Desvelando o Misterio de Úrsula Bas: Trama e Personaxes

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,96 KB

Información Xeral

Título: A vida secreta de Úrsula Bas

Xénero: Misterio

Tema principal: Secuestro

Temas secundarios: Ciberacoso, depresión feminina, situación matrimonial, vinganza, violencia, celos, secuestro, amor, suspense, medo a afrontar a verdade, saúde mental e redes sociais.

Personaxes Principais

  • Úrsula B: Escritora. É unha muller intelixente, dedica o seu tempo á escritura, deixando en segundo plano a súa familia. Fiel ao seu traballo. Comezou unha relación telefónica con Nolimits que acabou nun secuestro.
  • Lois: Marido de Úrsula. Calculador. Ocúltalle a verdade a Úrsula e tamén á policía. Coida da súa filla a tempo completo. Ao final descúbrese que el foi o primeiro Nolimits, que tivo unha relación con Catalina e que a matou.
  • Santi Abad: Inspector. Tivo problemas no pasado relacionados coa violencia e foi a terapia durante moito tempo. Reincorpórase para este caso. Os seus instintos nunca fallan. Sabe como facer que unha persoa confese.
  • Ana Barroso: Subinspectora. Tivo un romance con Santi, pero ao saber dos seus problemas de ira deixárono. Agora está “decepcionada” porque el non a busca. Ten un fillo adolescente. O seu traballo é o máis importante para ela. É unha muller capaz de conectar coa xente, polo que entende a cada persoa que interroga, sacando o seu lado máis sensible.
  • Catalina: Desaparecida hai 2 anos. Tamén mantiña unha relación con Nolimits, pero ao chegar a un punto cansouse del e este, nun momento de ira, matouna. O seu corpo encontrouse cando reabriron o caso, por estar conectado co de Úrsula.
  • Adrián: Marido de Catalina. Copiou a Nolimits en todo para que os policías viran as coincidencias e abriran o caso. Fíxoo por vinganza e porque quería atopar o corpo da súa muller.

Resumo da Trama

Úrsula Bas, unha escritora de éxito, leva unha vida aparentemente indescriptible en Santiago de Compostela. Un venres de febreiro sae da súa casa para dar unha charla nunha biblioteca e non volve. O seu marido, Lois Castro, denuncia a súa desaparición despois de vinte e catro horas. Úrsula, que permanece encerrada nun soto, coñece ben ao seu secuestrador —unha admiradora en cuxas redes se deixou envolver sen opoñer a menor resistencia— e sabe que tarde ou cedo a matará.

O inspector Santi Abad, reintegrado no corpo policial tras ano e medio de alta psiquiátrica, e a súa compañeira Ana Barroso, que acaba de ser nomeada subinspectora, inician unha procura sen tregua coa axuda do novo comisario, Álex Veiga. Todos os seus pasos lévanos cara a outro caso sen resolver: o de Catalina Fiz, desaparecida en Pontevedra tres anos antes, e cara a un asasino que semella tomar a xustiza pola súa propia man.

Pouco a pouco iremos avanzando á vez que o fan Abad e Barroso para ir arroxando luz ao que puido pasarle a Úrsula. Contada en dúas voces, unha delas é a da propia Úrsula.

Mentres, o caso de Úrsula parece conectar co doutra muller desaparecida hai anos, e é entón cando nos damos conta de que algunhas persoas calan máis do que deberían. En paralelo, vemos discurrir a historia de Abad e Barroso.

Pistas atopadas

En relación ao caso de Úrsula, comezan a atoparse pistas:

  1. O seu móbil
  2. O coche
  3. Chamada das persoas
  4. A confesión de Raquel
  5. O que dixo Sabela
  6. O ordenador e a tablet
  7. Unha alianza de Úrsula
  8. O móbil no sofá
  9. O rescate de Raquel
  10. A alianza de Catalina
  11. A undécima é a imaxe da ponte do río Ulla
  12. A duodécima é a chamada de Catalina
  13. A décimo terceira é o roubo do móbil a Raquel
  14. A décimo cuarta é a mesma imaxe

Resolución do Caso

Finalmente, Adrián era sospeitoso e foi encarcerado. Grazas á presión policial, confesou que el secuestrara a escritora como vinganza cara a Lois, porque Adrián sabía que Lois matara a súa muller. A policía, grazas ás probas, uniu os dous casos. Ese foi o motivo polo que Adrián recreou o personaxe de Nico (que nese momento era Lois) e, ademais, grazas a iso, atoparon o corpo de Cata, que era o obxectivo de Adrián.

Os policías, ao descubrir que Lois asasinara a Cata, temeron pola vida de Úrsula, que estaba con el en Proendos. Nese mesmo momento, Úrsula deuse conta de que o seu home era o asasino. Así foi como Lois encerrou a Úrsula na planta de abaixo da casa e intentou asasinala. Ao cabo dun tempo, a policía chega e escoitan ruído, o que fai que se asusten e empecen a correr cara onde provén o ruído. Alí atopan o corpo de Lois.

Ao final, Adrián foi ao cárcere, Úrsula seguiu coa súa vida e os policías non acabaron tendo unha relación. De feito, Ana pediu uns días de baixa e non quere quedar coa vacante de Santi.

Entradas relacionadas: