Dinamica Demografica Mundial: Evolucion, Factores de Distribucion e Cresemento da Poboacion

Geografía3,68 KB

Evolución e Crecemento da Poboación Mundial

O incremento da **poboación** acelerouse a partir da revolución industrial nos séculos XVII e XIX e, a mediados do XX, converteuse nunha verdadeira explosión de poboación. Non todas as zonas do planeta teñen a mesma evolución; hoxe en día está a producirse un gran crecemento en África, así como un aumento sostido en Asia e América do Sur. As demais zonas están a entrar nunha fase de estancamento de poboación debido á diminución da poboación.

Distribución da Poboación no Planeta

  • Densamente poboados: a India na súa totalidade, a parte oriental da China, Europa e a costa de América.
  • Pouco poboados: con climas extremos e secos, lonxe do mar, no interior dos continentes, como Centroamérica, Asia e África.
  • Baleiros de poboación: no interior de Asia, onde hai temperaturas frías extremas, como nos polos, nos grandes desertos e nas selvas ecuatoriais.

Conceptos Clave en Demografía

Demografía: ciencia que estuda a evolución, as características e a estrutura da poboación.
Poboación: número de persoas que habita nun lugar determinado.

Factores da Desigual Distribución Demográfica

A desigual distribución da poboación pode deverse a varios factores:

  • Físicos: a poboación aséntase onde as condicións naturais son favorables: pouca altitude, climas tépedos, presenza de auga doce, chans fértiles e recursos enerxéticos e minerais.
  • Históricos: zonas moi poboados dende a antigüidade, por exemplo, países de Europa, a China ou a India, seguen tendo altas densidades de poboación.
  • Humanos: a poboación tende a concentrarse onde hai riqueza, ofrecen boas perspectivas laborais e de vida, e a política é un factor decisivo para atraer poboación.

Indicadores do Crecemento Demográfico

A poboación dun territorio pode cambiar ao longo do tempo. Os indicadores que determinan o crecemento natural son a natalidade, a mortalidade e a fecundidade.

A Teoría da Transición Demográfica

A transición demográfica é unha teoría que explica a evolución da poboación baseándose nos cambios da mortalidade e da natalidade ao logo dos anos.

  • Réxime antigo: a natalidade e a mortalidade infantil eran moi altas e case non había crecemento da poboación ata o 1750. A mortalidade era elevada debido á escaseza de sanidade, hixiene e comida.
  • Réxime de transición: do 1750 ao 1850, primeiro a natalidade mantense alta e a mortalidade descende, polo que o crecemento natural (CN) é alto; logo, de 1850 a 1925, a natalidade descende, a mortalidade segue baixa e o CN crece pero non tanto.
  • Réxime moderno: de 1925 á actualidade, a natalidade é baixa, a mortalidade é baixa e o crecemento natural tamén é baixo.

A dinámica de poboación permítenos saber se o número de habitantes aumenta ou diminúe.

Descargar

PDF Word HTML