Dicionario de Termos Xeográficos e Meteorolóxicos Fundamentais en Galego

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,92 KB

Este compendio ofrece unha clara definición dos conceptos clave en xeografía física e meteoroloxía, presentados en galego. Un recurso esencial para estudantes e entusiastas do medio natural.

Aluvión

Depósito de materiais detríticos, transportado e depositado de xeito transitorio ou permanente por unha corrente de auga.

Foz

Val estreito e profundo rodeado por paredes case verticais, escavado polos ríos en terreos calcarios.

Litosfera

É un conxunto máis ou menos ríxido, fragmentado en diversas placas, que forma a superficie sólida do planeta e descansa sobre unha capa plástica, a astenosfera. A litosfera está formada pola codia e unha parte do manto superior terrestre.

Meseta

Superficie plana de gran extensión, horizontal ou lixeiramente ondulada, elevada con respecto ao nivel do mar. En España é a unidade principal do relevo peninsular, resto do antigo macizo xurdido na oroxenia herciniana, que foi arrasado pola erosión, e afectado e deformado polo movemento alpino.

Penechaira

Chairas case uniformes producidas pola erosión continua durante millóns de anos. Relevo pouco diferenciado, semellante a unha chaira suavemente ondulada con amplos vales en forma de artesa (“U”).

Somontano

Rexión ou terreo situado ao pé dunha montaña. O exemplo máis característico na Península Ibérica é a área de transición entre o fondo da depresión do Ebro e os Pireneos.

Tectónica de placas

Teoría que explicou a deriva continental e outros fenómenos. A superficie exterior da Terra consiste en aproximadamente dez bloques ou placas ríxidas.

Aridez

Sequidade, ausencia ou escaseza de humidade produto de situacións atmosféricas ou climáticas que ocasionan a ausencia ou déficit das precipitacións, forte insolación, etc.

Barlovento

É a parte dun relevo ou zona orientada cara ao lugar de onde vén o vento. En Galicia, cando domina o fluxo zonal do oeste, a vertente de barlovento das dorsais montañosas é a occidental, máis húmida, mentres que a de sotavento, a oriental, se caracteriza por unha menor pluviometría.

Inversión térmica

Aumento da temperatura do aire ao aumentar a altura, cando debería diminuír segundo o gradiente adiabático normal. Deste xeito atopamos o aire máis cálido sobre o máis frío.

Isóbara

É unha isoliña que, nun mapa meteorolóxico, une os puntos que teñen a mesma presión atmosférica ao nivel do mar. O conxunto de todas elas configuran os cambios de presión.

Isohieta

Isoliña imaxinaria que une puntos con iguais valores de precipitacións, nun mapa no que se expresen cantidades de precipitación recibida por áreas. Utilízase sobre todo nos mapas climáticos.

Umbría

É unha zona que, pola súa orientación, está sempre en sombra. Nas montañas é a vertente do val exposta á sombra e oposta á solana.

Entradas relacionadas: