Desafíos y Oportunidades de las Artes Escénicas en Galicia

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 62,59 KB

A Situación de Partida

Para a elaboración do presente informe, a comisión relatora partiu da

necesidade de considerar a situación actual de partida, desde a que propoñer

as perspectivas do presente e os desafíos para o futuro. Todo iso hai que

contextualizalo ademais nun proceso de desenvolvemento do tecido teatral

que, en Galicia, sempre padeceu eivas substantivas, entre as que quizais a

máis importante sexa que os creadores escénicos xamais tiveron un acceso

natural aos espazos de creación e produción, sendo os teatros espazos para a

exhibición e nunca polos de creación e dinamización.

Pero igualmente hai que destacar o feito de que as artes escénicas gozan en

Galicia de moi pouca visibilidade, en especial aquelas que pola súa natureza

implican procesos de comunicación de base lingüística e nas que a lingua

galega é vehicular, caso do teatro, ausente, como a danza, do ámbito da

educación obrigatoria. Esa visibilidade escasa implica que as artes escénicas

na maioría dos casos resultan invisibles, descoñecidas e alleas a sectores

importantes da poboación.

A carencia de políticas de promoción tanto interior coma exterior das

nosas artes escénicas e dos seus creadores.

A asunción mimética do concepto e dos modelos propios da industria

cultural, alleos por completo a unhas artes que en ningún caso permiten

procesos industriais, e que, finalmente, acaban promovendo a

mercantilización da cultura.

O escaso nivel de normalización da educación artística vinculada coas

artes escénicas, e as carencias indubidables no campo da investigación.

O abandono absoluto que padecen as artes escénicas de carácter

comunitario, asociativo ou escolar, así como a ausencia de redes

específicas de formación e difusión.

O escaso valor que se concede ao patrimonio escénico material e

inmaterial, síntoma evidente do escaso valor que as artes escénicas

teñen para as administracións, que deberán velar pola súa conservación

e posta en valor.

Existe, ademais, o risco de que se estendan percepcións sociais negativas nas que as artes escénicas se vexan

coma un luxo minoritario e non coma un campo prioritario pola súa dimensión

sociocultural pero tamén socioeducativa.

Igualmente hai que destacar o perigo de que a ausencia de programas de

dinamización da difusión teatral acaben por converter as artes escénicas nun

sector periférico e se acaben por primar programas elaborados con creacións

procedentes do exterior, como xa está acontecendo en salas e auditorios nos

que avanza a xestión privada.

Unha concepción dominante das artes escénicas como unha industria de

entretemento, sen outro tipo de implicación social, cultural ou artística.

En efecto, desde finais do século XX en Galicia agroman todo un conxunto de voces e formas que engaden unha considerable

pluralidade estética ás nosas artes escénicas e que de igual maneira aumentan

de forma considerable o abano de usuarios das mesmas o que fai agromar

unha certa diversidade de públicos, especialmente en sectores do corpo social

pouco vinculados coas tendencias escénicas dominantes.

A valoración positiva das artes escénicas galegas por parte do seu

público natural.

A institucionalización progresiva do sector que se materializa na

existencia de institucións propias, amais de varias asociacións que

agrupan aos diversos profesionais das artes escénicas.

A existencia dunha infraestrutura importante de teatros e casas de

cultura nos niveis autonómico, provincial e local, capaces de xerar

dinámicas propias de creación e importantes redes de difusión.

A importancia que, pese a todo, seguen a ter as artes escénicas de

carácter comunitario, asociativo ou escolar, que nestes momentos

agrupan en Galicia a varios miles de persoas que voluntariamente

dedican o seu tempo libre á creación e á dinamización cultural e que

constitúen un capital humano fundamental.

Os vínculos que se poden establecer entre as artes escénicas, a

educación, a animación sociocultural, o desenvolvemento comunitario, e

outros recursos socioeducativos, en moitos casos aínda por explorar en

todo o seu potencial.

O grao de articulación e comunicación interna que presenta o sector das

artes escénicas, e as súas moitas posibilidades de mellora.

A existencia de sectores cun público consolidado.

Oportunidades

A actual crise económica abre un escenario negativo sen parangón desde a

recuperación da democracia e da aprobación e posta en marcha do Estatuto de

Autonomía de Galicia.

Nunha situación como a actual, cómpre demandar das Administracións un

esforzo para a consolidación das institucións, equipamentos, estruturas e redes

xa existentes, pactando cos axentes do sector un Plan Estratéxico orientado a

definir liñas prioritarias de actuación orientadas ao desenvolvemento do sector,

considerando que un uso adecuado dos recursos pode xerar dinámicas en

Galicia aínda descoñecidas, a diferenza do que acontece noutros países

europeos. O baleiro que nestes momentos se sente nos teatros, sen

programación e sen actividade escénica, podería ser unha boa oportunidade

para a creación de compañías residentes.

Por outra banda, a Cidade da Cultura vense experimentando, practicamente

desde o día do anuncio da súa posta en marcha, como unha ameaza para as

artes escénicas, que se ven privadas, xunto con outros sectores culturais, dos

numerosos recursos derivados da construción, mantemento e programación

desa gran infraestrutura. Mais tal vez sexa agora o momento de empezar a

pensar no seu aproveitamento como factor de promoción e irradiación para as

artes escénicas galegas, así como nun soporte para a súa internacionalización,

sen que iso supoña centralización nin minoración de recursos, senón un axuste

da infraestrutura ás necesidades do campo.

A existencia dun patrimonio escénico, artístico e natural notable, e as

posibilidades de vincular as artes escénicas ao mesmo.

A necesidade de dotar de contidos, con carácter permanente, a moitos

espazos escénicos en toda Galicia, que se deberían converter en

espazos de creación e difusión privilexiados para as artes escénicas,

fomentando así a cultura local.

A crecente importancia das novas tecnoloxías e a popularización do seu

uso, o que permite xerar canles inmediatas de información e de

comunicación e traballo en rede e a posibilidade de utilizalas para

difundir e dar visibilidade ás artes escénicas.

A propia crise económica, que lonxe de supoñer unha oportunidade para

eliminar unha parte do sector, debe servir para buscar novos tempos,

espazos e camiños para a creación e a difusión cultural, na procura

dunha nova dinámica sistémica, máis forte e máis tramada.

Considerando as liñas directrices que se derivan do documento

Reflexión estratéxica sobre a cultura galega, e as conclusións que podemos

tirar do informe DAFO comentado, entendemos que no eido das artes

escénicas cómpre poñer en marcha liñas directrices específicas que estean

orientadas a impulsar:

  1. Un Pacto polas artes escénicas para converter este campo de creación
  2. A dimensión transversal das políticas propias das artes escénicas, que
  3. A promoción de todas as manifestacións propias das artes escénicas,
  4. A apropiación dos saberes propios das artes escénicas por parte da

As Artes Escénicas e os Seus Sectores

Unha das cuestións máis relevantes que presenta o campo das artes escénicas

en Galicia é a súa riqueza e diversidade, pois, en efecto, ao longo dos anos

foron aparecendo todo tipo de experiencias e iniciativas vinculadas cos máis

diversos tempos, espazos e usuarios.

Desa realidade xa daba conta o programa da Primeira Mostra de Teatro de

Ribadavia, celebrada en 1973, onde emerxían con forza agrupacións de teatro

escolares e afeccionadas, ao tempo que no mundo da danza, naquel momento

moi vinculada co folclore, xurdían moi diferentes agrupacións por todo o país,

que recollían unhas liñas de traballo propias das agrupacións que contra o

primeiro cuartel do século XX comezan a recollida e mantemento do noso

patrimonio musical e de danza tradicional.

Da importancia do teatro escolar, sexa o vinculado cos centros da escolaridade

obrigatoria, quer o que se promove desde as aulas de teatro universitario, dan

conta moi diferentes iniciativas que decorren en Galicia e que con frecuencia se

concretan na celebración de Mostras de Teatro Escolar, Mostras de Teatro

Universitario, o que permite contar cunha rede moi numerosa de centros

escolares en que, a pesar de dificultades e atrancos múltiples, existe un

colectivo de teatro que normalmente presenta un espectáculo anual que realiza

moi poucas funcións, agás no caso do teatro universitario onde se teñen

creado redes propias de difusión.

Estamos ante prácticas culturais cunha dimensión educativa que aínda non

foron obxecto de estudos sistemáticos, tanto para mostrar os seus procesos de

xénese, desenvolvemento, ou as súas traxectorias e achegas, como para

poñer de manifesto a súa vocación formativa e sociocultural, que aconsellaría a

súa extensión por todo o mapa escolar do país.

O teatro comunitario e asociativo sempre foi en Galicia un sector fundamental

no desenvolvemento dun teatro propio, pois a meirande parte dos primeiros

grupos profesionais, e dos seus integrantes fundadores, teñen as súas raíces

no teatro afeccionado. Malia as dificultades e atrancos para desenvolver unha

actividade permanente nos procesos de creación e de difusión, por falta de

espazos de traballo e de axudas para realizar propostas escénicas, o número

de colectivos de teatro afeccionado non ten diminuído, ao punto de que dende

hai varios anos funciona en Galicia a FEGATEA, ou Federación Galega de

Teatro Afeccionado, que desenvolve numerosas actividades, desde a

organización de actividades de formación, até mostras nas que poder presentar

e compartir o traballo realizado.

Estamos ante un sector fundamental para o que cómpren liñas de actuación

específicas, en tanto estas prácticas contribúen de forma notable ao

desenvolvemento persoal, pero tamén ao desenvolvemento comunitario,

promovendo a participación e a inclusión social pero tamén a diversificación da

oferta cultural en espazos aos que moitas veces non chega a oferta

institucional. Pero ademais estes colectivos permiten crear e

asentar un tecido propio para as artes escénicas, e potenciar a súa dimensión

sistémica.

Cómpren políticas que desde as

institucións e departamentos da administración autonómica e desde a

administración local saiban conformar redes para que todos estes colectivos se

encontren e poidan trocar experiencias, formación e recursos, conformando

redes específicas a nivel local e comarcal que contribúan a diversificar a oferta

cultural en todos os territorios do país, apostando pola cultura local para poder

así acceder á cultura global.

En efecto, faltan traballos de

campo que permitan tomar conciencia da puxanza dun movemento

fundamental, malia os numerosos atrancos que padece, e as moitas

dificultades para darlle continuidade, pero que tamén sirvan para desenvolver

proxectos de actuación, que en boa medida se deberían articular a nivel local e

comarcal, en especial a través das Escolas Municipais de Artes Escénicas,

unha institución fundamental que debería establecer un modelo común de

funcionamento, centrado xustamente na promoción da praxe escénica en todo

tipo de colectivos.

Na elaboración da táboa que presentemos, tomamos como referencia a actividade

profesional, é dicir, as compañías galegas e os espectáculos que circularon

polas redes da AGADIC (Rede Galega de Teatros e Auditorios, e Rede Galega

de Salas) que, sen ofrecer datos globais (por imposibilidade de obter datos

doutras redes, como a da Rede da Deputación de A Coruña, ou das funcións

feitas fóra de redes e fóra de Galicia, que poden ser datos significativos),

mostra unha panorámica reveladora da actividade escénica.

Sendo así, as compañías de teatro acaparan o 49,67% dos espectadores e se

sumamos as de teatro e as de teatro infantil e títeres, o conxunto acapara o

87,43% dos espectadores. A media de funcións que ten unha compañía

galega de artes escénicas ao ano non chega a 10, isto quere dicir, menos

dunha función ao mes. As 34 de teatro distribuíron 35 espectáculos, pois soamente unha ofreceu dous

espectáculos, e as 33 de teatro infantil o títeres ofreceron 41 espectáculos. O

circo e a maxia son as artes escénicas que máis espectadores por función

acadan, cunha media de 143,77, seguidos polo teatro, o teatro infantil e os

títeres, e a danza.

Mais non só desapareceron espazos senón tamén festivais como En Pé de

Pedra, Empape, Mostra de Teatro de Cee, Titirideza, Manicómios, e outras

iniciativas de encontro e diálogo, o que supón a perda de programacións,

nalgúns casos especiais e excepcionais, nas cidades galegas, e fundamentais

para potenciar a renovación estética e a emerxencia de novas liñas de traballo,

pero tamén para facilitar o encontro entre creadores e públicos.

Actualmente son os teatros e auditorios públicos os que teñen o peso da

programación, xunto cun reducido número de salas privadas, e un cada vez

máis reducido número de salas e teatros de iniciativa semipública, se

consideramos os problemas de todo tipo que atravesan as entidades de aforro,

noutrora dinamizadores da difusión cultural. Mais a forte crise económica impediu o desenvolvemento de todas

as potencialidades mostradas, sobre todo porque as estruturas das artes

escénicas en Galicia sempre foron febles de máis, ao estaren asentadas nun

modelo de política teatral baseado en exclusiva do mecenado das

administracións públicas, e sen que os axentes sociais do sector tivesen

gozado xamais da oportunidade de desenvolver liñas de traballo orientadas á

xestión teatral desde os propios teatros, o que permitiría xerar dinámicas que

acabarían por garantir unha maior autonomía financeira dos proxectos

residentes.

A Creación Dramática

Un dos trazos que mellor definen a peripecia da literatura dramática galega,

considerada desde unha perspectiva histórica, é a falla de continuidade, debido

fundamentalmente aos factores políticos que afectan a situación da lingua que

lle serve de soporte, e a súa proxección sociocultural e artística.

O teatro, como manifestación pública e colectiva e como espazo aberto de

expresión e comunicación, sofre diversos avatares políticos que culminan coa

longa ditadura franquista.

A Edición

O campo da edición é especialmente importante no proceso de normalización

das artes escénicas, tanto no que se relaciona coa creación, promoción e

divulgación do coñecemento que lle é propio ás disciplinas que as conforman,

como no eido da literatura dramática de produción propia ou daquela que se

considera como referente universal ou actual.

Con todo, as liñas de traballo que se poden desenvolver con frecuencia atopan o atranco

dun número reducido de lectores e lectoras, polo que se fan necesarias as

axudas das administracións públicas para promovelas, en tanto se consideren

estratéxicas no desenvolvemento dun sector fundamental no tecido cultural de

calquera país.

Igualmente importante semella a edición de literatura científica propia das

disciplinas diversas que configuran o eido dos estudos escénicos, sendo

particularmente deficitario esa campo no ámbito dos estudos sobre danza,

circo, ópera, teatro de obxectos e outros xéneros escénicos. Para que as artes escénicas gañen visibilidade social

cumprirían ambas cousas, de xeito que o público se afixese á súa presenza

periódica nos medios de comunicación, presenza que lle servise non só de

orientación informativa senón de referencia cualitativa para que, axudado pola

opinión periodística, puidese ir configurando un criterio valorativo propio co que

exercer como espectador activo.

Nesa liña de fomento da información, de divulgación e de promoción do

coñecemento sobre o feito escénico e da realidade escénica de Galicia en cada

espazo concreto, hai institucións que teñen unha responsabilidade especial en

tanto poden chagar a constituír plataformas efectivas na lexitimación social, na

proxección e na posta en valor de manifestacións socioculturais e artísticas

como o teatro e a danza. Falamos da Televisión de Galicia, un organismo que

nacía cunha clara vocación de normalizar e regular a cultura propia pero que

ten desenvolvido moi poucas iniciativas nese campo, alén do uso da lingua.

Sen embargo entendemos que tanto a Televisión de Galicia como a

Radio Galega, con independencia da necesaria inclusión de noticias escénicas

en programas de información cultural ou programas de información xeral con

carácter permanente e non esporádico, deberían individualizar o campo das

artes escénicas e deseñar un programa específico desde o que crear públicos,

informar e, sobre todo, formar.

Ese diálogo, agora practicamente inexistente, entre creadores, espectadores e

críticos é un dos eixes básicos do desenvolvemento do sistema teatral, en tanto

que permite que o teatro ocupe un espazo central, ou cando menos non

subsidiario, na esfera pública.

O estado e as funcións da crítica están determinados pola propia situación do

sistema de referencia e así en Galicia resulta pouco menos que imposible

imaxinar unha crítica con aquela vocación orientadora da que tanto se ten

falado, debido a que a maioría dos espectáculos a penas se programan máis

dun día, como moito dous.

Por outra parte, ou como consecuencia, hai que considerar que o exercicio da

crítica teatral en Galicia, agás algunhas excepcións, é unha actividade

intermitente e case residual, voluntaria en moitos casos, e voluntarista, en tanto

que no eido da formación tamén se deixan sentir carencias, en tanto non

existen procesos específicos de formación para a crítica teatral.

As revistas escénicas tamén son elementos fundamentais no desenvolvemento

de procesos de información, divulgación e recepción crítica, pero tamén como

indicador dos procesos de investigación e promoción do coñecemento nos

ámbitos e disciplinas que lle son propios ás artes escénicas.

Posta en marcha dun Observatorio das artes escénicas que permita

seguir o desenvolvemento do sector e das actividades por vilas,

comarcas e cidades.

Elaboración dun mapa das artes escénicas nos niveis escolar,

asociativo, comunitario e profesional.

Creación de marcos de encontro e deliberación dos axentes sociais

propios das artes escénicas con carácter xeral e por sectores.

Promoción efectiva de todos e cada un dos sectores que integran o

campo das artes escénicas, e de todos os creadores e creadoras que lle

son propios a cada un dos sectores.

Posta en marcha dun Consello Galego das Artes Escénicas, órgano

consultivo que reúna aos axentes do sector e que sirva como marco de

análise da actividade do sector, e o desenvolvemento de medidas de

mellora.

A Formación

Tradicionalmente os procesos de formación no campo das artes escénicas

tiveron unha dimensión non formal, vinculados sobre todo a asociacións,

compañías e entidades sen unha dimensión educativa especializada pero si

cultural ou recreativa. Agrupacións como Toxos e Frores, Cantigas e Agarimos, Coral de Ruada..., ou máis recentemente o Ballet

Rey de Viana ou Xacarandaina, desenvolveron unha actividade permanente

que nestes momentos conforma un movemento no que participan varios

milleiros de persoas de diferentes idades, en toda Galicia, pero que tamén ten

especial relevancia nas comunidades galegas da Península e do exterior.

Nesa dirección parece aconsellable considerar a posibilidade de crear centros

integrados de música e danza que permitan que o alumnado poida cursar no

mesmo centro ambas ensinanzas e que exista unha rede básica de centros de

forma que ningún alumno ou alumna poida perder a oportunidade de

desenvolver o seu talento por mor de vicisitudes xeográficas e territoriais. Todo

isto inflúe negativamente no panorama actual da creación en danza en Galicia,

en tanto as esixencias para o exercicio profesional son notables, o que impide

que neste sector Galicia poida presentar un balanzo artisticamente satisfactorio.

O caso da Arte dramática non é moi diferente ao que presenta a danza, sobre

todo se consideramos os procesos de educación formal, que apenas teñen

presenza naqueles centros de ensino nos que, de forma voluntaria, se teñen

introducido materias como a Expresión dramática ou a Expresión teatral, e

obradoiros de teatro nos tempos das actividades extraescolares.

Teñen especial relevo e incidencia, con todo, as escolas municipais de teatro

ou de danza, que cobren un abano moi diverso de necesidades formativas, e

que ofrecen cursos de introdución práctica escénica para usuarios moi

diversos, ou cursos cunha maior vontade profesional, como acontece na Escola

Municipal de Narón. De igual modo as aulas de teatro e danza das

universidades están a cumprir unha importante tarefa de formación e de

achegamento da praxe teatral aos universitarios, o que favorece a visibilidade

das artes escénicas pero tamén a oportunidade de que a comunidade

universitaria poida tomar conciencia da multiplicidade de procesos que se

poden derivar das artes escénicas, que van desde as terapias expresivas ao

desenvolvemento de competencias comunicativas, necesarias en tantas

actividades profesionais. Finalmente, tanto as escolas municipais de danza e

teatro como as aulas de teatro e danza nas universidades en ocasións son

espazos privilexiados para descubrir vocacións e campos profesionais.

No ámbito da educación superior, e despois de diversas tentativas, e por mor

dun informe elaborado e editado polo Consello da Cultura Galega, sendo

Presidente do mesmo Carlos Casares Mouriño, a Xunta de Galicia crea en

2005 na cidade de Vigo a Escola Superior de Arte Dramática que a día de hoxe

ofrece graos en interpretación (con itinerarios para xestual e textual),

escenografía, e dirección escénica e dramaturxia. Un centro chamado a

cumprir un rol fundamental no desenvolvemento das artes escénicas,

especialmente nos campos da investigación e a innovación, e que a medio

prazo debe modificar de forma substantiva a súa oferta educativa para facer

fronte a novas necesidades derivadas da emerxencia de novos xéneros

escénicos.

De igual maneira hai que considerar as posibilidades de desenvolvemento de liñas formativas no

teatro musical, nas súas moi diversas tipoloxías, desde o cabaré á ópera.

Do campo das artes escénicas, no seu conxunto, queda aínda un ámbito

especialmente importante, cal é o da formación permanente, considerando en

global a todas as persoas que desenvolven as súas actividades no campo,

sexan artísticas, técnicas ou de xestión. Desde institucións coma o Centro

Dramático Galego, o Centro Coreográfico Galego ou a Escola Superior de Arte

Dramática de Galicia, e desde entidades como a Asociación de Actores e

Actrices de Galicia, Escena Galega ou a Asociación Profesional de Danza

Escénica de Galicia, véñense desenvolvendo diversas iniciativas nese eido, se

ben queda por elaborar un Plan de Formación que atenda de forma global e

integral as necesidades dun sector moi amplo e ante as que se fai necesario un

abano moi diverso de propostas.

A investigación escénica en Galicia, vinculada cos centros superiores, ten sido

desenvolvida preferentemente desde as Facultades de Filoloxía, as máis das

veces centrada na teoría e a historia do teatro, da danza ou da literatura

dramática, e fundamentalmente a través da elaboración e defensa de teses de

doutoramento, se ben nos últimos anos outras facultades como as de Historia,

Ciencias da Comunicación, Ciencias da Educación ou Económicas se teñen

defendido proxectos de investigación coa mesma orientación.

Con todo, Galicia carece de grupos de investigación que contribúan a xerar

coñecemento sobre as artes escénicas, a xerar coñecemento e boas prácticas

no eido da educación teatral, e a xerar coñecemento e boas prácticas no eido

da creación e a xestión propias das artes escénicas.

Nesa dirección cómpren medidas de carácter normativo para dotar aos centros

de educación superior que se ocupan das artes escénicas da condición de

centros de investigación e poñer en marcha medidas que permitan que nos

mesmos se poidan crear equipos de investigación que co andar dos anos

poidan ter un alto nivel de competencia en I+D+i, pero favorecendo sobre todo

o desenvolvemento de proxectos orientados en I+i+c, é dicir, investigación,

innovación e creación.

Consonte esas necesidades cómpre crear un Centro de Investigación para as

Artes Escénicas entendido como espazo no que se poidan desenvolver todo

tipo de proxectos, tamén proxectos artísticos vinculados con novas formas de

entender as praxes escénicas e con novas maneiras de facer vinculados con

tendencias novas, códigos emerxentes, e técnicas e métodos en

desenvolvemento. Elaboración dun mapa de centros de educación formal en artes

escénicas.

Elaboración dun mapa de centros de educación non formal en artes

escénicas.

Creación dun centro específico para a formación regrada no eido da

familia profesional das artes do espectáculo e nas diversas titulacións.

Creación da Escola Superior de Danza.

Promoción de estudos de posgrao e doutorado propios das artes

escénicas.

Promoción de liñas de transición á vida activa dos titulados en artes

escénicas.

Creación dun centro de investigación para as artes escénicas.

Promoción, desde as institucións competentes, de recursos e liñas de

actuación específica para facilitar a creación de equipos de investigación

en artes escénicas.

Posta en marcha dun Plan de formación permanente para os

profesionais das artes escénicas.

As Institucións Escénicas

Unha “institución cultural” é unha organización que ten, entre outras funcións,

as de mediar entre os distintos axentes que conforman o sistema das artes

escénicas, organizar o campo, lexitimar tendencias, condutas e valores,

determinar os usos simbólicos e prácticos das artes escénicas consideradas

como un ben cultural ou establecer e promover o consenso sobre as dinámicas

de funcionamento do sistema que conforman as artes ditas escénicas.

Para cumprir esas finalidades existen institucións vinculadas ao ámbito público

e institucións propias do ámbito civil. As primeiras son capaces de establecer

políticas culturais, mentres que as segundas lexitiman dinámicas que poden

coincidir ou non coas vocacións das políticas públicas pero que tamén se rexen

polo principio de seren percibidas como útiles para a vitalidade do sistema.

Neste sentido, institucións serán

tanto as vinculadas á organización e xestión pública das artes escénicas coma

aquelas entidades que contribúen á súa lexitimación e canonización ou aquelas

que median entre os distintos axentes do sistema para a propia interlocución

cos espazos de poder político.

Deste xeito, ademais de organizacións gobernamentais e ministeriais habería

que contemplar dentro do espazo institucional, por tanto, asociacións de

profesionais de especial visibilidade e capacidade de acción (Asociación de

Actores e Actrices de Galicia, Escena Galega, Asociación Profesional da Danza

Escénica de Galicia), espazos vinculados co ámbito académico (críticos,

revistas que espallan o coñecemento sobre as artes escénicas en Galicia,

como a Revista Galega de Teatro), e, sobre todo, os premios, principal

mecanismo de lexitimación do espazo cultural galego (Premios María Casares

para a actividade escénica, ou Premio Dieste, Premio Abrente, Premio

Cunqueiro, Manuel María ou Barriga Verde para Textos dramáticos...).

Neste Informe, con todo, restrinximos o concepto de Institución á súa acepción

máis estendida na linguaxe cotiá: as organizacións vinculadas co ámbito

público e gobernamental. Ademais, estas son fundamentais, no caso galego,

para entendermos a propia constitución do sistema das artes escénicas desde

os primeiros anos da Democracia e garantes dun principio que rexe a súa

propia existencia: a concepción das artes escénicas como ben público cunha

xestión, ordenamento e, sobre todo, intervención económica, que a cidadanía

deposita nas súas organizacións representativas, isto é, as dependentes do

Goberno.

A chegada de organizacións de carácter gobernamental para a xestión das

artes escénicas en Galicia é relativamente tardía. Condicionadas polas leis da

Democracia (a Constitución de 1978 e o Estatuto de Autonomía de Galicia de

1981), estas institucións xorden, por unha banda, da man da consideración das

artes escénicas coma servizo público, e por outra, da acción civil fortemente

amparada pola axuda gobernamental.

A creación do Centro Dramático Galego en 1984 dependeu nunha medida

importante dun pacto entre poder político e profesión teatral, cun peso

reivindicativo que condicionou eses primeiros procesos de institucionalización

do teatro galego baixo a crenza de que só o ámbito público podería soster a

actividade dun sector emerxente como era o teatro. Porén, naquelas primeiras

tentativas faltou a creación doutras institucións públicas que, ausentes ou

xurdindo de vagar aínda na actualidade, parecen imprescindíbeis para o pleno

desenvolvemento das artes escénicas en Galicia: a Escola Superior de Arte

Dramática, o Centro Coreográfico Galego, a aparición de compañías residentes

con sustento público, ou a nova definición do oficio de programador teatral a

traves da creación dunha figura independente, son exemplos significativos.

No libro Centro Dramático Galego.

En 1989, a través da Lei 4/1989 modificada pola Lei 2/1991 creouse o Instituto

Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), cun desenvolvemento e

funcionamento que se explicarían no Decreto 107/1993. Dependendo da

Consellería de Cultura, integraría na súa estrutura orgánica tanto o CDG coma

outras unidades de produción escénica: a de danza no Ballet Galego Rei de

Viana que despois se substituiría polo Centro Coreográfico Galego, a música

no Grupo de Música Tradicional, e tamén a recentemente desaparecida Feira

das Artes Escénicas de Galicia e o inactivo, ou desaparecido, Centro de

Documentación das Artes Escénicas e Musicais. En 2008, o IGAEM

transformouse nunha Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), que,

se ben non modificou en profundidade a capacidade institucional do organismo

en relación coas súas accións sobre as artes escénicas galegas, si modernizou

a súa estrutura interna e lle outorgou, como se verá, unha serie de obxectivos

máis executivos, alén de integrar atribucións sobre as artes da imaxe

(audiovisual).

A primeira consecuencia desta nova conceptualización é a especialización da AGADIC nas atribucións

especificamente profesionais, laborais e económicas da relación entre

Administración e actividade escénica.

A nova institución xurdía do desexo de probar outro tipo de relación entre o

sector das artes escénicas e as institucións políticas, asumindo finalmente que

o papel destas no sistema xa non é o da produción directa e mesmo a

protección dos artistas, senón o de servir de garante para a creación dun

mercado que sosteña as empresas culturais.

Esta especificidade cultural, vinculada ás características específicas das

empresas culturais de Galicia, xustificaría a necesidade de crear a AGADIC

como novo organismo autónomo especializado para o “desenvolvemento do

tecido empresarial propio do mercado cultural galego”. A súa función, polo

tanto, é moito máis específica da que tiña o IGAEM, organismo para a

produción, promoción e difusión das artes escénicas. Trátase agora,

concretamente, de contribuír, desde as institucións, a mellorar a situación do

sector profesional das artes escénicas en Galicia e, sobre todo, para ampliar o

campo de actuación da Axencia ao sector cultural en xeral entendido como

espazo produtivo e empresarial.

Dado que a formación artística é xa un eido no que Galicia xerou institucións

propias, a vontade formativa dunha institución coma a futura AGADIC céntrase

especificamente nas novas necesidades xeradas por unha conceptualización

empresarial e mercantil do sector, incidindo niso a través da función d).

O Centro Coreográfico Galego foi creado en 2006 baixo o amparo do daquela

IGAEM, coa fin de apoiar o desenvolvemento da danza e das artes do

movemento en Galicia. O Centro, por tanto,

aparece integrado como Unidade de Produción da AGADIC en toda a

lexislación correspondente a esta Axencia e, como as demais unidades de

produción, está aínda pendente da publicación dun estatuto propio que regule o

seu funcionamento.

Segundo se sinala na primeira memoria de actividade publicada polo Centro,

este “naceu co obxectivo de ser, máis alá dun sitio físico, un espazo de

pensamento e coñecemento para a sociedade, vinculando a danza e as artes

do movemento á educación integral das persoas”. Do mesmo xeito que a outra

unidade de produción, o CDG, o CCG basearía desde entón a súa actividade

na produción dun espectáculo propio por temporada, a coprodución con

compañías privadas, a exhibición das producións propias e as actividades de

formación de bailaríns, sempre nunha liña especialmente vinculada coa danza

contemporánea en Galicia, introducindo, ademais, actividades paralelas como

a publicación de obras arredor desta disciplina artística (Colección Danza e

Pensamento, Colección Bitácora), a residencia artística ou as actividades de

promoción de públicos. Por tanto, os obxectivos do Centro Coreográfico oscilan

entre dous pólos: os profesionais e os públicos. Para os primeiros, o Centro

pretende servir como espazo de apoio á creación e á investigación artísticas,

alén da formación (en Galicia aínda non existe unha Escola Superior de

Danza), así coma establecer unha canle que permita vincular actividade

privada e institucional. Para os segundos, o Centro amósase coma espazo

desde o que formar espectadores en danza e ir situando esta disciplina

escénica como alternativa posíbel no lecer da cidadanía galega.

Dependente, como dicíamos, do organigrama do CCG é

relativamente diferente ao da outra unidade de produción, o Centro Dramático.

En 2005 a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, animada polo

Consello da Cultura Galega, creou a institución que fora unha constante

reivindicación por parte do sector das artes escénicas xa desde os tempos das

Mostras de Ribadavia, verdadeiro xermolo dos procesos institucionais en

Galicia: a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Na súa Sección de Música e Artes Escénicas, coordinada por Ramon

Castromil, crearíase, entón, unha Comisión de Teatro que tiña como obxectivo

principal a realización dun proxecto-proposta para a creación dunha Escola

Superior de Arte Dramática en Galicia, traballo que se materializou en 1998 coa

publicación do volume Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Proxecto.

Inserida xa no Espazo Europeo de Educación

Superior, ten implantados os estudos de Interpretación (opción textual e

xestual), Dirección de Escena e Dramaturxia.

Eivas do Sistema Institucional das Artes Escénicas

Adoita sinalarse que as artes escénicas en Galicia son un sistema non

normalizado debido a que algún dos seus axentes presenta un comportamento

deficitario ou problemático. Esta consideración ten que ver co especial efecto

que teñen sobre o sistema as condicións impostas polo conflito lingüístico e

cultural en Galicia, ao que se engade a tradicional relación entre as artes

escénicas (o teatro, fundamentalmente) e o proceso de construción nacional da

cultura galega, así coma o superávit ideolóxico depositado tradicionalmente

nos discursos artísticos.

En Galicia, o forte artellamento institucional das artes escénicas non sempre se

corresponde co nivel de evolución noutros ámbitos (o consumo e o mercado,

por exemplo), motivo que, ademais, contribúe a que os demais axentes

depositen nas institucións unha excesiva responsabilidade na súa vitalidade. É

por isto polo que é unha característica esencial do sistema das artes escénicas

en Galicia a importancia do espazo político público non só na súa lexitimación e

recoñecemento, senón na propia definición e no establecemento das

condicións para a súa existencia e continuidade.

Isto é o que ocorreu historicamente, por exemplo, co CDG, sobredimensionado

como única institución encargada de mediar entre os distintos axentes do

sistema das artes escénicas e, por tanto, de velar pola supervivencia do

mesmo ata que, a comezos dos 90 se empezan a xerar as demais entidades

institucionais arriba descritas, seguindo na liña, todas elas, dunha definición

das artes escénicas como actividades culturais, creativas e de lecer próximas

ao concepto de servizo público. Efectivamente, neste senso, o sistema

institucional galego deitou sobre o CDG unha serie de funcións básicas que, co

tempo, poderían irse diversificando cara a outras institucións:

  • A materialización e visibilización do teatro coma arte escénica
  • A representatividade de todo o sistema das artes escénicas,
  • A visibilización de todo o sistema tanto dentro coma fóra de Galicia.

Este sobredimensionamento da importancia institucional do CDG no sistema

das artes escénicas en Galicia foi sendo corrixido grazas á progresiva aparición

doutras entidades institucionais, mais o certo é que o sistema aínda acusa

inercias desa situación facilmente visíbeis, por exemplo, nas formas de

atención dedicadas ao Centro por parte de diversos axentes do sistema, tanto

profesionais, coma críticos, políticos e poderes económicos de diversa índole.

É por isto polo que a existencia do CCG é percibida

por parte dos axentes implicados coma unha consecuencia positiva do proceso

de conformación e emerxencia do sistema, como acontece, en certa medida,

coa ESAD e como sen dúbida sucederá coa posición que ocupen outras

institucións que deberán ir aparecendo para completar o mapa institucional

completo das artes escénicas en Galicia: a Escola Superior de Danza ou un

Museo ou Centro de Documentación e Arquivo das Artes Escénicas de Galicia.

A aparición do IGAEM no sistema das artes escénicas en Galicia foi decisiva

nese proceso de relativización do CDG como institución central do sistema. A

nova institución reconduciu as relacións entre os axentes produtivos e o espazo

institucional público, trasladando o foco de atención desde os problemas

simbólicos derivados do conflito cultural a aspectos de tipo mercantil, laboral e

económico que amosan ás claras como as institucións políticas do sistema das

artes escénicas en Galicia asumen progresivamente a súa capacidade

institucional. Efectivamente, é a AGADIC a entidade capaz de gobernar o

sistema das artes escénicas xestionando a presenza no mesmo das súas

unidades de produción institucionais e deseñando dinámicas que interveñen de

xeito directo ou indirecto garantindo a renovación institucional, os axustes entre

os distintos axentes e, sobre todo, garantindo a pervivencia do propio sistema.

Agora ben, as liñas de institucionalización pública no sistema das artes

escénicas en Galicia trazadas a comezos dos oitenta contemplaban un reparto

de ámbitos de acción que aínda está incompleto. Do mesmo xeito, a aparición dun espazo

institucional formativo, a ESAD, que xa estaba na mente das primeiras

iniciativas, non chegaría ata 2005 para o ámbito teatral, e aínda non tivo lugar

no caso da danza e outras disciplinas escénicas coma o circo, a maxia ou os

monicreques.

Neste senso, só en 2006 un falido Plan

Galego das Artes Escénicas trataba de paliar este tradicional desartellamento

no que cumpriría, sen dúbida, o estabelecemento de obxectivos unitarios nun

verdadeiro proceso de planificación cultural que lograse establecer prioridades

e procedementos no tempo e no espazo que desen un sentido á capacidade

política das institucións públicas.

Liñas Estratéxicas

  1. Consolidación do tramado institucional das artes escénicas.
  2. Creación daquelas institucións que o propio sistema reclama: Escola
  3. Superior de Danza, Museo das Artes Escénicas, Centro
  4. de Documentación das Artes Escénicas.
  5. Promover unha institucionalización efectiva das artes escénicas a través
  6. da súa lexitimación como sectores estratéxicos no eido da creación
  7. artística e cultural.
  8. Creación de compañías residentes nos teatros de titularidade pública e
  9. semipública, en tanto institucións.

Creación e Difusión

No centro mesmo de calquera sistema cultural está o proceso de comunicación

entre un emisor e un receptor, que debe considerarse como o acto básico e

fundamental sobre o que se constrúe o sistema. De igual

maneira, no campo das artes escénicas o acto fundamental é ese momento no

que un creador se comunica cun espectador, acto que precisa de moitas outras

actividades previas, e mesmo posteriores, para que poida desenvolver todas as

súas potencialidades, o que nos leva a percibir a complexidade do campo, do

sistema que conforma e da transcendencia das políticas culturais que cómpre

desenvolver. No caso das artes escénicas os procesos de creación e difusión

son esenciais, pois sen eles as artes escénicas non existen como tales.

Iso supón un grave atranco para o correcto desenvolvemento do sector, nos planos artístico e

profesional, unha cuestión que se agrava aínda máis se consideramos que a

administración pública, en todos estes anos, non foi quen de elaborar a

lexislación necesaria para converter un sector con tantas potencialidades

nunha realidade socioeconómica, como acontece en tantos países no noso

entorno, alí onde as artes escénicas supoñen un factor de desenvolvemento,

de creación de riqueza e de fomento do emprego.

Así, malia que a cotío se produzan críticas a un sector demasiado

dependente das axudas e subvencións, que, non obstante é unha práctica

habitual noutros moitos sectores, desde a prensa até a industria do automóbil,

en ningún momento se deseñaron outros modelos de vertebración do tecido

escénico que permitise unha diversificación das fontes de financiamento, nin,

como acontece en Europa, se apostou por un modelo que desde os propios

teatros combine os procesos de creación e difusión, a través de compañías

residentes.

Cómpre, en efecto, desenvolver un novo modelo de promoción das artes

escénicas como un servizo público de natureza cultural e artística para

potenciar unha dinámica de relación entre creadores e receptores que permita,

a medio prazo, minorar a dependencia dos proxectos de creación e difusión

das axudas públicas e promover unha maior implicación dos públicos no

mantemento dos proxectos.

No eido das artes escénicas precísanse, xa que logo, políticas culturais activas,

políticas que promovan a creación, pero que tamén actúen decididamente na

vertebración das canles de exhibición e distribucións destes bens culturais. As

accións de fomento das artes escénicas deben ir máis alá das axudas e

subvencións, e deben orientarse tamén na dotación de infraestruturas que

permitan elaborar as programacións sobre outros parámetros, trasladando ás

compañías de artes escénicas as responsabilidades dos procesos de creación

e difusión. Precísanse, en definitiva, políticas de liderado, para que sexan

verdadeiramente políticas activas.

Por outra banda, as axudas ao sector das artes escénicas, maiormente

xestionadas desde a AGADIC, presentan un importante desequilibrio entre as

axudas á produción e as axudas á distribución.

Débese abrir un diálogo áxil e baseado na confianza, entre a AGADIC e os

axentes do sector, para que estas ordes de convocatorias se modifiquen

satisfactoriamente. A AGADIC precisa unha estrutura estable de diálogo onde

se integren os principais axentes públicos, privados e sociais do ámbito das

artes escénicas.

Avaliación, establecendo un sistema de seguimento das accións de xeito

que se poida claramente valorar a eficacia (resultados obtidos en

relación cos obxectivos marcados), a eficiencia (resultados obtidos en

relación cos recursos e instrumentos utilizados), a coherencia (os

recursos en función dos resultados), e a racionalidade (se os obxectivos

foron ben definidos en relación coas necesidades).

Tamén precisa dotar ao seu persoal dunha maior formación e especialización

nas áreas das que se ocupa, concretamente da área das Artes Escénicas, polo

que debe manter unha constante oferta de formación e capacitación dos seus

funcionarios e traballadores no sector das Artes Escénicas.

A AGADIC debería presentar un plan estratéxico das Artes Escénicas que

contemple o desenvolvemento deste sector a varios anos vista. A AGADIC

aínda non está en condicións de cumprir os fins e as funcións para as que foi

creada.

En Galicia, caracterizada xeograficamente pola

dispersión da poboación, axiña se entendeu a creación dunha rede de teatros

como fórmula organizativa que contribuíse positivamente a paliar os problemas

que a necesidade de itinerancia causaba á produción e á recepción teatral. Entre estes dez

circuítos asociados encóntrase a Rede Galega de Teatros e Auditorios, e, entre

os 114 organismos, atopamos seis galegos: o Instituto Municipal Coruña

Espectáculos, o Teatro Jofre de Ferrol, o Teatro Rosalía de Castro da Coruña,

o Auditorio Municipal de Narón, o Teatro Principal de Ourense e o Palacio de

Congresos de Ourense.

A Deputación subvenciona neste circuíto (Programa de Música e Teatro para Grupos non

Profesionais e Programa de Teatro e Marionetas para Compañías Profesionais)

ata o 50% do custo por función das compañías programadas polo concello, en

función do seu número de habitantes.

programación anual un

anual un mínimo de 3 das

mínimo de 3 das disciplinas

disciplinas música, teatro,

música, teatro, danza, circo,

danza, circo, maxia.

A porcentaxe de

A porcentaxe de

A porcentaxe de

cofinanciamento é do 40%

cofinanciamento é do 50%

cofinanciamento é do 60%

para a AGADIC e 60% para o para a AGADIC e espazo.

para a AGADIC e 40% para o

espazo. (No caso de teatros

espazo.

Só o 30% dos concellos galegos ofrecen unha programación

estábel de teatro, pertencendo na súa maioría á Rede Galega de Teatros e

Auditorios.

En Galicia, segundo o Mapa cultural, a comezos dos noventa o 84% dos

concellos non tiña ningún tipo de contacto co teatro, de xeito que semella que

as posibilidades de acceso do público ao mesmo eran máis ben reducidas,

especialmente tendo en conta que, no mesmo estudo, se constataba o feito de

que o 95% dos concellos galegos tiñan menos de 20.000 habitantes, cuestión

que amosaba, por tanto, que a itinerancia tampouco estaba a ser efectiva como

sistema de achegamento do teatro ao público.

É a partir dos 10.000 habitantes cando, segundo a ponderación realizada nas

respostas á enquisa do CCG, os concellos galegos amosan atender con máis

interese o teatro: así, nunha orde de 1 ao 15, os concellos de entre 2.000 e

10.000 habitantes adoitan considerar as actividades escénicas entre o sétimo e

o oitavo lugar na súa orde de prioridades, mentres que nos concellos entre

10.000 e 50.000 habitantes, oscilan na súa prioridade entre o noveno e o

décimo posto.

Chegados a este punto, e cos datos aportados en diferentes estudos dos que

damos conta na bibliografía final, podemos concluír que existen en Galicia

potencialidades reais para construír un novo modelo de creación e recepción,

asentado nunha política que vertebre o territorio a través dos teatros de

titularidade pública pero introducindo novos modelos de xestión dos mesmos

que permitan a súa conversión en centros de creación e difusión.

No último Anuario de las

artes escénicas, musicales y audiovisuales, publicado pola SGAE, e aínda coas

prevencións que hai que tomar ante estudos simplemente cuantitativos nos que

non sempre se contrastan as fontes de información, podemos constatar un

decrecemento importante dos número de funcións realizadas:

Número de representacións

Ano

Teatro

Danza

2004

2.495

190

2005

2.266

135

2006

2.467

176

2007

2.747

183

2008

2.597

159

2009

2.944

169

2010

2.611

134

2011

1.857

106

Como podemos ver, non só se produce unha constante variación das cifras de

ano en ano, tónica común en países cun sistema cultural por normalizar, senón

tamén un notable descenso no número de funcións en 2011, ano en que a crise

mostra a súa faciana máis dura, un feito que afecta á facturación como vemos:

Recadación

Ano

Teatro

Danza

2006

2.239.993

441.000

2007

2.490.066

537.000

2008

2.539.378

490.000

2009

3.199.660

376.000

2010

2.607.149

339.000

2011

2.444.876

288.00

Non obstante o panorama dramático que nos presentas os datos, que

seguramente van ser moito peores en 2012, o potencial das artes escénicas

  56

As artes escénicas en Galicia: situación e persectivas

segue sendo notable, sobre todo se reparamos en que en Galicia contamos

con dous elementos fundamentais para establecer dinámicas estratéxicas que

non so garantan as posibilidades do sector senón que as desenvolvan.

Son, pois, proxectos de estabilidade e proximidade.

Entendemos que a implantación dun número significativo de compañías

residentes en Galicia, semellantes as que xa operan noutros ámbitos de

  57

As artes escénicas en Galicia: situación e persectivas

Europa, transformaría radical e positivamente o panorama das artes escénicas.

Polo tanto, os teatros públicos deben deixar de ser teatros de tránsito e deben

transformarse en teatros de produción, con profesionais neles asentados que

poidan xerar actividade de produción propia, coprodución, formación,

investigación, etc., como acontece en todo o sistema das artes escénicas

europeas. Estes estatutos deben garantir a independencia política destes

centros artísticos e deben establecer os protocolos de funcionamento ou

códigos de boas prácticas tanto no seu funcionamento interno como na súa

relación cos artistas e profesionais contratados ou invitados.

Conversión doutros espazos de exhibición, en espazos para a

dinamización e espallamento das artes escénicas.

Posta en marcha de liñas de fomento da creación e da difusión

asentadas nas novas funcións que asuman os teatros públicos como

centros de creación e difusión.

Revisión do funcionamento das redes galegas de teatro e de salas para

a súa adaptación ao novo modelo de creación e difusión asentado na

creación de compañías residentes.

  59

As artes escénicas en Galicia: situación e persectivas

7. Desenvolvemento de plans de formación inicial e permanente no campo

da xestión cultural propia das artes escénicas.

Elaboración dun mapa de espazos onde sexa posible desenvolver

procesos de creación e/ou difusión en toda a comunidade, considerados

como centros de recursos, coas dotacións necesarias, para a acción

cultural de todos os axentes creadores.

Revisar a liña de axudas a difusión exterior e ampliala á mobilidade de

investigadores, académicos e demais profesionais vinculados ás artes

vivas.

  60

As artes escénicas en Galicia: situación e persectivas

6. PROMOCIÓN INTERNA E EXTERNA

Unha das cuestións máis importantes que enfrontan as artes escénicas en

Galicia ten que ver co seu grao de proxección e co nivel de visibilidade que

teñen na esfera pública, e considerar en que medida constitúen unha oferta

cultural coñecida, valorada e prezada pola cidadanía en xeral, sen esquecer,

en boa lóxica, as dificultades que un amplo sector da poboación ten para o

acceso ao consumo de bens escénicos debido as disfuncións nas

programacións e no acceso aos teatros, salas e auditorios.

Para iso serven as

compañías residentes, pero tamén as programacións que as compañías

residentes poden facer nos teatros obxecto da súa xestión, favorecendo a

presenza neses teatros que xestionan das compañías estables e emerxentes

de todo o país.

Neste

senso, é importante que se retomen iniciativas estratéxicas de cara ao

coñecemento para a innovación, como as enquisas de satisfacción do público

nas redes escénicas, nos festivais e dende as propias compañías.

Cómpre destacar que todas as accións encamiñadas ao correcto logro de

obxectivos que se poidan propor en relación a este apartado da proxección

interna e externa das artes escénicas, coma en certa medida nos demais,

acadaría mellores resultados sempre a partir da vertebración dun modelo

educativo da cidadanía onde a expresión dramática e a expresión teatral,

dende as etapas de infantil, primaria e secundaria, como praxe educativa

transversal para a adquisición de distintas competencias, basicamente

comunicativas e creativas, sexa obrigatoria.

Esta premisa básica incidirá tanto no prestixio e recoñecemento social, primeiro

paso para o correcto avance nas tarefas de difusión da práctica escénica, coma

na identificación de novas oportunidades laborais para as que os profesionais

deben tomar consciencia que é necesaria unha formación rigorosa e “que

permitan darse a coñecer ante o público, os educadores, os sanitarios etc. para

  62

As artes escénicas en Galicia: situación e persectivas

visibilizar o potencial que –como ferramenta educativa, e non como unha

disciplina académica, de "adorno do currículo"- teñen as artes escénicas na

vida cotiá e no desenvolvemento integral das persoas,” tal e como se poñía de

manifesto nun estudo publicado pola AGADIC en 2007, titulado Das funcións

sociais e dos novos espazos profesionais para as artes escénicas en Galicia.

O cambio progresivo da figura do

programador

de

actividades

ou

ofertas

de

lecer,

que

pode

seguir

  63

As artes escénicas en Galicia: situación e persectivas

desempeñando as súas funcións nos espazos propios da animación cultural,

debe ir dando paso a compañías residentes que conten con directores

artísticos capaces de a elaborar e presentar publicamente no inicio de cada

temporada un repertorio específico, un plan de comunicación baseado nunha

análise concreta dos principais ámbitos de incidencia e do público asistente, a

procura de fontes de financiamento público e privado, directos ou reintegrables,

para un conxunto ambicioso de actividades que non se limite á exhibición

senón tamén á produción propia ou coprodución, seminarios, artistas en

residencia.

Estes factores son

concibidos como unha estratexia máis a curto prazo, insistíndose na

necesidade de incidir dun xeito complementario na formación e

cualificación do espectador a través da inserción do teatro no ámbito

educativo, a súa participación activa e pasiva no teatro afeccionado, no

  64

As artes escénicas en Galicia: situación e persectivas

emprego de escenarios alternativos aos convencionais, e fomentar

experiencias teatrais cunha base local.

As razóns aducidas polos asistentes para non asistir máis ao teatro son

a oferta escasa sobre o que prefiren os entrevistados e en segundo lugar

os problemas para saír da casa.

O prezo da entrada, a certa distancia dos anteriores, é outro dos factores

limitativos para os asistentes, unha situación que tamén aparecía

mencionado nos grupos de debate, botándose en falta unha maior

coordinación na política de prezos dos diversos espazos escénicos.”

As tarefas de mediación son fundamentais e cómpre, máis nun momento de

crise como o actual, incidir neste aspecto dende os organismos públicos para

garantir a estabilidade, a viabilidade e o progreso do sector empresarial das

artes escénicas, como elemento de dinamización social e económica.

O feito de contemplar o modelo de residencia teatral como unha óptima e

contrastada alternativa de apoio á creación e como factor de dinamización e

optimización de recursos humanos e técnicos dos concellos nos seus

respectivos teatros e auditorios pode permitir o desenvolvemento de novas

  65

As artes escénicas en Galicia: situación e persectivas

liñas de traballo ate o de agora inéditas debido á imposibilidade de que

compañías cun cadro de persoal moi reducido puidesen desenvolver esas liñas

de traballo. Pero como primeiras medidas, si se podería crear para as

compañías escénicas de Galicia un espazo propio no portal específico da

cultura galega para o público e os axentes internacionais que procuren

información sistematizada e de calidade: ligazóns aos espazos web das

compañías, información sobre as estreas, críticas, imaxes, vídeos ou sinopse

da súa traxectoria artística realizadas por profesionais especializados.

  66

As artes escénicas en Galicia: situación e persectivas

LIÑAS ESTRATÉXICAS

1. Reorientar o esforzo e os custes da publicación Paraíso, destinada á

difusión da oferta da Rede Galega de Teatros e Auditorios cara un

formato máis manexable, un traballo de meirande incidencia nas redes

sociais, actualizada información nos medios de comunicación xerais e

en medios específicos como son as revistas de artes escénicas de

Galicia.

Procurar o apoio da Compañía da Radio Televisión de Galicia para a

elaboración de campañas atractivas e asiduas de axuda á divulgación e

información sobre a programación teatral en Galicia como factor de

democratización e accesibilidade á oferta de lecer para todos os

cidadáns.

Algunhas posibilidades teñen que ver coa creación de clubs

ou obradoiros do espectador, a creación dos premios do espectador na

Rede Galega de Teatros e Auditorios mediante sistemas de votación en

todos os teatros integrados (estes galardóns simbólicos poden resultar

de relevante utilidade como apartado obxectivo na puntuación do

concurso de axudas públicas á produción).

Reformular o concepto e as funcións da Feira Galega das Artes

Escénicas, que podería celebrarse cada ano nunha cidade galega

diferente, o que repercutiría na descentralización da actividade teatral de

Santiago de Compostela e na maior diversidade na incidencia de medios

e entes locais próximos.

Chegar a acordos coas asociacións e axentes sociais do sect

Entradas relacionadas: