Dialectoloxía do galego: Bloques lingüísticos e trazos característicos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 486,63 KB

Bloque central

Ocupa case a totalidade das provincias de Lugo e Ourense (agás a parte oriental) e o leste das da Coruña e Pontevedra. A súa fronteira lingüística co bloque occidental vén dada polas isoglosas camiós / camións e irmao / irmán. A fronteira co bloque oriental defínea a isoglosa camiós/camiois.

Trazos máis característicos:Non hai seseo./ Distínguese entre /s/ e /θ /: cocer, pazo / coser, paso./Formas do plural con perda do –n do singular: cas, ladrós, xardís./Distinción –ao / -á no resultado dos sufixos latinos –ANUM / .ANAM: meu irmão / miña irmá, o verán…Pronome suxeito tu./Formas verbais colliches, vendiches, fuches, cantades e cantabades./Ditongo –oi- en formas como moito, troita, noite, etc./Por outra parte, fenómenos que poden ser considerados característicos do bloque occidental, como a gheda e o pronome suxeito ti, penetran amplamente neste bloque./ No bloque central poden delimitarse catro áreas: a mindoniense, central de transición, lucu-auriense e oriental de transición.

Bloque oriental

Comprende os falares do chamado galego exterior (occidente de Asturias, León e Zamora) e o leste de Lugo e Ourense. O seu límite co bloque central vén marcado pola isoglosa ladrois / ladrós. Trazos comúns á maioría destes falares son os seguintes:/Plural en –is para os nomes terminados en –n no singular: cais, ladrois, beis…/Plural –is en nomes agudos rematados en –l: animais, caracois (fronte ás formas máis comúns no resto do territorio: animás, caracós; animales, caracoles)./Distinción –ao / -á coma no bloque central./Terminación –in en camín, padrín, agás nos falares do leste de Ourense e oeste de Zamora, onde teñen a forma –iñón, común no resto de Galicia./


/Formas baxo, caxa, faxa, no canto de baixo, caixa, faixa./Formas verbais colliche(s), vendiche(s), coma no bloque central, pero cantais, cantabais, etc., fronte a cantades, cantabades, etc., da maioría dos falares galegos./Ditongo –oi- enoite, coiro e –ui-(con variantes) en muito, truita, escuita (ou muto ~ mutio, truta ~ trutia, escuta ~ escutia)./Conservación do u,  en palabras como cuatro, cuando, guardar, guadaña. Este último trazo penetra amplamente no bloque central. 

  No bloque oriental pódense delimitar catro áreas de desigual extensión xeográfica: área asturiana, ancaresa, zamorana, oriental central e estremeña .

Bloque occidental

   Valémonos para a súa delimitación das isoglosas pantalóns / pantalós e irmán / irmao, coincidentes en gran parte co seu trazado. Nel fican incluídas as falas occidentais da Coruña e Pontevedra. No seu conxunto é un bloque lingüístico innovador. Caracterízase polos seguintes trazos:/Seseo implosivo en case todas as falas do bloque (des, lus), seseo explosivo só en parte (faser, vesión)./Gheada (ghrande, soghra)./Plural –ns (cans, ladróns, xardíns)./Terminación –an para os dous xéneros en formas como meu irmán, miña irmán, o verán, a mazán/Pronome suxeito ti./Formas verbais colleches, vendeches, foches fronte a colliches, vendiches, fuches. Danse ademais outras formas verbais que se afastan do galego estándar, como a P1 dos perfectos cantein, cantén ou cantín, en lugar de cantei.

Neste bloque occidental distínguense tres áreas lingüísticas: a bergantiña, a fisterrá e a pontevedresa.


D6sizpcShNIjAAAAAElFTkSuQmCC


2T9P+WI3PcrsprVAAAAAElFTkSuQmCC

Entradas relacionadas: