Desenvolvemento económico e social en España na década de 1970
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,37 KB
1.3. Os plans de desenvolvemento
Entre 1964 e 1975 puxéronse en marcha 3 plans de desenvolvemento económico e social cun marcado carácter industrial: - O 1º (1964-1967) non cumpriu os seus obxectivos.
- O 2º (1969-1971) dedicado á agriculura, á vivenda, á educación e aos transportes.
- O 3º viuse interrompido pola crise do petróleo no 1975.
O obxectivo dos plans era superar as deficiencias estruturais en xeral e favorecer as zonas menos industrializadas a través dos polos de desenvolvemento e doutras iniciativas. Os plans impulsaron o crecemento económico sen alcanzar os resultados esperados.
CRECEMENTO ECONÓMICO E CAMBIO SOCIAL
Un desenvolvemento económico acelerado
O desenvolvemento económico español da década de 1970 foi basicamente industrial. O ritmo do crecemento foi excepcional, cualificado de “milagre español”.
Os factores que interviñeron nese desenvolvemento son a contención dos salarios, a competividade dos produtos, a mellora da produtividade e o uso de novas tecnoloxías. A transformación da agricultura proporcionou unha man de obra abundante.
Coa instalación de multinacionais España colocouse entre as maiores potencias industriais. A súa estabilidade dependeu dalgúns factores externos:
- Exportación de produtos agrícolas e manufacturados.
- Modernización tecnolóxica e o investimento estranxeiro estimularon as industrias.
- Aumento do turismo europeo, atraído polo clima, a praia e os prezos.- O diñeiro que enviaron os emigrantes desde os países europeos.
Aumento de poboación e movementos migratorios
As mellores condicións económicas favoreceron o aumento de poboación, coñecido como “baby boom”.
Houbo moita man de obra, pero nin a industria nin os servizos puideron absorber toda esa man de obra dispoñible, polo que as autoridades políticas permitiron a emigración como unha solución.
Alemaña, Francia, Suíza ou Bélxica foron os países de maior emigración. Co fin de axudar, asesorar e controlar os emigrantes, creouse o Instituto Nacional de Emigración (1957) e promulgouse a Ley de Ordenación del Emigrante (1962).
O movemento migratorio influíu no desenvolvemento urbanístico. No 1970 o 66% da poboación española vivía en núcleos urbanos. A demanda de vivendas dinamizou o sector da construción.
Cambio social e comportamentos socioculturais
Cambiou a estrutura social. Formouse unha influente burguesía urbana e extendéronse as clases medias. O movemento obreiro fíxose máis reivindicativo fronte ás empresas e ao sistema político.
Pasouse a unha España urbana máis aberta, plural e libre.
Houbo melloras sociais como a ampliación a cobertura da Seguridade Social, aumento da poboación escolarizada e obrigatoria…
Co aumento do emprego e dos salarios cambiaron os costumes:
- A muller estaba máis formada, independente e incorporada ao mundo laboral.
- Houbo comportamentos morais diferentes como unha alimentación mellor, abandono das prácticas relixiosas…
- Aumentou a demanda de bens de consumo. O televisor foi a ventá aberta á propaganda.
- Uso do automóbil, o “seiscentos”. Produciu un gran impacto social.
- As asociacións veciñais tiveron gran protagonismo reivindicativo fronte ao réxime.