Desenvolvemento Temperán do Recén Nacido: Estados, Reflexos e Percepción Sensorial

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,21 KB

Estados e Ritmos do Bebé

O recén nacido, mentres non aprende a controlar os sistemas de interacción co contorno, terá unha actividade motriz pouco eficaz e pasará moito tempo chorando, durmindo. Os bebés pasan por seis estados de consciencia:

  • Sono profundo
  • Sono activo
  • Adormecemento
  • Estado de alerta
  • Nerviosismo
  • Choros

Patróns do Sono

O ciclo de sono/vixilia do recén nacido está intimamente relacionado coa nutrición. A forma na que vai enlazando ciclos depende da sociedade e da familia na que nace.

Patróns de Mamar

No primeiro acto de mamar pode que succione rabiosamente, pero ao cabo duns días chupará, tragará e respirará de forma coordinada. Un bebé pode succionar e respirar ao mesmo tempo, xa que presiona o pezón co padal. O bebé succiona en tomas separadas por pausas, por exemplo, 24 succións nunha toma e logo fai un descanso. Mamar proporciona estimulación oral, satisface o gusto do bebé, exercita os músculos da boca, etc.

Reflexos do Recén Nacido

Un recén nacido posúe máis dunha ducia de reflexos. Algúns son permanentes e outros desaparecen a medida que o cerebro vai madurando.

Reflexo de Busca Oral

Tendencia a mover a boca e a cabeza en dirección a calquera obxecto que estimule a comisura da boca. Ten un significado adaptativo, xa que axuda o bebé a meter o pezón na boca. Desaparece aos 3-4 meses.

Reflexo de Succión

Ao introducir o dedo entre os labios, o neno comeza a chupar e deglutir. Aparece dende o nacemento e desaparece aos 4-6 meses.

Reflexo de Presión

Ben asentado, algún recén nacido pode aguantar case o seu peso colgado dunha man. É máis forte durante o primeiro mes e logo empeza a decrecer. Desaparece aos 3-4 meses.

Reflexo de Moro

Estirar os brazos nun xesto de abrazo e curvar as mans coma se quixese coller algo.

Reflexo da Glote

Témolo mentres estamos no útero co líquido amniótico. Fai posible o peche da glote cando vai entrar un líquido de forma involuntaria.

Reflexo de Buceo

Cando introducimos o bebé coa cabeza dentro da auga, entón comeza a facer uns movementos coordinados coma se estivese nadando.

Reflexo de Marcha

Se levamos a un bebé a unha superficie e facemos que a toque cos seus pés e se lle dobran os xeonllos, responderá cun movemento de andar. Poden indicar certa organización neurolóxica innata.

Reflexo de Fuxida

Obsérvase pinchando a planta do ; entón retira a perna flexionando a articulación.

Reflexo de Babinski

Acariciando a planta do , vemos como o neno separa os dedos e torce o pé. Desaparece aos 11 meses.

Desenvolvemento Temperán da Percepción

Os sentidos dos neonatos impórtanlles do que lles rodea, aínda que non con tanta precisión coma aos adultos.

Gusto

Cando se lles pon na lingua algunha solución líquida, responden con xestos faciais similares aos dos adultos.

Olfato

Reaccionan a cheiros fortes.

Oído

Parece responder aos sons ás 28 semanas. Os recén nacidos poden oír. Nos primeiros días prefiren tons esaxerados que os normais.

Vista

A claridade da visión baséase na acomodación visual e na agudeza. A habilidade de enfocar denomínase acomodación visual. Un bebé dunha semana ve os obxectos que están a 6 metros coa mesma claridade que un adulto ve obxectos a 18 metros.

Entradas relacionadas: