Desenvolvemento Social e Socialización na Infancia: Axentes Clave

Enviado por Chuletator online y clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 12,85 KB

Desenvolvemento Social e Socialización

O desenvolvemento social da persoa lévase a cabo a través da socialización.

Mediante a socialización, a persoa fórmase como ser único e convértese no membro activo e de pleno dereito do grupo social do que forma parte.

Mediante este proceso, o pequeno adquire e interioriza as pautas de convivencia e relación, os costumes e os valores compartidos propios da súa sociedade e cultura.

Tipos de Socialización: Primaria e Secundaria

En función do momento evolutivo no que se produce e da profundidade con que se interiorizan as normas e as relacións, podemos distinguir entre socialización primaria e secundaria:

  • Socialización primaria: Prodúcese no seio da familia. O bebé vai incorporando as principais formas de comunicación social e aprende a respectar os hábitos e as regras máis elementais de convivencia. A socialización primaria caracterízase pola incorporación das normas dunha maneira personalizada, flexible e suxeita en moitos casos á negociación.
  • Socialización secundaria: Prodúcese noutros contextos sociais, como a escola ou outros grupos de ocio, onde as relacións son menos íntimas, as regras menos personalizadas e a flexibilidade de negociación menor. Polo que, se o neno/a puido negociar no seio familiar, aprenderá que hai regras que se poden discutir e outras que non, e así poderá aceptar as regras colectivas dunha forma máis fácil.

Axentes de Socialización na Infancia

Chamamos axentes de socialización as persoas ou institucións que exercen a súa influencia sobre o neno/a e inciden no seu desenvolvemento social.

Os principais axentes de socialización son: a familia, a escola e o grupo de iguais. Tamén debemos ter en conta a televisión, as novas tecnoloxías e outros medios de comunicación.

A Familia: Primeiro Axente Socializador

A familia constitúe o primeiro axente de socialización, xa que é no seu seio onde o ser humano interacciona por primeira vez con outros seres da súa mesma especie.

As primeiras experiencias sociais son determinantes, xa que constitúen as bases para o establecemento das futuras relacións sociais e dos vínculos afectivos con outros membros da sociedade.

A familia tamén actúa como un filtro sobre o resto dos axentes socializadores, xa que esta decide o momento en que o neno/a acceda a outros contextos, como a escola infantil.

Función Educadora dos Pais

A nai e o pai son os primeiros educadores dos seus fillos. Polo feito de convivir, interactúan continuamente, o cal supón unha transmisión de valores, de ideas, de actitudes e de aprendizaxes. Se existe convivencia, existe educación.

As nais e os pais, por diferentes motivos, poderán non educar adecuadamente, pero o que non poderán facer en ningún caso é non educar.

Un dos factores que máis variou na nosa sociedade é a intervención educativa do pai no desenvolvemento socioafectivo dos seus fillos, a consecuencia de diferentes cambios. Hoxe en día, na maioría das familias, o pai é moito máis afectuoso cos seus fillos/as que en épocas pretéritas e participa na súa educación de forma plena.

Relacións entre Irmáns

As relacións entre irmáns son moi importantes. Destaca que se trata de relacións significativas e de por vida, diferentes cualitativamente das que se establecen cos pais e cos iguais. Nestas relacións apréndese a pelexarse e a resolver conflitos, a compartir e a querer. Son relacións ambivalentes, pola cantidade de emocións opostas que nelas entran en xogo.

Para un neno pequeno, o seu irmán maior é un modelo a imitar, unha fonte de aprendizaxe e de cariño que inflúe de forma clara no seu desenvolvemento social, pero tamén convértese nun rival en moitos momentos.

Sen embargo, non todas as relacións entre irmáns teñen o mesmo nivel de proximidade. Ás veces son moi positivas e satisfactorias, pero noutros casos trátase de relacións moi conflitivas. Os motivos que determinan a calidade desta relación son diversos: a similitude do temperamento que pode facilitar a relación, a relación de cada un dos irmáns cos pais, etc.

Socialización en Novas Modalidades Familiares

Desde posicións moi tradicionalistas incidiuse na pouca capacidade destes tipos de familia para coidar os seus fillos de maneira adecuada, xa que consideran que presentan modelos socializadores incorrectos. É necesario destacar que non existen diferenzas significativas en canto ao desenvolvemento social e afectivo entre os fillos/as destes novos tipos de familia e os fillos de familias biparentais, pero hai trazos específicos para comentar.

En familias monoparentais por elección e tamén nas familias de pais ou nais homosexuais, hai que destacar que a socialización no seio da familia adoita ser máis activa, e os nenos/as destas familias adoitan presentar unha maior madurez e responsabilidade.

Finalmente, en canto ás familias reconstruídas, pode producirse certa ambigüidade na manifestación de lealdades que provoca imprecisión nas relacións de autoridade.

A Escola como Axente Socializador

A escola é unha das formas máis habituais de entrar en contacto coa sociedade. Trátase dunha institución organizada para a transmisión de contidos e formas de comportarse socialmente desexables. A escola é como unha sociedade en miniatura que debe ter certas normas de convivencia.

Na escola, os nenos/as forman grupos de idade que están a cargo dunha ou varias persoas adultas, grupos nos que a proporción nenos/persoas adultas é maior que na familia. As relacións que se establecen na institución escolar son diferentes ás establecidas no marco familiar.

O grao de intimidade das relacións non é como o que se atopa na familia, e a maneira de establecer as normas tampouco. Sen embargo, a escola representa un contexto determinante no desenvolvemento social do neno/a.

A escolarización no noso país é obrigatoria a partir dos 6 anos, pero aos 3 anos xa case todos están escolarizados. Os nenos/as permanecen na escola e van aprendendo as habilidades sociais, formas de comportarse e de resolver conflitos, normas, etc. Tamén neste espazo aparece a formación do autoconcepto, a autoestima e as primeiras relacións de amizade.

Entre os factores escolares que inflúen no desenvolvemento social de cada neno/a, podemos destacar: o estilo educativo e as actitudes do educador/a, as características físicas e as instalacións do centro, etc.

O Grupo de Iguais e a Socialización

As persoas adultas son as que promoven os primeiros encontros entre nenos/as de curta idade, xa que os bebés non poden interactuar con outros iguais de maneira autónoma.

As primeiras relacións con outros nenos/as de idade similar teñen lugar no contexto familiar, con irmáns, fillos de amizades... Ao comezo trátase de contactos puntuais; os pequenos aprenden moi rápido a distinguir as persoas coñecidas e descoñecidas, entre compañeiros de xogo habituais e esporádicos.

No momento en que os nenos/as se despracen, podemos falar de relacións entre iguais, que son relacións interactivas e autónomas entre nenos/as de idade similar sen a intervención directa das persoas adultas.

Cara aos 2 anos xa son capaces dunha alta gama de habilidades sociais complexas e cooperativas (baixar por quendas o tobogán, compartir xoguetes, etc.). Aparecen tamén as primeiras mostras de afecto (abrazos, sinais de consolo...).

Tamén existen dificultades e conflitos nestas primeiras relacións entre iguais (pelexas por xoguetes, condutas agresivas...).

Participando en situacións de interacción, os nenos/as aprenden habilidades sociais e de negociación, pero tamén formas de comportamento menos adecuadas, como condutas agresivas de autoafirmación.

A calidade das relacións vai mellorando ao longo da infancia, a medida que os pequenos van crecendo e fanse máis competentes socialmente.

Educación Incidental: Televisores e Pantallas

Na socialización é moi importante a influencia das ideas e contidos que as nenas/os adquiren a través dos medios de comunicación e doutros dispositivos (tablets), dando lugar ao que se coñece como educación incidental.

A educación incidental caracterízase por levarse a cabo de maneira espontánea e informal, sen sustentarse en obxectivos educativos.

A educación incidental pódese considerar oposta á educación intencionada e, en certa medida, como unha escola paralela. A educación incidental ten lugar en todos os contextos nos que se desenvolve e interactúa a persoa e que dalgunha maneira inflúen nela. A maior influencia ten a televisión.

Os Medios Dixitais na Vida dos Nenos/as

O televisor ten un lugar privilexiado nos fogares, no centro da sala está situado. Isto implica que as mensaxes que emite inflúen na vida dos nenos/as desde idades moi temperás. Desde moi pequenos reaccionan ao que se proxecta na pequena pantalla. Aínda sen saber falar, entenden algunhas das emocións que transmiten as escenas proxectadas, tal vez polo ton de voz, a actitude corporal ou a expresión facial.

A televisión cedeu protagonismo a outros dispositivos electrónicos como os teléfonos móbiles, tablets. Os nenos/as mostran moita curiosidade e unha gran habilidade de acceso e manexo destes. Esta realidade non unha idea da importancia que teñen nas nosas vidas estes dispositivos e o que neles se proxecta. É necesario reflexionar sobre a súa transcendencia e sobre o papel socializador e educativo que exercen no desenvolvemento e a educación dos pequenos.

Educación e Valores a Través das Pantallas

Esta realidade non é mala, pois a capacidade de acceder ao coñecemento é ilimitada e inmediata, e pode empregarse como recurso educativo de primeira orde. A clave está na educación e no bo uso. Un aspecto importante é a cantidade de tempo que os nenos/as pasan diante do televisor, o ordenador ou outras pantallas. Normalmente superan as 2 horas e nos fins de semana aumenta. O tempo que dedican a esta actividade réstase a outras actividades socializadoras como os xogos, os paseos ou a lectura de contos; desde moi pequenos habitúanse ao uso destes dispositivos. A televisión, os videoxogos e os diferentes contidos aos que se accede a través da pequena pantalla proporcionan diferentes modelos de comportamento. A través delas, os nenos/as van aprendendo maneiras de expresar emocións, valores, formas de relacionarse, de afrontar as dificultades e de resolver os conflitos, aínda que non sempre de forma adecuada. Estas opcións non coinciden coas da propia familia, o cual pode ser enriquecedor, xa que aínda sendo opcións e formas de vivir distintas, non provocan un conflito. Os modelos televisivos tamén poden entrar en conflito cos valores e as normas da propia familia e, en ocasións, pode ser beneficioso para a educación do pequeno e pernicioso noutras.

  • Pode ser beneficioso cando se transmiten modelos de comportamento adecuados.
  • Pero noutros casos, a presenza de modelos non adecuados e demasiado distintos do familiar poden desorientar ao pequeno.

Hai que considerar que en moitos contidos que se emiten teñen un marcado sexista e belicista que desde a escola se busca erradicar.

É moi importante na primeira infancia velar para que os contidos que os pequenos visualicen na televisión ou accedan a través doutros dispositivos sexan enriquecedores e acheguen valores e modelos positivos.

Entradas relacionadas: