Demografía e Emigración en España: Séculos XIX e XX
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,88 KB
Modernización demográfica e emigración
Nos séculos XIX e XX, a poboación española experimentou un crecemento máis lento que nos países de Europa occidental.
O modelo demográfico antigo caracterízase por un crecemento moi lento da poboación debido á alta mortalidade, a pesar das elevadas taxas da natalidade. A esperanza de vida estaba en 34 anos para os homes e 36 para as mulleres.
Trazos de permanencia
Entre os factores que determinaban as elevadas taxas de mortalidade estaban:
- Crises cíclicas de subsistencias debidas ás malas colleitas por alteracións climáticas e atraso agrícola.
- Epidemias periódicas como as de cólera e gripe.
- Enfermidades de carácter endémico.
- As guerras (Independencia, carlistas, coloniais).
En 1885, iniciouse un crecemento vexetativo importante da poboación.
- A natalidade foise reducindo moi lentamente debido á crecente industrialización, urbanización e ós cambios nos modelos de comportamento e coidado dos fillos.
- A mortalidade descendeu a partir da década de 1890, debido a unha mellor alimentación, á desaparición das crises de subsistencias, á redución das enfermidades infecciosas e á mellora das condicións médico-sanitarias.
- Este crecemento presentou importantes diferenzas rexionais: estancamento das rexións do interior e aumento da poboación nas zonas periféricas polo desenvolvemento agrícola e a maior industrialización.
O proceso de urbanización
A maioría da poboación española do século XIX era rural. Un destacado elemento de cambio foi o incremento da poboación urbana desde o século XIX. Foi posible grazas ao éxodo rural debido á crise agraria e o desenvolvemento industrial. As cidades experimentaron notables cambios urbanísticos ao tempo que se incorporaron novos servizos.
Os movementos migratorios
O desfase entre o crecemento demográfico e o desenvolvemento dos recursos obrigou a emigrar ao excedente da poboación en busca de novas posibilidades de subsistencia. Un millón de españois marchou cara América ata a Primeira Guerra Mundial. As boas condicións económicas das repúblicas de América Latina, as afinidades lingüísticas e a mellora nos medios de comunicación facilitaron este proceso. Tamén emigraron cara países próximos como Francia e Alxeria.
Galicia foi unha das zonas de maior emigración. Os portos da Coruña e Vigo foron os principais focos de saída.
A crise de 1929 provocou unha recesión da emigración a América. Algúns dos emigrados regresaron enriquecidos e a maioría deles construíron grandes mansións. As súas ganancias serviron para construír escolas nos lugares de onde saíran. Porén, moitos volveron pobres e desencantados.