buscan estar cerca dos seus clientes potenciais e, polo tanto, aumentan en territorios con altas densidades e elevado nivel de ingresos.
- Tamén inflúe a presenza de poboación estacional relacionada co desenvolvemento do turismo, sobre todo, nas áreas litorais, pois iso engade un volume importante de consumidores dalgúns tipos de servizos.
- Un terceiro factor é a densidade de empresas no territorio, pois son as principais demandantes dalgúns servizos (desde o transporte e as telecomunicacións, aos servizos informáticos, xurídicos, de mantemento e reparación, de deseño e enxeñaría, etc.)
- Por último, as administracións central, autonómica e local distribúense por todo o territorio, pero a presenza de funcionarios e contratados nelas é maior naqueles provincias e cidades onde se localiza a capitalidade nacional ou autonómica.
En resumo, os servizos teñen hoxe unha gran importancia e dinamismo, ata converterse na principal fonte de emprego actual e para o futuro. Por esa razón, e porque as diferentes actividades tamén mostran diversas tendencias de localización, xeran paisaxes específicas e, en ocasións, son fonte de impactos negativos; a Xeografía interésase cada vez máis por este sector que conta con máis de 14 millóns de empregos e dous terzos do valor da produción total obtida en España, así como a maior perspetiva de crecemento.
O Sector Servizos en Galicia
Máis do 60% do PIB de Galicia corresponde ao sector servizos, que experimentou un gran crecemento e diversificación nas últimas décadas. O turismo, o comercio, os transportes e mais os servizos sociais son exemplos desta transformación. O sector terciario de Galicia adquiriu unha importancia decisiva na creación de postos de traballo, xa que en 2008 os servizos ocupaban o 63% do emprego galego. A distribución xeográfica está pouco equilibrada; os servizos concéntranse nas capitais provinciais e nos grandes núcleos urbanos, principalmente nas provincias da Coruña e Pontevedra. Distínguense dous subsectores:
- Os servizos non destinados á venda son os servizos sociais financiados polos organismos oficiais, como a educación, a saúde e a administración pública. Así, en 2006 o 56% do gasto público que realizou a Xunta estivo destinado a sanidade e educación.
- Os servizos destinados á venda abranguen o comercio, o turismo, os transportes, os servizos ás empresas, que diversificaron a súa oferta en actividades como asesoramento xurídico, servizos informáticos e administrativos, recursos humanos ou publicidade e os servizos financeiros, que potencian o crecemento da economía a través da concesión de créditos a particulares e empresas, e o investimento en proxectos empresariais.
Turismo
En 2007 Galicia recibiu máis de 3.700.000 turistas, isto proporcionou moito emprego. Os turistas de Galicia proceden na maioría de España e en minoría de países da UE, e poden ter turismo rural, termal etc. Sen embargo, no 2008 tivo moitos turistas menos por culpa da recesión económica.
Comercio
Galicia aumentou o comercio interior por culpa do crecemento demográfico e económico. O pequeno comercio está vivindo unha crise que se manifesta na redución de establecementos e na perda de emprego. Os cambios co exterior son cada vez máis importantes. A balanza comercial nos últimos anos é positiva. As exportacións céntranse na venda de material de transporte, peixe, crustáceos... Manter o superávit da balanza comercial é o desafío máis importante.
Transporte
Salientar que a situación periférica e o relevo accidentado de Galicia son factores que explican que as infraestruturas de transporte e comunicación co resto do estado fosen tradicionalmente deficientes. Nas últimas décadas os investimentos públicos destináronse a modernizar e ampliar a rede de estradas, ferrocarrís, portos e aeroportos.