O declive da Restauración Borbónica (1902-1931)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en español con un tamaño de 5,15 KB

A crise da Restauración Borbónica (1902-1931)

A chegada ao trono de Afonso XIII deu comezo á 2ª etapa da Restauración Borbónica (1902-1931). Ao longo do seu reinado, pódense distinguir 3 períodos principais: a crise da Restauración Borbónica (1902-1923), a ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) e a fin da monarquía (1930-1931).

A desarticulación do sistema canovista

A desarticulación do sistema canovista produciuse a partir de 1902 por diferentes factores:

  • O fraccionamento e descomposición dos partidos dinásticos. As distensións internas foron moi frecuentes e os novos líderes non foron quen de aglutinar a todos, actuando as máis das veces como simples xefes dunha facción ou familia inimizada coas outras.
  • O crecente papel do exército na vida política, en defensa dos seus intereses corporativos e desde posturas conservadoras e autoritarias.
  • A pervivencia e mantemento do fraude electoral e do caciquismo, cada vez máis insoportable para a opinión pública.
  • A crecente contestación política ao sistema e o auxe do republicanismo e dos nacionalismos periféricos. As clases medias amosáronse máis críticas e apoiaron o republicanismo e os nacionalismos.
  • O incremento da conflictividade social. As organizacións obreiras socialistas e anarquistas incrementaron os seus afiliados e a súa capacidade de actuación, fixeron que o movemento obreiro español tivese unha forte carga revolucionaria contra o sistema. Os atentados anarquistas foron moi frecuentes e graves e alcanzaron tanto ao rei como aos xefes de Goberno, a empresarios e a eclesiásticos.
  • As sucesivas derrotas militares na ocupación do norte de Marrocos.

Todos estes factores provocaron o deterioro progresivo do funcionamento do sistema e a existencia de crises políticas e sociais cada vez máis graves e facilitaron o golpe de Estado de 1923.

A Lei de Xurisdicións e a intromisión dos militares na política

A 1ª das crises do reinado de Afonso XIII foi provocada polos militares. Despois do 98, as críticas contra o exército xeneralizáronse causando un forte malestar entre os militares. En 1905, un grupo de militares asaltou a redacción da revista satírica ¡Cu-Cut!. Este feito tivo como consecuencia a promulgación dunha nova Lei de Xurisdicións (1906) pola que quedaban baixo xurisdición militar toda ofensa contra a patria, o exército e a bandeira.

As reformas de Maura

En 1907, Antonio Maura, político liberal conservador, foi nomeado presidente de Goberno. Partidario de emprender unha revolución desde arriba, quixo introducir cambios significativos na vida do país, sanear o proceso electoral e introducir melloras sociais co obxectivo de evitar o desenvolvemento dunha posible revolución desde abaixo. Entre as propostas que non se chegaron a aprobar destacan:

  • A Lei de reforma electoral de 1907, que pretendía lograr unha maior efectividade do sistema sen ter que recorrer a métodos fraudulentos.
  • A lei de administración local, que pretendía incrementar as competencias e autonomía administrativa dos concellos; pero non se chegou a aprobar pola oposición da oligarquía municipal, temerosa de perder o poder municipal.

A Semana Tráxica

Despois do desastre do ano 1898 e da perda dos últimos territorios coloniais, a actuación exterior española orientouse cara o Norte de África: Ceuta e Melilla. A ocupación desta zona foi lenta e difícil. O exército tivo que facer sempre fronte aos ataques baseados na sorpresa e na loita de guerrillas. En xuño de 1909, os rifeños atacaron as obras de construción dun ferrocarril que realizaban os españois preto de Melilla, obtendo varias vitorias. Para facer fronte aos ataques, o Goberno decretou a mobilización dos reservistas. A opinión pública de esquerdas e as organizacións obreiras manifestáronse en contra. O embarque das tropas en Barcelona provocou na cidade e noutras localidades catalás o inicio, o 26 de xullo de 1909, dunha folga xeral convocada por socialistas e anarquistas contra a guerra e a actuación do Goberno. A folga foi un éxito e a protesta obreira radicalizouse. Das queixas pasouse á violencia e ao motín. Durante 1 semana, a insurrección popular foi dominada polas autoridades, levándose a cabo unha forte represión. Francisco Ferrer i Guàrdia, anarquista e masón, foi acusado como promotor e executado. A “Semana Tráxica” tivo amplas consecuencias políticas. No Goberno, a crise forzou a caída de Maura e a volta ao poder dos liberais con Canalejas.

Entradas relacionadas: