Diagnóstico social, proxecto de intervención e metodoloxía: conceptos clave para o traballo social
Conceptos clave do proxecto de intervención social
Diagnóstico social: concreta as características, necesidades e problemas da poboación estudada, que se deberán abordar mediante o proxecto de intervención.
Obxectivos xerais: fixan as intencións do proxecto a un baixo nivel de concreción.
Obxectivos específicos: concretan as intencións dos obxectivos xerais en propósitos observables e medibles.
Metodoloxía: establece os principios, estratexias e procedementos que orientan a intervención para tratar de alcanzar os obxectivos.
Tarefas: accións concretas necesarias para realizar unha actividade.
Temporalización: ordenación e distribución no tempo de diferentes actuacións, incluíndo a duración de cada unha.
Planning: calendario no que se sinalan todas as actividades ou tarefas que se van realizar, desde o principio ata o fin do proxecto.
Cronograma: representación de maneira ordenada e precisa de todas as actividades que compoñen un proxecto ou das tarefas que desenvolven unha actividade.
Orzamento: instrumento de planificación baseado nun cálculo anticipado dos gastos e beneficios nun período concreto.
Intensidade: interese e importancia que suscita na poboación a atención do problema. Mídese en: amplitude (número de persoas), grao de insatisfacción e urxencia (solución rápida) e atención.
Utilidade e viabilidade
Utilidade: beneficio que aportará a nivel social, especialmente ás persoas máis vulnerables.
Viabilidade: avalía se a intervención é posible e se ten expectativas de éxito cos recursos dispoñibles para atender as necesidades detectadas. Valórase o equilibrio entre a dispoñibilidade orzamentaria e os beneficios que se esperan.
Tipos de recursos
1. Recursos materiais: fungibles e non fungibles. Son os que están formados por un soporte físico, xa sexan infraestruturas, mobiliario, obxectos, materiais, etc.
2. Recursos humanos: persoas necesarias para levar a cabo un proxecto. Organigrama: reflicte funcións, responsabilidades e tarefas, así como o número de persoas necesarias para cada categoría profesional (voluntariado).
3. Recursos económicos: comprenden as cantidades de diñeiro necesarias para afrontar os custos e a xestión da financiación do proxecto. Orzamento.
Niveis de planificación
Plan
Plan: nivel máximo de organización e estruturación da intervención, que inclúe a todos os demais. Nel márcanse as liñas xerais ou estratéxicas de actuación dos programas e proxectos. O plan pode ter maior ou menor amplitude, pero sempre adopta un significado extratextual e xeral similar; pode ser global ou sectorial, de distintos temas, e estatal, autonómico ou local.
- Temporalización: medio-longo prazo (3-5 anos).
- Obxectivos xerais: propósito xeral ou grandes fins que se pretende acadar co plan; serve como marco de referencia dos obxectivos (diferenciar finalidade e obxectivo, e criterios e prioridades).
- Precisión do orzamento: estimación dos custos e determinación das fontes de financiación.
Programa
Programa: instrumento que permite planificar a nivel táctico, no que xa se fala sobre un contexto determinado. Moito máis estratéxico que o plan e os obxectivos están máis definidos, aínda que non se concretan de todo. Nivel medio entre estratexia e operatividade. Ámbito e tempos concretos, ordena os recursos e transforma os efectos xenéricos do plan en específicos.
Exemplo: un plan de educación inclúe programas de educación a persoas adultas, formación ocupacional, etc.
- Temporalización: medio prazo (1-3 anos).
Obxectivos específicos e organización
Os obxectivos específicos son o primeiro nivel de concreción dun obxectivo xeral, nun ámbito xeográfico concreto.
Organización dos recursos dispoñibles: persoal, material, instalacións, orzamento e previsión da financiación.
Fundamentación: argumentación que xustifica a existencia do programa.
Proxecto
Proxecto: nivel operativo do proceso de programación. O programa está integrado por un conxunto de proxectos.
Exemplo: un programa de prevención de drogodependencias en mozos inclúe proxectos de hábitos saudables, prevención do tabaquismo, etc.
- Curto prazo (1 ano ou menos).
- O proxecto responde a uns obxectivos operativos máis concretos que os específicos e expresa con precisión as metas alcanzables e medibles.
- Articúlase en actividades.
Fases do proxecto
1. Fase de análise e diagnóstico: da demanda, o entorno e a situación a diferentes niveis. Identificar necesidades, delimitar o problema e prever os recursos.
2. Fase de planificación: formular os obxectivos que se queiran alcanzar, ter clara a metodoloxía, a temporalización e os recursos.
3. Fase de execución: as persoas responsables levarán a cabo o proxecto, poñendo en práctica as actividades e actuacións planificadas.
4. Fase de avaliación: aplícase en todas as fases do proxecto (incluso sobre a propia avaliación). Con esta información faremos o informe final.
Última fase de difusión: para que chegue ao público destinatario, débese seleccionar a mensaxe e os medios, de modo que a comunicación co público obxectivo sexa efectiva e atractiva.
Sexo, xénero e perspectiva de igualdade
Diferenzas de sexo: diferenzas físicas e biolóxicas entre o home e a muller, determinadas biolóxicamente.
Diferenzas de xénero: diferenzas procedentes de tradicións, valores e crenzas. Presupoñen actuacións e comportamentos distintos para cada sexo.
Roles de xénero: definen os modelos que deben seguir homes e mulleres e a función que se espera deles nunha sociedade concreta.
- Rol feminino: ámbito privado e considerado secundario; relacións afectivas, tarefas de coidado e atención persoal; gran peso no contorno familiar e pouco no social.
- Rol masculino: goza de prestixio e sitúase no ámbito público; prepáraos para o éxito (económico e social) e educa para a dominancia e a superioridade.
Estereotipos: conxunto de características ou comportamentos simplificados que se asumen como máis apropiados para cada xénero. Mulleres: débiles, dependentes, caprichosas, sensibles, envexiosas. Homes: fortes, racionais.
Androcentrismo: modelo social que pon como prototipo o masculino, considera a experiencia dos homes como superior e universal, sen ter en conta o que as mulleres aportan. Establece unha xerarquía entre un sexo predominante (home) e outro dependente e inferior (muller). A pervivencia desta cultura tende a perpetuar a situación. Está relacionado directamente co patriarcado, o goberno dos pais, as autoridades que exerce o varón.
Xénero non binario: todas as identidades de xénero que non encaixan na clasificación de xéneros binarios (dá visibilidade): agénero, bigénero, pangénero, trigénero.
Transversalidade: os esforzos de promoción da igualdade non deben limitarse á execución de medidas específicas a favor das mulleres, senón que deben formar parte explícita de todos os planteamentos e actuacións. O compoñente de xénero non debe concibirse como un elemento engadido aos proxectos, senón como indispensable.
Empoderamento: proceso mediante o cal as mulleres gañan a confianza, os recursos e a forza necesarios para enfrontar as condicións de desigualdade que as afectan e cambiar a súa posición nas relacións de xénero.
Técnicas de investigación social
Cuestionario e enquisas
Cuestionario: documento formado por un listado de preguntas estruturadas, con categorías de resposta limitadas, que debe ser administrado con máxima neutralidade.
Enquisa explicativa: pretende dar a coñecer as causas polas que se produce un fenómeno determinado.
Escala de estimación: solicítase á persoa encuestada que realice unha ordenación de situacións ou cousas en relación cunha característica (de puntos, clasificacións directas, combinacións binarias).
Escala de distancia: permite coñecer as relacións entre grupos a través dunha serie de preguntas orientadas a determinar a distancia da persoa encuestada cara a unha minoría, ideoloxía, etc. (orde decrecente para non influír na resposta).
Mostra: subconxunto da poboación. A selección da mostra supón dous procesos: calcular o tamaño e decidir o procedemento.
Tabulación: trasladar toda a información dos cuestionarios a un formato de táboa.
Consistencia: revisar os cuestionarios para comprobar a súa fiabilidade e validez, xa que os que non a teñan serán anulados.
Entrevistas
Entrevista secuenciada: tipo de entrevista estruturada. A relación das preguntas está moi planificada e o entrevistador formula todas as preguntas tratando de manter a máxima neutralidade.
Grupo de discusión: entrevista de grupo (6-10 persoas) para que debatan sobre o tema de estudo.
Grupo focalizado: tipo de entrevista na que un grupo de persoas responde directamente a preguntas centradas nun tema e debate sobre elas.
Delphi: consiste en seleccionar unha serie de persoas expertas nunha materia e pedirlles a súa opinión de maneira anónima.
Historia de vida: narracións biográficas dunha persoa que relata a súa propia vida tal e como a recorda ou viviu.
Investigación social e método científico
A investigación social usa o método científico, xa que este segue unha serie de fases estruturadas que levan a que a información obtida sexa fiable e válida. Así é máis axustada á realidade. A investigación social realizada non é totalmente verídica, polo que sempre existe lugar ao erro.
Persoas maiores no rural
Fontes documentais:
- Documentos escritos (prensa, bibliografías).
- Documentos estatísticos (censos, estatísticas).
- Documentos audiovisuais (reportaxes).
Buscar proxectos similares na zona e estudos previos; coñecer a estrutura da poboación; comprobar se as estatísticas están actualizadas.
Acceso á información: localizar documentos relacionados e seleccionar os de maior interese (internet, de maneira cómoda e rápida).
Análise da documentación: proceso de reflexión, lectura e extracción da información importante. Pode clasificarse en fichas ou soportes para recuperala con facilidade cando sexa preciso. Para a información que nos falta, fontes primarias.
Axuda das TIC: aínda que en internet está todo, por iso, tanta información non sempre é fácil de atopar ou fiable (acceso restrinxido ou libre).
- Portais e buscadores (AND, OR, NOT, comiñas).
- Programador de alertas (Google, Yahoo), darse de alta en RSS.
- Compartir e intercambiar información e recursos.
Observación
Observación non estruturada: así observamos a realidade inmediata (recordar ser perceptivos, respectuosos e obxectivos).
Observación colectiva: máis dunha persoa observadora, fixándose cada unha nun aspecto diferente.
Observación non participante: a persoa que observa non interven na situación, limítase a ver desde fóra; a súa aparición non pode modificar o fenómeno que se está a estudar.
Observación na vida real: observando os feitos no medio natural, tal e como se producen, sen preparación nin intervención.
Instrumentos de observación: lista de comprobación, escala de estimación de frecuencias, diario, rexistros tecnolóxicos.
Recomendacións
- Non sempre todas as persoas van alcanzar as mesmas cousas, aínda que a túa experiencia che diga o contrario: non dar por feito.
- Non xeneralizar a avaliación.
- Ter en conta o estado de ánimo (de ambas as partes).
- Non ser neutral é un risco a evitar.