Dicionario de Termos Xeográficos Fundamentais: Paisaxe, Vexetación e Hidrografía

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en español con un tamaño de 3,28 KB

Dicionario de Termos Xeográficos Fundamentais

Este dicionario recompila e define conceptos clave da xeografía física, abordando elementos esenciais do medio natural como a paisaxe, a vexetación, os recursos hídricos e os ecosistemas. Comprender estes termos é fundamental para o estudo e a interpretación do noso contorno.

Paisaxe

Elemento de estudo básico da xeografía. Espazo limitado que se define pola natureza ou pola actividade que o ser humano desenvolve nel e que o modifica. Os elementos observables dunha paisaxe son de tres tipos: abióticos (non vivos), bióticos (resultado da actividade dos seres vivos) e antrópicos (resultado da actividade humana). A definición dunha paisaxe en concreto tratará de explicar as relacións destes tres elementos entre si.

Vexetación Clímax

A vexetación clímax é a vexetación que se estableceu nun lugar determinado, baixo determinadas condicións climáticas, en ausencia de accións antrópicas durante moito tempo, é dicir, é o estado de equilibrio nun ecosistema local. O bosque tropical de folla perenne é un exemplo de vexetación clímax, ao igual que os bosques temperados, as tundras, as sabanas, as praderías, etc. Estas grandes categorías de tipos de vexetación réxense pola latitude da rexión á que pertencen, onde existen variantes dependendo da latitude, localidade xeográfica, medio ambiente, prevalencia local de microclimas e tipos de rochas e solos.

Estiaxe

Caudal mínimo que acada un río ou lagoa en determinadas épocas do ano, debido especificamente á seca. O termo deriva de estío ou verán, período do ano en que se producen as mínimas precipitacións no clima mediterráneo, predominante na Península Ibérica. A estiaxe está asociada non só ao déficit de precipitacións, senón tamén ao incremento de evapotranspiración por elevación das temperaturas medias.

Marisma

Terreo pantanoso situado por debaixo do nivel do mar, con auga salgada de procedencia mariña. A marisma confórmase cunha vexetación formada preeminentemente por herbáceas. Son espazos naturais con grande diversidade biolóxica ao mesturar características propias doutros biotopos. En España destacan as Marismas do Guadalquivir. En Galicia, por exemplo, as da Xunqueira de Pontevedra.

Acuífero

É un embolsamento de auga subterránea. Fórmanse cando as augas de precipitación se infiltran, atopan un estrato impermeable e acumúlanse sobre el. Poden descargar as súas augas a través de ríos e mananciais ou directamente ao mar. Na península hai preto de mil acuíferos, que ocupan case a metade da súa superficie. Concéntranse nas áreas con rochedo permeable (areas, gravas e calcarias). Están case ausentes nas zonas de rochedo pouco permeable (síliceas e arxilosas).

Desalgadora

Obteñen auga doce a partir da auga do mar ou da auga salobre continental para uso doméstico, industrial e agrícola. España ocupa o primeiro lugar da UE en desalinización, con máis de 750 plantas, localizadas sobre todo no Levante peninsular e nas Illas Canarias e Baleares. Os seus principais problemas son o elevado custo das instalacións, o alto consumo enerxético e a eliminación dos residuos de salmoira.

Entradas relacionadas: