Disolucións, Propiedades Coligativas e Leis dos Gases
Tipos de mesturas e disolucións
Disolución: É un tipo de mestura que resulta de unir un corpo ou substancia nun líquido, cun tamaño de partículas menor a 1 nm.
Coloide: É unha mestura con aparencia homoxénea, ás veces transparente, na que o tamaño das partículas é intermedio entre unha disolución e unha mestura heteroxénea, cun tamaño de partículas entre 1 e 1000 nm.
Mestura heteroxénea: É un tipo de mestura que posúe unha composición non uniforme na cal se poden distinguir a simple vista os seus compoñentes; as súas partículas son maiores de 1000 nm.
Disolución ideal: É un tipo de mestura na que o soluto non é nin volátil nin iónico, e verifica a lei de Raoult.
Solubilidade: É a máxima concentración dun soluto que se pode acadar nunha disolución da substancia, baixo unhas determinadas condicións de presión e temperatura.
Disolución saturada: É aquela que acada un equilibrio entre o disolvente e o soluto á temperatura dada.
Propiedades coligativas
Propiedades coligativas: Son as propiedades das disolucións que dependen unicamente da concentración de partículas de soluto e non da súa natureza.
Presión de vapor: É a presión que exercen as moléculas de vapor en presenza do líquido co que están en equilibrio. Depende da temperatura.
Lei de Raoult: A diminución relativa da presión de vapor, Δp, dun líquido volátil de presión de vapor p° ao disolver nel un soluto non volátil que non produza ións, é directamente proporcional á fracción molar da disolución: Δp = p° · X0.
Osmose: É a difusión que ten lugar entre dous líquidos capaces de mesturarse a través dunha membrana semipermeable.
Presión osmótica: É a presión necesaria para deter a osmose.
Lei de Van 't Hoff: Establece a relación entre a ecuación da presión osmótica e os gases ideais: π · V = n · R · T ⇒ π = (n/V) · R · T = c · R · T.
Punto de conxelación e de ebulición: ΔTc = Kc · m (onde m é a molalidade).
Expresións da concentración
Molaridade: É a concentración dunha disolución expresada no número de moles de soluto disoltos por litro de disolución: M = nsoluto (mol) / Vdisolución (L).
Molalidade: É o número de moles de soluto presentes por cada quilogramo de disolvente: m = nsoluto (mol) / mdisolvente (kg).
Concentración en masa: γ = msoluto (g) / Vdisolución (L).
% en masa: (msoluto (g) / mdisolución (g)) × 100.
% en volume: (Vsoluto (L) / Vdisolución (L)) × 100.
Fracción molar:
- Xsoluto = nsoluto / (nsoluto + ndisolvente)
- Xdisolvente = ndisolvente / (nsoluto + ndisolvente)
- Xsoluto + Xdisolvente = 1
Importante: O volume NUNCA se suma; a masa e os moles SI.
Leis dos gases
Lei de Dalton: Nunha mestura de gases, a presión parcial dun gas é igual á súa fracción molar multiplicada pola presión total da mestura: Pi = Xi · Pt, onde Xi = ni / nt.
Lei de Charles: A presión constante, o volume dunha masa de gas é directamente proporcional á súa temperatura absoluta: V1 / T1 = V2 / T2.
Lei de Gay-Lussac: A volume constante, a presión dunha masa de gas é directamente proporcional á súa temperatura absoluta: P1 / T1 = P2 / T2.
Lei de Boyle-Mariotte: A temperatura constante, o volume dunha masa de gas é inversamente proporcional á presión: P1 · V1 = P2 · V2.