Descubre a Prehistoria: Evolución Humana, Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,53 KB

A Prehistoria: Un Percorrido pola Evolución Humana e as Eras Fundamentais

O Proceso de Hominización

  • Os científicos cren que os homínidos e os simios proceden dun antepasado común.
  • PROCESO DE HOMINIZACIÓN: proceso de evolución e cambios que os seres humanos experimentaron dende ese antepasado común cos simios.
  • Principais cambios foron:
    • Posición bípede: o ser humano empezou a andar en dúas pernas e a liberar as mans do chan.
    • Cambios nas cadeiras, pernas e pés para poder andar e manter o equilibrio.
    • Aumento da capacidade cranial e do desenvolvemento do cerebro. Permitiu a aparición dunha linguaxe articulada e dun aumento da intelixencia.

Evolución dos Homínidos

  • A evolución non foi lineal: coexistiron varios tipos de homínidos á vez.
  • AUSTRALOPITHECUS: os máis antigos. Iniciaron o bipedismo.
  • HOMO HABILIS: Primeiro do xénero Homo. Empezou a fabricar e usar utensilios para as tarefas diarias.
  • HOMO ERECTUS: descubriu o lume.
  • HOMO ANTECESSOR: O Homo máis antigo de Europa. Coexistiu co Erectus.
  • HOMO NEANDERTHALENSIS: Fabricaba instrumentos xa especializados e enterraba os seus mortos.
  • HOMO SAPIENS: Plena capacidade de fala e creador de arte.

O Paleolítico: A Idade da Pedra Antiga

  • Dende o 2.500.000 a.C. ata o 10.000 a.C.
  • Economía depredadora: aliméntanse do que lles ofrece a natureza (caza, pesca, recolección de bagas, raíces, ovos, etc.).
  • Son nómades: desprázanse dun lugar a outro en busca de alimento.
  • Viven en covas ou en campamentos con cabanas construídas con materiais da zona (madeira, barro, ósos de animais, peles, etc.).
  • Organízanse en clans (familias) e todos os membros son igual de importantes para a subsistencia do grupo.
  • Fases do Paleolítico e as súas ferramentas:
    • Paleolítico Inferior: O Homo Habilis usaba pedra tallada por unha cara para facer os seus útiles. O Homo Erectus usaba bifaces (pedras talladas polas dúas caras para cortar, raer, etc.).
    • Paleolítico Medio: O Homo Neanderthalensis usaba lascas que saían das pedras e a madeira para instrumentos máis especializados (frechas, coitelos, etc.).
    • Paleolítico Superior: O Homo Sapiens usaba pezas pequenas e afiadas chamadas microlitos e creaba instrumentos moi precisos.
  • Aparición e control do lume: melloraron a vida no Paleolítico:
    • Iluminación do interior das covas.
    • Quentarse nos meses fríos.
    • Cociñar alimentos e facelos máis dixeribles.
    • Escorrentar animais.
    • Quentar pedras e moldealas mellor.
    • Outros usos.

O Neolítico: A Revolución Agrícola

  • Dende o 10.000 a.C. ata o 5.000 a.C.
  • Inicio na zona do Crecente Fértil.
  • ECONOMÍA PRODUTORA: o ser humano produce aquilo que precisa para vivir.
  • Aparecen a agricultura e a gandería.
  • Características das sociedades neolíticas:
    • Sedentarios.
    • Viven en poboados con cabanas sólidas de madeira e barro.
    • Viven preto de ríos e mares.
    • Son comunidades autosuficientes.
    • Producen o necesario para vivir.
    • Inician o troco ou intercambio de produtos e practican a minaría.
    • Sociedades igualitarias: todos teñen o mesmo peso na sociedade.
    • Ao final do Neolítico aparecen desigualdades sociais.
  • Innovacións tecnolóxicas do Neolítico:
    • Pulen a pedra para lograr armas e utensilios máis precisos e eficaces.
    • Invéntase a cerámica: barro modelado e cocido.
    • Coa cerámica fan recipientes para gardar alimentos, pratos, vasixas, etc.
    • Aparece o tecido con agullas de óso e con fibras naturais.

O Megalitismo

  • Son construcións realizadas con grandes bloques de pedra na Prehistoria.
  • Necesitaban de esforzo colectivo e gran habilidade técnica.
  • Bloques de pedra de varias toneladas difíciles de mover.
  • Función: difícil de saber; talvez relixiosa na maioría dos casos.

A Idade dos Metais

  • Vai dende o 5.000 a.C. ata o 3.000 a.C.
  • Iniciouse no Crecente Fértil ao final do Neolítico co traballo dos metais.
  • O primeiro metal en usarse foi o ouro.
  • Usábase golpeándoo ata darlle a forma desexada.
  • Outros metais de uso similar foron a prata, o chumbo, etc.
  • Usábanse para adornos e obxectos de prestixio.
  • Cara ao II milenio a.C. aprenderon a usar o bronce e con el chegou a fundición.
  • Ao fundir os metais conseguían darlle forma en moldes.
  • O último metal en traballarse foi o ferro, que precisaba de moita calor e con el chegaron as forxas ou fornos de grandes temperaturas.
  • Impacto da metalurxia na sociedade:
    • Melloraron as técnicas e aparellos agrícolas e gandeiros.
    • Houbo máis produción e mellor alimentación.
    • Aumentaron os intercambios comerciais e apareceu a roda.
    • Houbo unha especialización do traballo: cada un dedicábase a unha soa cousa dentro da comunidade.
    • Aparecen xefes e membros da sociedade con máis poder que outros. Comezan as desigualdades sociais.

Entradas relacionadas: