Dereitos Fundamentais e Prestacións Sociais en España

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,37 KB

Dereitos Fundamentais en España

Artigo 17: Dereito á Seguridade e Liberdade Persoal

1. Toda persoa ten dereito á liberdade e á seguridade. Ninguén pode ser privado da súa liberdade.

2. A detención preventiva non poderá durar máis do tempo estritamente necesario para a realización das investigacións tendentes ao esclarecemento dos feitos e, en todo caso, nun prazo máximo de setenta e dúas horas.

Artigo 16: Liberdade Relixiosa e Ideolóxica

Garántese a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos e as comunidades sen máis limitación.

Artigo 20: Liberdade de Expresión

Recoñécense e protexen os dereitos:

  • a) A expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións.

Artigo 21: Liberdade de Reunión

Recoñécese o dereito de reunión pacífica e sen armas.

Artigo 22: Dereito de Asociación

Recoñécese o dereito de asociación. As asociacións que persigan fins ou utilicen medios tipificados como delito son ilegais.

Artigo 27: Dereito á Educación e Liberdade de Ensino

Artigo 29: Dereito de Petición

Todos os españois terán o dereito de petición individual e colectiva, por escrito, na forma e cos efectos que determine a lei.

Artigo 33: Dereito á Propiedade Privada e á Herdanza

Ninguén poderá ser privado dos seus bens e dereitos senón por causa xustificada de utilidade pública ou interese social, mediante a correspondente indemnización e de conformidade co disposto polas leis.

Artigo 34: Dereito de Fundación

Recoñécese o dereito de fundación para fins de interese xeral, conforme a lei.

Artigo 38: Liberdade de Empresa

Recoñécese a liberdade de empresa no marco da economía de mercado.

Artigo 35: Dereito ao Traballo

Todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ao traballo, á libre elección de profesión ou oficio.

Artigo 28.2: Dereito á Folga

Recoñécese o dereito á folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses.

Artigo 28.1: Dereito á Sindicación

Todos teñen dereito a sindicarse libremente.

Prestacións Sociais en España

Desemprego

  • Contía mínima sen fillos/as: 560 € (80% do IPREM en 14 pagas prorrateadas).
  • Contía mínima cun fillo/a ou máis: 749 € (107% do IPREM en 14 pagas prorrateadas).
  • Contía máxima sen fillos/as: 1.225 € (175% do IPREM en 14 pagas prorrateadas).
  • Contía máxima cun fillo/a: 1.400 € (200% do IPREM en 14 pagas prorrateadas).
  • Contía máxima con 2 fillos/as ou máis: 1.575 € (225% do IPREM en 14 pagas prorrateadas).

Xubilación

  • Con cónxuxe a cargo: 890,50 € (mensuais) / 12.467,00 € (anuais).
  • Sen cónxuxe (unidade económica unipersoal): 721,70 € (mensuais) / 10.103,80 € (anuais).

Viudez

  • Con cargas familiares: 905,90 €.
  • Con 65 anos ou discapacidade igual ou superior ao 65%: 783,10 €.
  • Entre 60 e 64 anos: 732,60 €.
  • Menor de 64 anos: 593,30 €.

Ingreso Mínimo Vital

  • Un membro: 565,37 € / 734,99 €.
  • Unidade de convivencia (dúas persoas): 904,60 €.
  • Tres persoas: 1.074,21 €.
  • Catro persoas: 1.243,83 €.
  • Cinco ou máis persoas (Máximo): 1.243,83€.

Entradas relacionadas: