O Desenvolvemento Sexual e a Identidade de Xénero

Enviado por Chuletator online y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,73 KB

Unidade 4: O Desenvolvemento Sexual

1. Concepto. Xénero e Sexo

- O ser humano é un ser sexual desde o principio até o final da súa vida.

- Favorecer o desenvolvemento saudable e prazenteiro da sexualidade é favorecer o desenvolvemento integral dunha persoa.

A Sexualidade Humana:

A) É un aspecto central do ser humano, presente ao longo da súa vida.

B) Abarca o sexo, as identidades e os roles de xénero, o erotismo, o pracer, a intimidade, a reprodución e a orientación sexual.

C) Vívese e exprésase (aínda que non sempre) a través de pensamentos, fantasías, desexos, crenzas, actitudes, valores, condutas, prácticas, roles e relacións interpersoais.

D) Está influída pola interacción de factores biolóxicos, psicolóxicos, sociais, económicos, políticos, culturais, éticos, legais, históricos, relixiosos e espirituais.

O sexo dun ser humano ven determinado por:

  • O código xenético: 46 cromosomas/23 pares. Mulleres (XX) e homes (XY)
  • As hormonas sexuais.
  • A anatomía sexual (tanto externa como interna)
  • As características sexuais secundarias.

Aos factores biolóxicos que configuran o feito de nacer cun corpo que chamamos home, muller ou intersexual, hai que agregar outros factores culturais e sociais que inflúen na identificación do xénero das persoas desde o momento do nacemento.

- A formación da identidade sexual é un proceso complexo que empeza na concepción, pero que se volve clave durante o proceso de xestación e até en experiencias vitais tras o nacemento.

- O corpo é determinante para a categorización social como home ou como muller, con todo pode producirse unha profunda desconformidade co rol de xénero que a unha/un se lle asigna: diferenza entre cómo nos vemos (egosexuación) e como nos vén.

- No caso de que se desenvolvan caracteres fisiolóxicos propios do outro sexo é posible que nos atopemos cun caso de intersexualidade, mentres que se son os trazos psicosociais os que non coinciden co esperado, atoparémonos con persoas cunha expresión de xénero non normativa ou incluso con persoas trans.

- É importante diferenciar entre expresión de xénero (como unha persoa se expresa, viste, fala, e se relaciona co mundo) e a identidade sexual (como unha persoa se entende e se identifica a si mesma).

2. Teorías da Antropoloxía Cultural e Teorías da Aprendizaxe

- Unha das críticas que sufreu a psicanálise procede da antropoloxía cultural.

- Outros estudos demostran que as persoas proxenitoras tenden a ser máis estritas no proceso de socialización da ou do fillo do seu mesmo sexo, e que, ademais, a proxenitora de sexo oposto actúa como compensadora das presións da outra sobre a nena ou o neno. Isto é considerado como un reforzamento social da diferenza.

- Ao anterior, habería que engadir o efecto dos procesos de imitación a que se referiron sobre todo Bandura. Neste sentido, débese sinalar que nais e pais cumpren algunhas das características do tipo de modelos que os nenos e nenas tenden a imitar, en especial á ou ao proxenitor do mesmo sexo, e ademais recompensan as condutas de imitación que deles fai a nena ou o neno. Todo iso contribúe a pensar que a orixe da diferenza no desenvolvemento sexual é froito da aprendizaxe.

3. Teoría Construtivista do Desenvolvemento Afectivo Sexual

- A Educación Afectiva e Sexual representa un aspecto importante na formación integral das nenas e nenos porque, non só se trata de transmitir un coñecemento biolóxico, senón de explicar procesos tales como a construción da identidade de xénero ou as relacións afectivas na nosa cultura.

- Neste sentido é imposible separar sexualidade e afectividade. Estúdase o desenvolvemento afectivo sexual en construción a partir das experiencias da nena e do neno para ir avanzando no seu desenvolvemento.

Ata os dous anos

  • Pódese coñecer o sexo biolóxico desde antes do nacemento, na 6a semana de xestación iníciase o desenvolvemento sexual, se é macho desenvolverase na 7a semana e se é femia na 9a
  • A partir do coñecemento por parte das persoas proxenitoras, das diferenzas biolóxicas sexuais fundamentalmente os órganos xenitais externos, polo xeral comezan a asignar un rol sexuado que afecta a todos os aspectos da vida da crianza

Entre os dous e os seis anos

  • O neno ou a nena vai asumindo unha diversidade de estereotipos de xénero sobre as actividades, condutas e ocupacións de homes e mulleres, como consecuencia do proceso de socialización e a influencia que niso exerce o entorno cultural
  • Danse conta de que pertencen a unha ou outra categoría, pero aínda non distinguen claramente entre identidade sexual e rol de xénero. De modo que se vestimos a unha nena como a un neno ou viceversa pensarán que se converteron en nena ou neno segundo sexa o caso.
  • A pesar de que os nenos e as nenas saben con toda certeza que son nenos ou nenas, non adquiren a permanencia da súa identidade ata os cinco ou sete anos

4. A Identidade Sexual

- É a convicción persoal que ten a persoa sobre a súa pertenza ao sexo masculino ou femenino ou ningún, e adquirese despois dos tres anos.

- Como consecuencia da interacción co contorno social, van adquirindo o rol ou papel de xénero.

- Desde unha perspectiva igualitaria debemos ter presentes os estereotipos de xénero, e non atribuír características que deben ser comúns a todas as persoas con independencia da súa identidade sexual.

- A educación sexista que atribúe cualidades persoais en función dos xenitais ou da identidade sexual, está na base da perpetuación da desigualdade de xénero, da violencia contra as mulleres e contra as persoas que non se axustan a ese binarismo.

- A sociedade recoñeceu, que as preferencias iniciais por actividades, roles e condutas e a súa atribución a estereotipos resultan limitadores para o desenvolvemento das persoas desde a infancia.

- Cando os intereses e habilidades dunha crianza son diferentes do que a maioría social espera, probablemente sufran discriminación e acoso.

- No canto de obrigar ás crianzas para ceder ante estas presións e a autolimitarse, as proxenitoras poden cumprir unha importante función na loita por obter espazos seguros onde se poidan sentir cómodes e a gusto con quen son.

Adquisición da Constancia de Xénero

  • Adquírese a partir dos cinco ou seis anos. É a capacidade de diferenciar entre as características anatómicas estables e permanentes e as características asignadas ao rol.
  • Esta adquisición está asociada ao logro doutras capacidades de razoamento asociadas á súa vez ao período de operacións concretas.
  • O xogo é parte normal da exploración e o desenvolvemento do xénero, independentemente da súa futura identidade de xénero.
  • As crianzas tenden a desenvolver unha visión máis clara de si mesmas e do seu xénero. Pode ser masculino, femenino, algo no medio, unha combinación de ambas cousas ou ningunha.
  • Cando un menor sabe que ten unha identidade para sempre, que non depende da súa vontade nin do rol social asignado podemos falar de permanencia da identidade sexual e diferenciación entre identidade sexual e rol de xénero.
  • As investigacións suxiren que o xénero é algo innato; non se pode cambiar con ningunha intervención. É sumamente importante que as crianzas se sentan amadas e aceptadas por ser quen son.
  • É común que os membros da familia atravesen o seu propio proceso para aceptar e entender mellor a identidade de xénero, os pensamentos e os sentimentos da crianza.
  • Resulta necesario informarse e formarse, e contar con recursos de apoio para saber previr e evitar calquera tipo de comportamento ou conduta non respectuosa e evitar as agresións.

5. A Orientación Sexual

- É unha atracción emocional, romántica, sexual ou afectiva duradeira cara a outras persoas.

- Adoita manifestarse ao inicio da adolescencia.

- As persoas bisexuais poden experimentar unha atracción sexual, emocional e afectiva cara a persoas do seu mesmo sexo e de outro.

- Ás persoas cunha orientación homosexual denomínanse ás veces gais (tanto homes como mulleres) ou lesbianas (só ás mulleres).

- No ámbito infantil debemos vixiar que non se realicen aprendizaxes negativas, que non se establezan prexuízos nin se empreguen burlas, insultos ou termos vinculados a orientación sexual.

6. A Sexualidade na Infancia

Entre os dous e os seis anos

As crianzas van adquirindo competencias motoras e mentais novas que lles permiten un certo grao de autonomía, unha maior comprensión da realidade e formas de comunicación máis ricas:

  • Xorden condutas de exploración, curiosidade sexual, descubrimento das diferenzas anatómicas entre o neno e a nena, os roles de xénero, a orixe das nenas e nenos e obteñen pracer a través da manipulación dos xenitais. Aparecen condutas de “mirar” e de “mostrarse”.

Entre os 7 e os 10 anos

  • Teñen maior autonomía, manéxanse mellor no mundo real e coñecen a súa identidade sexual.
  • É un período no que as prohibicións en todo o concernente ao corporal e ao sexual se fan moito máis explícitas.
  • As condutas sexuais se fan menos espontáneas e abertas, sexan máis sutís e ocultas, e logren pasar desapercibidas a ollos das persoas adultas.
  • As crianzas afírmanse no que coñecen por observación da conduta das persoas adultas; son conscientes das sensacións físicas e emocionais asociadas ao contacto e a proximidade física; experimentan a excitación sexual e a relación afectivo-sexual co seu grupo de iguais.

Entradas relacionadas: