Demografía de Galicia: Pirámide de idades e avellentamento
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,92 KB
A pirámide de idades en Galicia
A pirámide de idades é o mellor indicador da estrutura por sexo e idades de calquera poboación. O primeiro censo que permite crear pirámides é o de 1877.
A idade media da poboación increméntase a partir dos anos 60. No ano 1991, o 16,32 % da poboación galega tiña máis de 65 anos de idade, porcentaxe que no ano 2000 excedeu o 19 %.
A partir de 1930 redúcese o efecto das datas en cero.
Na pirámide de 1991 é clara a incidencia da Guerra Civil, así como o baby boom que se produce a partir de 1955 ata 1972.
O problema do avellentamento
Cando unha poboación supera en máis dun 10 % o peso relativo dos seus efectivos de máis de 65 anos, considérase que ten un problema de avellentamento na súa pirámide poboacional (en Galicia practicamente dobramos esa porcentaxe).
Non se debe confundir o avellentamento co simple incremento do número de anciáns.
O avellentamento constitúese nun dos trazos característicos da poboación galega. As causas son de tres tipos:
- O declive da fecundidade.
- O avellentamento debido á redución da mortalidade.
- A emigración, que provocou a redución de efectivos de xente nova, o desequilibrio entre sexos, a caída da nupcialidade e o retroceso da natalidade.
O avellentamento da estrutura xeral da poboación está acompañado doutro fenómeno que é o “avellentamento da propia vellez”, tamén coñecido como a cuarta idade.
A emigración histórica dos galegos
Entre os séculos XIX e XX, preto de 2 millóns de galegos emigraron cara a América, o que supón un 4 % do total europeo. Podemos resumir as seguintes etapas:
- Feudalismo e Idade Media
- Principios do Antigo Réxime
- A emigración transoceánica clandestina (1810-1853)
- A emigración legal (1853-1880)
- A emigración masiva (1880-1930)
- Crise e exilios (1930-1945)
- O repunte (1946-1960)
- A emigración continental (1960-1975)
Movemento natural da poboación
Evolución da mortalidade
O estudo da mortalidade en Galicia permite diferenciar tres períodos:
Dende o século XVIII ata finais do XIX
A mortalidade tiña certa estabilidade, en torno ás 20 defuncións anuais por cada mil habitantes.
Dende 1890 ata finais dos anos 50
Pódese apreciar unha clara tendencia ao descenso, coas excepcións da gripe de 1918, da Guerra Civil e da posguerra. A caída era dunhas 500 defuncións menos ao ano.
Dende 1950 ata hoxe
Obsérvase como se vai manifestando o estancamento da mortalidade e mesmo un certo ascenso por mor do avellentamento. Sen embargo, a taxa decrece constantemente debido ao aumento da poboación.
Isto débese ao incremento da esperanza de vida. En 1900, a esperanza de vida era de 34 anos; hoxe en día é duns 80, só superada polos Países Baixos.