deses

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 22,28 KB

Subestadio 1 (0-1 mes):
exercicio dos reflexos innatos - O bebé irá exercitando os reflexos cos que naceu -Algúns desaparecen e outros consolídanse constituíndo a base da súa adaptación ao medio (a succión ou a prensión) - A experiencia cos obxectos permítelle recoñecelos e clasificalos: o que se pode succionar ou non, os distintos tipos de obxectos que succiona, etc. 

Subestadio 2 (1-4 meses):


primeiras adaptacións –habilidades- adquiridas e reaccións circulares primarias Aspectos sensoriomotores - Primeiros esquemas adquiridos a partir dos reflexos: son as primeiras aprendizaxes, aínda que non teñen intencionalidade -Reacción circular: repetición dunha acción que o bebé descubre por azar e lle resulta agradable Nesta etapa son primarias porque están centradas no propio corpo - Coordinación de esquemas: Prensión-succión (coller obxectos e levalos á boca); prensión-visión (coller obxectos que está mirando), visión-audición (mirar para a fonte dun son) Os esquemas de succión e prensión consolídanse e coordínanse Os bebés levan obxectos a súa man ou á boca de forma voluntaria e poden coller un obxecto ao que miran, sempre que a súa man estea tamén dentro do seu campo de visión Permanencia do obxecto -Seguen obxectos en movemento ata que desaparecen do seu campo visual Imitación -Preimitacións: “contaxio” da conduta de iguais ou cando un adulto imita unha acción que fixo o bebé (este frecuentemente repitea) 

Subestadio 3 (4-8 meses):


reaccións circulares secundarias Aspectos sensoriomotores -Reaccións circulares secundarias: centradas no ambiente, consisten na repetición de accións para conseguir resultados que previamente obtiveran por azar repetición de esquemas coñecidos (sacudir, golpear, axitar, etc.) aplicados ao mundo exterior -Interese polo medio externo, comeza a relacionarse con el e a descubrir o vínculo entre fins e medios. Non obstante, a relación causa-efecto, é dicir, establecer vínculos entre as súas condutas (golpear, axitar) e os efectos (son, movemento) non será adquirida plenamente ata o período seguinte - A coordinación ollo-man favorece o seu interese polo ambiente e a súa exploración Permanencia do obxecto -Busca un obxecto escondido se ve unha parte do mesmo -Se o obxecto desaparece completamente, realiza unha busca visual, non manual, moi breve


-Segué unha traxectoria previsible (por exemplo:
Anticipa a reaparición dun tren de xoguete á saída dun túnel) Imitación - Non imita: condutas que non formen parte do seu repertorio condutual ou que non pode ver en si mesma (xestos da cara) -Imita: condutas que pode percibir en si mesmo (golpear coas mans unha mesa, vocalizacións, etc.) 

Subestadio 4 (8-12 meses):


coordinación de esquemas secundarios e aplicación a situacións novas Aspectos sensoriomotores -Xeneraliza esquemas adquiridos a multitude de obxectos (chupa, mové, golpea, etc.) -Aparece a conduta intencional: aplica medios para conseguir fins (aparta obstáculos para coller algo) - Recoñece indicios ou sinais: pode anticipar eventos cun protodominio de tempo e causalidade (se lle poñen o abrigo sabe que van saír de casa, anticipa o momento do baño polos preparativos previos, etc.) Permanencia do obxecto - Busca obxectos completamente ocultos se veu como se escondían -Limitación: sempre busca o obxecto no primeiro lugar no que o atopou, aínda que ante a súa vista se esconda noutro lugar Imitación - Consegue imitar algunhas condutas que non pode percibir en si mesma/o

• Subestadio 5 (12-18 meses):


reaccións circulares terciarias e descubrimento de medios novos por experimentación activa 2 Aspectos sensoriomotores - Ensaia activamente novas actividades variando a súa acción para “ver que pasa”. Existe intencionalidade! - Reaccións circulares terciarias: modifica accións xa coñecidas (e repíteas) para observar o que sucede (por exemplo: proba a tirar obxectos desde distintas alturas e posicións para observar como caen, como soan, etc.) -Usa medios novos (ferramentas) para alcanzar metas: A conduta do bastón, na que con axuda dun pau fai deslizar os obxectos acercándoos á súa zona de alcance A conduta da corda, na que alcanza os obxectos tirando da corda que está suxeita a eles A conduta do soporte coa que alcanza obxectos tirando da base que os sustenta Permanencia do obxecto -Busca os obxectos no último lugar en que veu escondelos -Dominan os “desprazamentos visibles” pero non os “desprazamentos invisibles” -Permanencia de persoas totalmente formada Imitación - Empezan a imitar condutas un pouco diferentes ás do seu repertorio condutual o que fai que podan aprender por imitación -Necesita ter o modelo presente para poder imitar


• Subestadio 6 (18-24 meses):


invención de medios novos por combinación mental Aspectos sensoriomotores -A partir dos 18 meses a crianza comeza a ser capaz de representar mentalmente obxectos e accións antes de realizalas (función simbólica). Empezá tamén a comprender e producir palabras para representar cousas -Non necesita experimentar por ensaio-erro, agora é capaz de ensaiar medios por representación mental, mediante o pensamento, dispón de esquemas de acción interiorizados. Primeiro pensan, despois actúan Permanencia do obxecto - Busca activamente: concibe que os obxectos podan estar en lugares onde non os veu esconderse, e por tanto búscaos aínda que non vira onde os esconderon - A permanencia de obxectos está totalmente formada. A crianza pode representarse mentalmente un obxecto aínda que estea ausente (a de persoas xa se desenvolveu antes pola relación afectiva e comunicativa que se establece –antes dos 12 meses-) Imitación -Imitación diferida (sen o modelo presente) -Aparece o xogo simbólico..


-Desenvolvemento cognitivo no estadio preoperacional (2-7 anos); Estadio preoperacional (de 2 a 7 anos)

• Aparece a capacidade de representar e interpretar o mundo de maneira simbólica • Aumenta o uso das representacións internas da realidade, aínda que con limitacións • Pásase da intelixencia práctica (accións motoras) á representativa (símbolos) • Intelixencia intuitiva para desenvolver un mundo simbólico, manexar a realidade usando representacións mentáis e comunicarse coas demais empregando os signos da lingua que lle proporciona o medio cultural • Importancia do desenvolvemento da linguaxe, que adquire dúas funcións: Informativa: comunicación cos demais, recibir e transmitir información Control: das propias accións e as das demais, influíndo na conduta das outras • Progreso na habilidade para controlar a propia conduta: elabora plans deacción, inhibe condutas non apropiadas e apraza gratificacións, aínda que de forma precaria e irregular.

Carácterísticas do pensamento preoperacional:


A función simbólica :


É a capacidade para representar o real por medio dunha serie de significantes que son diferentes aos obxectos, accións ou persoas representados • Acádase plenamente nesta etapa e móstrase nas seguintes manifestacións: 


Xogo simbólico:


utilizando obxectos como se fosen outra cousa dunha maneira intencional (usan unha caixa coma se fose un coche).

Imitación diferida:

Imitando modelos que non están presentes -A realización desta acción supón a interiorización do modelo que se queré imitar (unha crianza dá de comer ao seu boneco ao igual que a súa nai o fai con el). 

Imaxe mental:

representacións internas da realidade que non sempre teñen unha correlación coa realidade.

Debuxo

Son representacións da realidade, non copias -Relaciónanse coas imaxes mentáis (esquemas) que as crianzas teñen das cousas reais -A través dos debuxos, comezan a representar cousas ou escenas das que teñen un coñecemento activo.

Linguaxe

Máximo nivel de representación simbólica, xa que os significantes non teñen relación ningunha cos significados.
Egocentrismo • "Indiferenciación entre o punto de vista propio e o das demais persoas“ • A crianza é incapaz de poñerse no punto de vista doutra persoa, tomando o propio como o único posible, sen comprender que poden existir outros ou entender os das demais persoas • Cando as situacións son importantes ou familiares, poden mostrar empatía antes do que predín as situacións experimentáis.

Egocentrismo espacial ou físico

Proba das tres montañas.

Egocentrismo na linguaxe:

maniféstase nos denominados “monólogos colectivos”.

Egocentrismo social:

cambio de regras durante o xogo, relacións cos iguais.

Centraxe

• Só son capaces de centrarse nun único aspecto da realidade • Exemplos: Experiencia sobre a conservación de líquidos: coa mesma cantidade de auga, cren que nun vaso largo hai máis auga (se se centran na altura do vaso) ou menos (se se centran no ancho do vaso). Pero só se poden fixar nunha e nunca combinar as dúas dimensións (variables: ancho e alto) Tarefas lóxicas do tipo: “os animáis de orellas grandes son mulas ou burros, e os animáis de cola larga son mulas ou cabalos. Que animáis teñen grandes orellas e cola larga?” As crianzas desta etapa son incapaces de resolvelo porque non son quen de manexalas dúas variables á vez Sobrextensións verbais: chamará “paxaro” a calquera obxecto cunha protuberancia en forma de pico. 
Irreversibilidade • Non comprenden nin manexan feitos ou operacións inversas. Cren que as accións non poden volver ao seu punto de partida, son unidireccionais • Exemplos: Experiencia sobre a conservación de líquidos, é incapaz de volver a botar mentalmente a auga 


dun vaso a outro e comprobar que é a mesma cantidade, ou comprender esa acción cando é feita ante ela A distancia entre dous puntos pode ser valorada como distinta nun ou noutro sentido. Pode parecerlle máis longa a distancia entre a súa casa e a tenda de larpeiradas que ao revés Experiencia de comparación de dous conxuntos de igual número de elementos, indican que hai igual cantidade de elementos se a súa disposición espacial é a mesma; pero si amontoamos os elementos dun dos conxuntos, dirán que hai máis elementos no conxunto amoreado ou no que está sen amorear dependendo da variable na que se centren.

Estatismo:

• Consideran a realidade como estática, primando os estados fronte ás transformacións • Son incapaces de comprendelas transformacións dun estado a outro, polo que “quedan” fixas no estado presente, e non conseguen ter en conta as situacións anteriores nin futuras • Exemplo: nesta etapa unha crianza contaría así a historia da humanidade: "primeiro estaban os primitivos que eran como os monos, con moito pelo; logo era a época dos romanos; logo a dos piratas, despois os vaqueiros e a revolución mexicana, logo a guerra e despois a nosa época".

Xustaposición

• Incapacidade para relacionar ou ordenar de maneira lóxica os elementos que forman un todo • As relacións que establece poden ser incoherentes e sen lóxica • Un exemplo son os relatos fragmentados e inconexos das crianzas desta etapa, onde só utilizan a conxugación "e" como enlace entre palabras e frases, xa que non poden establecer conexións causáis ou temporais, nin relacións lóxicas

A representación do mundo:



Realismo:

• Indiferenciación entre o mundo psíquico e o físico e entre as experiencias subxectivas (pensamentos, sentimentos, etc.) e os feitos obxectivos cos que se relacionan • Isto lévalles a atribuír existencia real e externa (física) ao mundo subxectivo interno • Cren que os seus pensamentos, sentimentos, medos ou soños se poden tocar e ver como se fosen obxectos físicos • Exemplos: confundir o pensamento coa voz; frases do estilo “os soños entran no meu cuarto pola noite"; ou o Realismo nominal, polo que consideran que as palabras forman parte dos obxectos. Isto é, o sol non pode ter outro nome "porque é o sol".

Animismo:

• Consiste en atribuír vida e conciencia aos corpos inanimados • Tenden a concibir as cousas como se estivesen vivas e dotadas de intencións e sentimentos propios dos seres humanos • 


Exemplos en frase do tipo: "Se lle cortamos unha pata a unha cadeira, dóelle"; “O coche cansa ao subir unha costa"; "A mesa é mala!” (despois de golpearse con ela)

Artificialismo

• Crenza de que todo o que existe foi construído polo ser humano• Exemplos: cren que se teñen sonó chegará a noite; ou din frases do tipo: "o meu irmán púxose enfermo porque me enfadei con el" Fenomenismo:
• Tendencia a establecer relacións causáis entre fenómenos que as crianzas perciben como próximos entre si, convertendo casualidade en causalidade • Exemplos: cren que se teñen sonó chegará a noite; ou din frases do tipo: "o meu irmán púxose enfermo porque me enfadei con el".

Finalismo:

• Consideran que as cousas están feitas para as persoas ou que todo está “feito para” algo • Exemplos en explicacións do tipo: "as montañas altas son para facer excursións largas e as montañas pequenas para as excursións cortas"; ou "o mar existe para poder ir en barco“.

Subestadios da etapa preoperacional:



Subestadio do pensamento simbólico e precopceptual (2 a 4 anos):

• Nesta etapa, o pensamento das crianzas está baseado en preconceptos, e o seu razoamento é prelóxico ou transdutivo • Os preconceptos son conceptos primitivos derivados das semellanzas ou analoxías entre os obxectos. Son nocións ligadas a un obxecto e a unha situación concreta. Exemplo: unha crianza nesta etapa diría que un triángulo isósceles non é un triángulo porque "é moi alto", xa que aínda non adquiriu o concepto de triángulo; ten un preconcepto e pensá que todos os triángulos son equiláteros • Estés preconceptos fórmanse por razoamento transdutivo, as crianzas razoan sobre casos particulares sen ter en conta propiedades xerais. Razoan do particular ao particular, establecendo relacións causa-efecto entre sucesos non relacionados entre si. Exemplos: definir as cousas a través dun exemplo ou sentenzas do estilo: "os peces están acatarrados" (mollarse = acatarrarse); "vanme mandar traballar cando teña bigote" (ter bigote = ser adulto); "as señoras están embarazadas por comer moito".

● Subestadio do pensamento intuitivo (4 a 6/7 anos):

• Neste subestadio supérase progresivamente o egocentrismo e a acción xa non está tan centrada no “aquí e agora”, o que permitirá unha certa coordinación entre as relacións que establecen os obxectos • Prodúcese tamén unha conceptualización crecente, pero aínda limitada xa que as accións interiorizadas dependen aínda das percepcións, 


quedando en aspectos parciais e sen contemplar posibles procesos de transformación • Este subestadio tamén se caracteriza pola presenza de intuicións que non posúen todas as carácterísticas do pensamento lóxico, pero achéganse bastante • Desta forma, o pensamento da crianza preoperacional non é estritamente lóxico • Posúe o que Piaget denominou unha lóxica parcial ou semilóxica: a crianza adquire certo sentido das constancias de carácter cualitativo do seu entorno, por exemplo, que certos eventos van seguidos de outros, pero aínda está ausente a idea de precisión ou medición cuantitativa, que aparecerá no estadio seguinte • Exemplos deste tipo de constancia cualitativa son a comprensión das identidades e funcións que se desenvolven nesta etapa • De feito, outro fito importante no desenvolvemento cognitivo é a adquisición das invariantes cognitivas: Identidades: cuxa comprensión permite saber que os obxectos e persoas teñen propiedades permanentes, que non cambian. Reflexo deste logro intelectual é a diferenza entre as ideas das crianzas de 3 e 6 anos con respecto aos cambios de aparencia. Así, os máis pequenos pensan que si un neno se pon roupa feminina pasa a ser unha nena, e as crianzas maiores de 5/6 anos comprenden que a persoa segué sendo a mesma aínda que cambie de aparencia Funcións: cuxa comprensión permite entendela relación existente entre dous feitos cando o valor dun depende e varía en función do valor do outro. A crianza preoperacional é capaz de apreciar relacións funcionáis simples, relaciones cotíás, e feitos observables do tipo “isto sucede cando aquilo sucede”. Por exemplo entenden relacións do tipo: “se chamo ao timbre a porta abrirase” • A importancia da comprensión de regularidades como as identidades e funcións radica en que o medio que rodea a crianza faise máis predicible, ordenado e coherente e, en consecuencia, máis comprensible e manexable


Relación entre desenvolvemento sensoriomotor e cognitivo na infancia • Até os 6 anos (aproximadamente), as crianzas están totalmente entregadas ao seu entorno físico, experimentan o mundo que lles rodea a través dos sentidos e a actividade motora, buscando así a adaptación ao medio 7 • Durante o período sensoriomotor, a intelixencia é totalmente práctica. As accións constitúen as primeiras manifestacións da vida psíquica da crianza. Durante este período, as crianzas dedícanse a resolver problemas mediante a acción, polo que calquera intervención educativa que se queira realizar sobre o desenvolvemento cognitivo haberá de contar con propostas prácticas, desde o desenvolvemento motriz da crianza, xa que ámbolos dous, cognitivo e motor, van paralelos. Polo tanto falamos de intelixencia sensoriomotora como aquela que está dirixida a resolver problemas mediante a acción • A partir do acceso á simbolización, a intelixencia comeza a ser representativa. A partir de aquí, o desenvolvemento cognitivo faise algo máis independente, e aínda que se valerá tamén da manipulación e acción directa para seguir evolucionando, xa conta con novos mecanismos de acción no medio.

Obxectivos da educación cognitiva:


Adaptalos en función da realidade concreta na que queiramos intervir • Identificar e establecer comparacións e categorías de obxectos doentorno • Cuantificar e medir os elementos e realidades propias da vida cotíá • Resolver situacións problemáticas con estratexias baseadas no ensaio-erro • Identificar períodos e secuencias temporais vinculados ás rutinas diarias mediante xogos simbólicos Podemos incluír tamén obxectivos específicos centrados en: • Aspectos de comunicación/expresión (oral, xestual, etc.) • Relacións e habilidades sociais • Autocoñecemento (autoestima, demora de desexos, etc.).

Orientacións e estratexias da educación cognitiva:

• As persoas educadoras deben centrar a súa labor educativa en estimular a curiosidade manifestá das crianzas, facilitando experiencias que lle permitan o coñecemento da realidade a través da manipulación e da observación dos obxectos e situacións • Piaget realizou unha distinción entre 3 tipos de coñecementos:
O coñecemento físico • É o coñecemento dos obxectos da realidade externa, das súas propiedades, como a cor, o peso, a dureza, a rugosidade, a temperatura, etc. • As propiedades están nos obxectos e percibímolas cando actuamos sobre os obxectos: ao tocar, 


decátome se un xoguete é duro ou brando, suave ou rugoso; ao velo, observe a cor; se o agarro, percibo se é lixeiro ou pesado • A orixe do coñecemento físico está por tanto nas mesmas cousas, na realidade, e é a través da manipulación, observación e experimentación que a crianza descobre as propiedades dos obxectos; actuando sobre eles e observando como reaccionan.
coñecemento lóxico-matemático • É o coñecemento dos obxectos da realidade externa, das súas propiedades, como a cor, o peso, a dureza, a rugosidade, a temperatura, etc. • As propiedades están nos obxectos e percibímolas cando actuamos sobre os obxectos: ao tocar, decátome se un xoguete é duro ou brando, suave ou rugoso; ao velo, observe a cor; se o agarro, percibo se é lixeiro ou pesado • A orixe do coñecemento físico está por tanto nas mesmas cousas, na realidade, e é a través da manipulación, observación e experimentación que a crianza descobre as propiedades dos obxectos; actuando sobre eles e observando como reaccionan • Comprender que hai máis animáis que vacas no mundo, é dicir, a inclusión dunhas clases noutras de maior amplitude, é tamén un coñecemento lóxico-matemático 16 • Polo tanto, a fonte ou orixe do coñecemento físico é en parte externa, está nos obxectos; a fonte do coñecemento lóxico-matemático é interna, está na actividade mental sobre os obxectos, na coordinación das relacións entre eles, o que dá á crianza a posibilidade de clasificalos conforme a unha ou máis propiedades, ordenalos, agrupalos, serialos, calculalos, etc. • Cando a crianza é capaz de decatarse de que "isto é igual que isto", "isto é máis grande", "aquí hai máis que", "son tres", etc., manifestá o seu coñecemento lóxico-matemático.

O coñecemento social:

• É aquel que construímos sobre as persoas, as relacións interpersoais e a organización social, a partir das nosas relacións cos outros, coa cultura, na escolá • Nada do que forma parte do noso coñecemento social existiría de non estar dentro dunha comunidade social. Por exemplo, saber o nome das cousas que nos rodean, saber que se cruza a rúa cando o semáforo loce verde e non vermello, que o domingo é día de descanso e non se vai ao colexio, saber como funciona unha estación de tren ou como se compra nunha tenda • Este coñecemento está, ao igual que os anteriores, relacionado cos outros tipos. Así, unha persoa necesita coñecer as propiedades vermello e verde para entender a norma social de cruzar rúas 

Entradas relacionadas: