Descolonización, Oriente Próximo e Poder Estadounidense

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,81 KB

As causas da descolonización

A segunda guerra mundial mostrou ás colonias a debilidade das súas metrópoles e que estas non eran invencibles. A guerra tamén reforzou os movementos nacionalistas. Por outra parte, as dúas grandes superpotencias que saíron da guerra, Estados Unidos e a URSS, non tiñan colonias no sentido tradicional, pero necesitaban apoios para a súa disputa pola hexemonía mundial. Tamén foi moi importante o papel da ONU. Un dos principios sobre os que se baseaba a nova organización era o dereito á autodeterminación dos pobos dominados polos imperios.

Antecedentes: Próximo Oriente na primeira metade do século XX

Desde finais do século XIX, o movemento sionista postulaba a fundación dun estado para o pobo xudeu. A Declaración de Balfour (1917) expresa que Gran Bretaña apoiou as teses sionistas e comprometeuse a favorecer a creación dun fogar nacional xudeu en Palestina. A inmigración xudía a Palestina intensificouse na década de 1930, pois moitos xudeus fuxían da persecución á que eran sometidos polo réxime nazi. En 1947, a ONU aprobou unha resolución que establecía a retirada británica e a partición de Palestina en dous estados: un xudeu e outro árabe.

O nacemento da Autoridade Nacional Palestina (ANP)

En 1964 naceu a Organización para a Liberación de Palestina (OLP) e o seu principal dirixente foi Iasser Arafat. A Intifada foi unha guerrilla urbana contra o exército israelí nos territorios que este ocupara en 1967. Polo Acordo Gaza-Xericó (1994), Israel recoñeceu o autogoberno palestino. Creouse a Autoridade Nacional Palestina (ANP), que ocupaba a Franxa de Gaza, Xericó e os arredores de Cisxordania.

As bases do poder estadounidense

EE.UU. continúa sendo o motor da economía mundial, aínda que o seu dominio económico diminuíu ante o crecemento de China e India. A súa preeminencia científica e tecnolóxica débese aos grandes investimentos que dedica á investigación e ao desenvolvemento de novos produtos. O poderío político e diplomático maniféstase en que é o único país capaz de intervir en calquera asunto mundial e na grande influencia que exerce sobre os demais países e as organizacións internacionais. O dominio militar é claro. Conta co maior exército do mundo e coas armas de combate máis avanzadas. O inglés é a lingua internacional por excelencia.

A política exterior dos últimos anos

En 1991, EE.UU. interveu na chamada Guerra do Golfo, apoiada pola ONU. En 2001, tras os atentados do 11-S, dirixiu a ofensiva contra o goberno dos talibán en Afganistán, que consideraba aliado da organización Al-Qaeda. En 2003, encabezou a Guerra de Iraq, esta vez sen aprobación da ONU e coa xustificación de que este país posuía armas de destrución masiva, algo que non era certo.

Entradas relacionadas: