Demografía: Censo, Padrón, Natalidade, Mortalidade e Indicadores Clave
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,28 KB
Demografía
Conceptos básicos
Censo de poboación: Rexistro de datos demográficos, económicos e sociais dos habitantes.
Padrón municipal: Documentos que conteñen a relación de habitantes dun municipio.
Natalidade: Número de nacementos que se producen nunha poboación durante un período de tempo determinado.
Fecundidade: É unha estimación do número medio de fillos que terá cada muller durante o período de fecundidade.
Mortalidade: Número de persoas que falecen nunha poboación durante un período de tempo.
Mortalidade infantil: Número de falecementos de nenos menores dun ano durante un período de tempo.
Saldo vexetativo: Diferenza entre o número de nacidos e falecidos nun lugar determinado.
Saldo migratorio: Diferenza entre o número de inmigrantes e emigrantes.
Esperanza de vida: Idade media que se chega a vivir nunha rexión.
Remuda xeracional: Permite coñecer se unha poboación, en función do crecemento natural, se pode substituír.
Outros indicadores
Política demográfica: Conxunto de medidas que se levan a cabo desde o goberno para alterar ou modificar a poboación dun territorio.
Estado do benestar: Estado no que o goberno intervén na economía e na sociedade para garantir a toda a súa cidadanía un nivel de vida digno.
Pirámide de poboación: Representa mediante barras a estrutura da poboación por idade e por sexo dun territorio.
Migración: Desprazamento dunha persoa do seu lugar de orixe.
Inmigración: Chegada dunha persoa a un lugar.
Emigración: Saída de poboación dun lugar a outro que implica un cambio de residencia.
Densidade de poboación: Relación entre o número de persoas e a superficie do territorio que ocupan.
Deserto gráfico: Segundo a UE, todas as rexións escasamente poboadas.
Urbanismo
Trama urbana: Disposición das rúas, edificios e espazos non edificados dunha cidade como resultado das fases de urbanización e de crecemento.
Ensanche: Zona planificada das cidades que se construíu arredor do centro histórico a finais do século XIX.
Periferia: Zona máis externa da cidade.
Área metropolitana: Espazo formado por unha cidade e outras localidades próximas que constitúen unha unidade funcional.
Conurbación: Área urbana continua que é o resultado da unión de dúas ou máis áreas metropolitanas.
Cidade global: Cidade onde se toman decisións que inflúen en todo o mundo ou nunha gran parte del.
Guetos: Barrios marxinais que aparecen nas cidades, sobre todo dos países con ingresos baixos e medianos.
Cidade intelixente: Cidade que integrou nas súas redes de infraestrutura e servizos as tecnoloxías da información e comunicación.
Éxodo rural: Desprazamento masivo de poboación desde o campo ás cidades.