Dimensións e Características da Organización Escolar

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,44 KB

Exploración das dimensións da organización segundo Mª Tere Santos Guerra e outros aspectos relevantes.

Dimensión Estrutural

Unha das dimensións máis estruturadas. Abarca:

  • Roles: dirección, docente, alumno, orientador.
  • Unidades organizativas: o consello escolar, departamento de orientación, equipo directivo.
  • Mecanismos organizativos: ANPA, dirección, calquera tipo de reunión que sirva para tomar decisións no centro.
  • Estrutura de tarefas: ratio, horarios, agrupamento.
  • Espazos e materiais: distribución e uso.

Dimensión Relacional

Refírese ás relacións entre individuos e grupos:

  • Formais: director-profesor.
  • Informais: amizade.
  • Micropolíticas: para tomar decisións.
  • Profesionais.

Inflúe no clima.

Dimensión Procesual

Alude aos procesos e estratexias de actuación empregadas para desenvolver o currículo.

Dimensión Cultural

Comprende os supostos, valores, crenzas, acerca das persoas, da educación, da actuación, da resolución de problemas, das relacións.

Dimensión Contorno

Refírese ás relacións centro-contorno mediato e inmediato.

  • Mediato: aquel contorno que afecta indirectamente ao funcionamento dos centros escolares.
  • Inmediato: Alude a aqueles factores que desde o sistema educativo tratan de incidir no funcionamento dos centros.

Características e Desafíos da Organización Escolar

En relación coas Metas

As metas adoitan ser ambiguas, cambiantes, soen aceptarse sen debaterse, múltiples, contraditorias. Isto incide na toma de decisións e causa impredecibilidade.

En relación coa Tecnoloxía

A tecnoloxía é problemática. Aínda así, é conveniente dialogar e reflexionar sobre que facer, como, por que e para que, coñecer as consecuencias das actuacións e as melloras que se van emprender.

Con respecto ás Relacións

A participación é variada. Existe unha tendencia ao celularismo docente (actuación illada). As relacións céntranse en cuestións burocráticas e anecdóticas en vez de sobre o currículo e o ensino.

Natureza Sistémica

Caracterízase pola súa débil articulación. Hai unha interdependencia feble entre os elementos. A organización é unha globalidade (non suma de partes). Os elementos posúen certa autonomía. A actividade educativa demanda reflexión, diálogo, clarificación conxuntas e o cultivo dunha cultura colaborativa.

Vantaxes e Inconvenientes da Débil Articulación
  • Inconvenientes: xorde a débil articulación, pois pode haber discordancias na organización do centro.
  • Vantaxes: aínda que existan discordancias, non se interrompe o traballo.

O Poder (Segundo Miguel Angel)

Poder: Capacidade de influír nas condutas, de cambiar o curso dos acontecementos, de vencer resistencias. Diferénciase da autoridade (recoñecemento lexitimado e baseado no coñecemento e capacidade para actuar).

Tipos de poder:

  • Lexítimo: de cargo ou rol.
  • De experto: coñecemento.
  • Carismático: características persoais froito do seu proceso de aprendizaxe e socialización.
  • Compensador/Premiador: con posibilidade de compensar.
  • Coercitivo: con posibilidade de castigar.

Xénero

Alude á configuración dos roles asumidos por e atribuídos aos homes e mulleres dentro da organización. Pode aludir desde a distribución de tarefas entre homes e mulleres, á configuración de roles asumidos por homes e mulleres.

Comunicación

Alude ás relacións. A confidencialidade, por exemplo.

Dimensión Ética

Atende ás normas morais que rexen a conduta humana dentro das organizacións. Por exemplo, como se empregan as fontes. Poden ser explícitas ou implícitas.

Outros Conceptos e Desafíos

  • Xerarquización: na participación, na toma de decisións, establecemento de normas, distribución de espazos.
  • Balcanización: actuación individualista (igual a celularismo).
  • Rutinización: aceptación seguindo rutinas establecidas no pasado, sen preguntarse pola súa adecuación.
  • Desarticulación: coordinación de contidos, metodoloxías, e avaliación entre o profesorado feble.
  • Burocratización: esixencia da elaboración de documentos como resposta a demandas externas ou internas, sen preguntarse polo sentido deles.
  • Centralización: Falta de autonomía dos centros para adaptar o prescrito ao contexto particular do centro.

Entradas relacionadas: